Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1) (GreenC - 5927
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 142: Liña 142:
En 1977 chegou o primeiro xogador estranxeiro ao club morracense. Tratábase do [[Iugoslavia|iugoslavo]] Bozidar.{{Harvnp|Cangas|2011|p=40}}
En 1977 chegou o primeiro xogador estranxeiro ao club morracense. Tratábase do [[Iugoslavia|iugoslavo]] Bozidar.{{Harvnp|Cangas|2011|p=40}}


Entre os xogadores máis destacados pola súa traxectoria internacional que vestiron a camisola do Balonmán Cangas cómpre salientar ao porteiro internacional [[Selección de balonmán de Croacia|croata]] [[Venio Losert]], quen xogou tan só a tempada 2005-06 co equipo galego e que se proclamou campión do mundo nunha ocasión e campión olímpico en dúas ocasións, tengo colleitado tamén un bronce olímpico e tres subcampionatos do mudo.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/cl/men/2014-15/player/500096/Venio+Losert |título=Venio Losert |editorial=eurohandball.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |título=Venio Losert |editorial=sports-reference.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121020035644/http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |dataarquivo=20 de october de 2012 |urlmorta=si }}</ref><ref name="estrellas">{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/historia/jugadores.php |título=Grandes estrellas que jugaron en Cangas |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> Tamén salientar ao porteiro [[Selección de balonmán de Dinamarca|dinamarqués]] [[Kasper Hvidt]], que chegou ao club con 18 anos e que coa súa selección gañou unha medalla de bronce mundial, así como dous bronces e un ouro europeos.<ref name="estrellas"/>
Entre os xogadores máis destacados pola súa traxectoria internacional que vestiron a camisola do Balonmán Cangas cómpre salientar ao porteiro internacional [[Selección de balonmán de Croacia|croata]] [[Venio Losert]], quen xogou tan só a tempada 2005-06 co equipo galego e que se proclamou campión do mundo nunha ocasión e campión olímpico en dúas ocasións, tengo colleitado tamén un bronce olímpico e tres subcampionatos do mudo.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/cl/men/2014-15/player/500096/Venio+Losert |título=Venio Losert |editorial=eurohandball.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |título=Venio Losert |editorial=sports-reference.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121020035644/http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |dataarquivo=20 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref><ref name="estrellas">{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/historia/jugadores.php |título=Grandes estrellas que jugaron en Cangas |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> Tamén salientar ao porteiro [[Selección de balonmán de Dinamarca|dinamarqués]] [[Kasper Hvidt]], que chegou ao club con 18 anos e que coa súa selección gañou unha medalla de bronce mundial, así como dous bronces e un ouro europeos.<ref name="estrellas"/>


== Palmarés ==
== Palmarés ==

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2020 ás 19:22

Balonmán Cangas
Equipo do Cangas nas semifinais da Copa Galicia 2014
Nome completoClub Balonmán Cangas
CidadeCangas, Galicia Galicia
Historia1961-
Fundado1961
PavillónO Gatañal (2 500 espectadores)
PresidenteManuel Adolfo Camiña Fernández
AdestradorIgnacio Moyano Martínez
CompeticiónLiga ASOBAL
Cores          Azul e branco
Na rede
http://www.balonmancangas.com/
Facebook: balonmancangas Twitter: balonmancangas Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

O BM Cangas do Morrazo ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un club de balonmán profesional da localidade pontevedresa de Cangas (Galicia). Fundado en 1961, actualmente xoga na División de Honra A, tamén coñecida como Liga ASOBAL logo dunha tempada na que ascendeu por terceira vez da División de Honra B nunha fase de ascenso organizada no seu campo, o pavillón do Gatañal. O BM Cangas está considerado un clásico da Liga ASOBAL. Tralo primeiro ascenso en 1995 estivo ata 2006 ininterrompidamente. O Club Balonmán Cangas chegou disputar dúas veces a segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa EHF.

Os xogadores do equipo visten unha camisola azul escura e amarela, e pantalón coas mesmas cores como primeira equipación, mentres que a segunda equitación é branca e celeste. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Polideportivo de Romarigo, é o Pavillón do Gatañal, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 2 500 espectadores. O seu actual presidente é Manuel Adolfo Camiña Fernández. O club tamén dispón dun filial no Grupo A da Primeira Nacional, o Balonmán Luceros.

Historia

Inicios, o Luceros O.J.E.

Se ben coñécese que anos antes das primeiras mencións ao balonmán en Cangas xa se disputara na vila un partido de balonmán a 11 entre o Traviesas de Vigo (Campión de España) e a Escuela Naval Militar de Marín no Campo de Massó,[1] os primeiros datos da práctica do balonmán en Cangas datan de comezos de 1960, cando un grupo de amigos comezaron a xogar tendo que desprazarse a Vigo para disputar os primeiros partidos. O primeiro encontro disputado foi en 1961, cando co nome de Luceros gañaron ó "Alerta" de Vigo por 4-5 no colexio Alba da cidade olívica. Máis tarde, ese mesmo ano, inscribiuse como equipo xuvenil, o que supuxo o comezo oficial do club.[2] O primeiro partido oficial do equipo xuvenil disputouse en Vigo, no que os cangueses conseguiron derrotar ao Ponce de León (2-1) no Salón Baile “As Cabanas”. E ese mesmo ano, durante o verán, disputouse o primeiro torneo na Avenida Méndez Núñez de Cangas grazas á doazón de dúas porterías por parte de Luís Hernández.[3]

O primeiro equipo sénior inscribiuse en 1968 na liga de Terceira Provincial.[2] Baixo a denominación de Luceros O.J.E. o equipo pasou a xogar de xeito definitivo nun campo improvisado na Avenida Vicenti,[4] que era curtada ao tráfico e pintada coas liñas do campo, e levando as porterías ás costas para a disputa dos partidos, menores que os árbitros e xogadores empregaban os negocios e distintas dependencias a modo de vestiarios.[5]

Dous feitos importantes salientaron durante o ano 1969. Nesta data o equipo sénior masculino acadou o ascenso a Segunda Provincial.[6] Tamén destacou a creación do primeiro equipo feminino da entidade, que comezou a competir dende entón baixo o nome de Luceros O.J.E.,[7] e que disputou o seu primeiro partido ese mesmo ano na Avenida Vicenti durante as Festas do Cristo.[8]

A andaina dos cangueses na segunda categoría provincial durou pouco, xa que na tempada 1970-71 o equipo conseguiu o ascenso a Primeira Provincial logo de derrotar ao equipo do Pino na Avenida de Vicenti.[9] Non foi ata 1972 cando se inaugurou a "Pista do Aterrado", fronte ó mercado do mesmo nome, no centro da vila, logo de acondicionar a fronte marítima.[2][10] A pista foi inaugurada cun partido fronte ao Galicia Social Cortemans.[11]

Integración no Alondras CF e debut en categoría nacional

En 1974, e co equipo aínda competindo en Primeira Provincial, os equipos masculino e feminino do Luceros pasaron a formar parte da estrutura do Alondras Club de Fútbol, disputando aínda os seus partidos no "Aterrado" ata que en xullo de 1977 se inaugurou cun partido fronte ao Teucro de Pontevedra, o primeiro pavillón acondicionado axeitadamente para a práctica do balonmán, o Polideportivo de Romarigo, no que comezou a xogar ese mesmo ano logo de 16 anos xogando ao aire libre.[12][13][14][2]

Na segunda tempada do equipo no novo pavillón proclamouse campión da Primeira Provincial, disputando xunto co SAR de Redondela a fase de ascenso a Primeira Nacional con equipos de fóra de Galicia, finalizando na segunda posición ás portas do ascenso á categoría nacional.[15] Tan só dous anos despois, na tempada 1980-81, o equipo capitaneado por Juán Abalo repetiu o campionato provincial e disputou unha vez máis a liga de ascenso, que tivo lugar en Cangas entre o 30 de abril e o 3 de mato de 1981. Os cangueses proclamáronse campións da fase de ascenso logo de derrotar na final ao Corrales de Buelna cántabro, e conseguiron ascender á Segunda División Nacional.[16]

Logo de dous anos en Segunda Nacional, na tempada 1982-83 o Alondras alzouse co campionato que dá dereito a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. Na fase, celebrada en Santander, o equipo finalizou na cuarta posición, vendo frustrado o intento de ascender de categoría.[17] A seguinte foi a última tempada en que o equipo competiu baixo a denominación de Alondras CF.[18]

O Club Balonmán Cangas

Logo de 10 anos de vinculación, en 1984 o equipo de balonmán separouse do Alondras CF, nacendo nese momento o Club Balonmán Cangas presidido por Pepe Iglesias. A separación motivou que durante dos seguintes dous anos o novo club pasara a xogar os seus partidos como local no Pavillón do Colexio Castrillón de Coiro, ata que o Pavillón de Romarigo pasou a ser de titularidade municipal en 1986.[19]

O equipo feminino, que daquela competía na División Nacional, experimentou o mesmo proceso que o masculino. O ano seguinte da separación renunciou á categoría nacional e pasou a competir na tempada 1985-86 en categoría provincial, rematando esa tempada como campioas de liga e copa, e gañando todos os torneos disputados esa tempada.[20]

Na tempada 1988-89, logo de varios anos de adaptación á Segunda Nacional, o daquela CB Cangas Aralva proclamouse campión do grupo galego da categoría colleitando unha soa derrota ao longo de toda a tempada. O campionato outorgoulle o dereito a disputar a fase de sector que posibilitaba o ascenso á División Nacional B que se disputou en Cangas do 1 ao 4 de xuño de 1989. Esta fase de ascenso converteuse en histórica para o club, xa que conseguiu o ascenso tras vencer a Avilesina e Cultural Frea de Valladolid e malia caer no último partido fronte o Cuatro Caños de Torrelavega.[21]

Na tempada do seu debut en Primeira Nacional B, o Cangas conseguiu a permanencia logo de proclamarse campión do seu grupo na primeira fase da competición e finalizar na cuarta posición a segunda.[21] Na seguinte tempada, a 1990-91, Modesto Augusto toma o mando do banco. Logo de ter realizado unha boa tempada, na que o equipo finalizou na segunda posición por detrás do BM Lalín, o Cangas conseguiu un novo ascenso, desta volta á Primeira División A. Foi precisamente na tempada 1990-91 cando chegou un novo xogador estranxeiro á disciplina canguesa, Rasic. Ademais o club asinou un acordo de patrocinio coa empresa Frigoríficos del Morrazo, que se converteu no patrocinador do equipo de xeito ininterrompido ata a tempada 2019-20, converténdose a empresa nun emblema do balonmán a nivel nacional.[22][23]

A tempada 1991-92 pasou a coñecerse como a "tempada dos paraugas". Esta tempada, na que o equipo sénior conseguiu finalizar na sétima posición en Primeira Nacional e o equipo xuvenil o terceiro posto no Campionato de Galicia, estivo marcada polas protestas da afección canguesa polas condicións da pista de xogo, feito que motivou mesmo a suspensión dun partido fronte o Pilotes Posada de Vigo tras disputar tan só oito minutos de partido nunha pista que foi descrita pola prensa como unha "pista de patinaxe".[24] A pesar destas dificultades, o equipo finalizou a tempada seguinte na terceira posición da Primeira Nacional, raiando o ascenso, e recibiu da Federación Galega de Balonmán o Premio ao Mellor Club Galego en 1993, galardón que recolleu Evaristo Gallego.[25]

A tempada 1993-94 comezou coa inauguración do Pavillón Municipal do Gatañal o 18 de setembro, pavillón onde xoga dende ese ano os seus partidos como local.[2][26] Esa tempada finaliza a liga na segunda posición por detrás do Ademar León, o que lle permitiu disputar a fase de ascenso á máxima categoría do balonmán español, a Liga ASOBAL, que se disputou en dous grupos, un en Pamplona e o outro en Granada. O Cangas quedou encadrado no grupo de Pamplona, mais o equipo non puido conseguir o ascenso logo de perder fronte a Ademar León e Toledo no Pavillón Anaitasuna da capital navarra, ao que se achegaron máis de 200 persoas para animar ao equipo cangués.[27]

Primeiro ascenso á Liga ASOBAL

Suso Soliño en 2013. O xogador cangués debutou co equipo en 1994 e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.

Na tempada 1994-95, o equipo reforzouse coas fichaxes de Oleg Prekrostov (porteiro), Zico Petricevic, Rafa Dasilva, Abel González (que se convertería no máximo goleador da tempada) e Adolfo Martínez. Logo de finalizar a liga regular na terceira posición por detrás de Barakaldo e San Antonio cun rexistro de 22 vitorias, 1 empate e 7 derrotas, o equipo consegue clasificarse de novo para unha fase de ascenso á Liga ASOBAL, que debía disputar a dobre partido fronte a Ademar León. No primeiro partido, disputado en terras galegas, os do Morrazo impuxéronse por 26-22 aos leoneses, e no partido de volta aproveitaron a renda de catro goles, caendo por 20-17 en León nun pavillón no que se congregaron máis de 2 000 persoas que se desprazaron en 18 autobuses e coches particulares dende Galicia. Deste xeito o Balonmán Cangas acadaba por primeira vez o ascenso á Liga ASOBAL.[28][29] Ao seu regreso en Cangas, o equipo foi recibido por máis de 6 000 persoas que se congregaron baixo a choiva para ver o saúdo do equipo dende o balcón da casa do concello.[30] Dende ese ano o equipo permaneceu 11 tempadas na máxima categoría,[2]

Para afrontar a súa primeira tempada na máxima categoría do balonmán español o Cangas fichou o ruso Igor Kustov, o alxeriano Salin Nedjel, a José Carlos Camacho, Fran González e Marcos Fernández. Ao concluir a liga o equipo do Morrazo finalizou na 13ª posición da táboa cun rexistro de 9 vitorias, 5 empates e 16 derrotas para un total de 23 puntos, véndose obrigado a xogar un play-off fronte o BM Ciudad Real, e logo a permanencia fronte o Ivesur Málaga.[31][32]

A segunda tempada do equipo na Liga ASOBAL estivo marcada pola mudanza na presidencia do club, no que Tito Gallego asumiu a presidencia logo da etapa de Nené Refojos. Do mesmo xeito, durante a tempada o banco cangués tamén cambiou de mans logo do cesamento de Modesto Augusto, que foi substituído por Antonio Plaza. A pesar dos cambios no club, o equipo conseguiu mellorar a súa clasificación respecto do ano do seu debut, ascendendo ata a 10ª posición da táboa cun rexistro moi similar ao do ano anterior 9 vitorias, 6 empates e 15 derrotas para un total de 24 puntos, superando na clasificación a todo un histórico como o Club Balonmano Granollers.[33][34]

Ns dúas seguintes tempadas (1997-98 e 1998-99) o equipo viuse obrigado a xogar a liguiña pola permanencia. Na 1997-98, logo de finalizar a liga regular na 11ª posición, ficou segundo de catro equipos na liguiña, polo que tivo que disputar a permanencia a dobre partido fronte o Prasa Pozoblanco, conseguindo o obxectivo acompañados por máis de 500 seareiros que se achegaron ata a cidade andaluza.[35][36] O ano seguinte chegou Goran Dzokic ao banco do Cangas, que finalizou a liga regular na 12ª posición, e quedando primeiro na liguiña de permanencia, o que fixo posible que o equipo non tivera que xogar ningunha outra eliminatoria para manter a categoría.[37][38]

Na tempada 1999-2000 os play-offs polo título ampliáronse ata os oito primeiros equipos da clasificación. Esta tempada, tamén con Dzokic no banco o Cangas subiu ata a 9ª posición cos mesmos rexistros que o BM Valladolid (10º clasificado),[a] e tan só un punto menos que o Valencia Airtel, último equipo clasificado para disputar o título.[40][41] Esa tempada chegou ao club Rubén Garabaya, que posteriormente se proclamaría campión do mundo coa selección española en 2005,[42] e que xogaría tamén en Ademar León, Fútbol Club Barcelona e BM Valladolid.[43]

Na tempada seguinte produciuse un troco na presidencia do club, que pasou ás mans de Pepe Penelas. Aínda que ese ano comezou aínda con Dzokic no banco, este foi substituído por Alejandro López, ex-adestrador de Chapela e Octavio, logo de caer en Zaragoza fronte ao colista da ASOBAL na 13ª xornada e deixar ao club galego na penúltima posición (13ª) con tan só dúas vitorias. López estreouse no banco fronte ao 20 de febreiro de 2001, caendo por 25-31.[44][45][46][47] Finalmente os cangueses finalizaron na 13ª posición da táboa con 15 puntos e un rexistro de 7 vitorias, 1 empate e 18 derrotas.[48]

Alejandro López dirixiu tamén ao equipo na tempada 2001-02,[49] na que o número de participantes ampliouse ata os 16. O Cangas comezou a Liga ASOBAL enfrontándose ao Portland San Antonio en Pamplona, caendo por 27-20.[50] O equipo finalizou a tempada novamente na 13ª posición, conseguindo deste xeito a permanencia cun rexistro de 9 vitorias, 2 empates e 19 derrotas para un total de 20 puntos.[51] Os mesmos puntos conseguiron os do Morrazo na tempada seguinte, cun rexistro de 6 vitorias, 8 empates e 16 derrotas, mellorando a súa posición na táboa final da Liga ASOBAL, ao accader a 12ª posición por diante do histórico Club Deportivo Bidasoa de Irún.[52]

Ata o seu descenso á División de Honra Prata na tempada 2005-06, o que significou o primeiro descenso de categoría na historia do club, no ano que se estreou na segunda competición europea en importancia, a Copa EHF, logo de ser finalizado a tempada anterior na 8ª posición da liga,[2] logo de que Ademar León fora invitado pola EHF a disputar a Liga de Campións.[53] Os do Morrazo enfrontáronse na terceira ronda da competición ao Viborg HK dinamarqués, fronte ao que caeu por un marcador total de 59 a 49.[54] O debut europeo do Cangas tivo lugar no Viborg Stadionhal o 5 de novembro de 2005 nun mal momento para o equipo, que en liga acumulaba sete vitorias e tan só unha vitoria.[55] No seu primeiro partido en competición europea os cangueses caeron por 32-20,[56] a desvantaxe de 12 goles fíxose insalvable para os cangueses, que caeron eliminados malia a vitoria en Cangas por 29 goles a 27 no que foi o primeiro partido dunha competición europea celebrado na localidade e no que 2 500 persoas déronse cita no Gatañal.[57]

Descensos á División de Honra Prata

O descenso de categoría levou consigo unha mudanza no banco cangués coa chegada de Ernesto Visus e o portugués Jorge Paulo Pereira, que permaneceron no cargo ata a tempada 2008-09, na que foron substituídos por Curro Lucena.[58] As tempadas 2006-07 e 2007-08 non foron positivas para o equipo do Morrazo, finalizando a categoría de prata na 6ª e 8ª posición respectivamente, o que lle impediu disputar o ascenso á máxima categoría.[2]

O ascenso de categoría atrasouse ata a tempada 2008-09, na que logo de conseguir finalizar a liga regular na 5ª posición clasificouse para a fase de ascenso que se disputou en Pamplona e na que tamén xogaron o Helvetia Anaitasuna (organizador), Prasa Pozoblanco e Realitas BM Guadalajara, mentres que o Lábaro Toledo Balonmano conseguira o ascenso de xeito automatíco ao proclamarse campión.[59] Ao finalizar a fase de ascenso o conxunto galego conseguiu regresar á máxima competición do balonmán español logo de superar o Realitas BM Guadalajara na final 25-21.[60]

Con todo, a nova etapa na Liga ASOBAL durou só unha tempada,[2] tras quedar na última posición cun pobre rexistro de tres vitorias, un empate e vinte e seis derrotas para un total de sete puntos, once menos que o Lábaro Toledo, que conseguiu a permanencia logo de finalizar na 14ª posición. Deste xeito o equipo de Curro Lucena consumaba o segundo descenso da Liga Asobal do club cangués.[61][62]

Na campaña 2011-12 conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar as eliminatorias polo ascenso, as cales non estiveron exentas de polémica, xa que un día antes da que se disputara a derradeira xornada de liga o Comité Español de Disciplina Deportiva decidiu que se lle devolveran os tres puntos que o Comité de Competición lle quitara ao equipo cangués por aliñamento indebido.[63] Na fase de ascenso disputada en Cangas os do Morrazo enfrontáronse na primeira rolda ao Gijón Jovellanos, ao que derrotaron por un axustado 21-20 nun partido que o cadro cangués puido ter sentenciado ao acumular unha vantaxe de catro goles no minuto 50.[64] Na final enfrontouse ao BM Villa de Aranda, vencendo novamente (27-25) nun partido no que case sempre levou a dianteira e no que chegou a dominar cunha vantaxe de sete goles. Deste xeito o club cangués regresaba á máxima categoría do balonmán español, acompañando ao ARS Palma Naranja cordobés, que ascendera de xeito directo tras finalizar segundo a División de Honra Prata.[65][b]

Nova etapa na Liga ASOBAL

Dende o último ascenso, en boa parte pola súa aposta pola canteira, conseguiu pasar de loitar pola permanencia na máxima categoría a loitar por obxectivos máis ambiciosos, obtendo o seu cume na tempada 2015/16, na que volveu a xogar en Europa na Copa EHF logo de finalizar na 5ª posición a tempada precedente,[53] obtivo un pase para xogar a Copa Asobal en León, tras acadar o 3º posto a metade da tempada,[2] e obtivo o pase ós cuartos de final da Copa do Rei.

Pavillón

Artigo principal: Pavillón do Gatañal.
Pavillón do Gatañal

Nos seus inicios, baixo as denominacións Luceros e a primeira etapa integrado no Alondras, o equipo xogou os seus partidos ao aire libre, primeiro nunha pista improvisada na Avenida Vicenti ata 1972, e logo na Pista do Aterrado, na que xogou os seguintes cinco anos.[11][4]

Dende 1993 o Club Balonmán Cangas xoga os seus partidos como local no Pavillón do Gatañal, situado na estrada Cangas-Aldán, onde o equipo ten tamén a súa sede.[2][66] O pavillón conta con capacidade para preto de 2 500 persoas.[67][66] O Club Balonmán Cangas comparte o uso do Gatañal co seu equipo filial, o Balonmán Luceros, que tamén ten a súa sede no pavillón.[68] Durante a primeira etapa dos cangueses na Liga ASOBAL o Pavillón do Gatañal recibía popularmente o acuame do "Fervedoiro" polo presión e o empurre da afección local, o que se reflexou frecuentemente nos seus partidos como local.[2]

Filial

Artigo principal: Balonmán Luceros.

En 2013, por iniciativa dun grupo de pais de xogadores naceu o Balonmán Luceros, que absorveu o equipo de Primeira Nacional Explotaciones Mineras Morrazo, pasando a converterse no equipo filial do Club Balonmán Cangas.[69] Na tempada 2019-20 o equipo competirá na Primeira Nacional, terceira categoría do balonmán español, e disputa os seus partidos como local tamén no Pavillón do Gatañal.[70][68]

Xogadores

Cadro 2014/15

Posto País Xogador
1 POR Galicia Edu Salazar
3 EE Galicia Moisés Simes
4 PIV Galicia Santi Gallego
5 LD Galicia Serafín Pousada
7 CE Galicia Rubén Soliño
8 ED Galicia Suso Soliño
9 EE Galicia Joel Fontenla
11 CE Galicia Alberto Casares
Posto País Xogador
12 POR Galicia Anxo Dopazo
13 CE Galicia Fernando Eijo
16 POR Yeray Lamariano
18 LE Galicia Eloy Krook
20 PIV Galicia Dani Cerqueira
21 LE Galicia Adrián Rosales
23 ED Galicia Ángel Iglesias
24 LE Alen Muratović
25 CE Galicia David García Barreiro

Xogadores destacados

O porteiro croata Venio Losert vestiu unha tempada a camisola do Balonmán Cangas na tempada debut do equipo galego en competición europea.

En 1977 chegou o primeiro xogador estranxeiro ao club morracense. Tratábase do iugoslavo Bozidar.[71]

Entre os xogadores máis destacados pola súa traxectoria internacional que vestiron a camisola do Balonmán Cangas cómpre salientar ao porteiro internacional croata Venio Losert, quen xogou tan só a tempada 2005-06 co equipo galego e que se proclamou campión do mundo nunha ocasión e campión olímpico en dúas ocasións, tengo colleitado tamén un bronce olímpico e tres subcampionatos do mudo.[72][73][74] Tamén salientar ao porteiro dinamarqués Kasper Hvidt, que chegou ao club con 18 anos e que coa súa selección gañou unha medalla de bronce mundial, así como dous bronces e un ouro europeos.[74]

Palmarés

Tempada Categoría Posto Logro
1968-69 Terceira Provincial -
1969-70 Terceira Provincila - Ascenso a Segunda Provincial
1970-71 Segunda Provincial - Ascenso a Div. Provincial
1980-81 Div. Provincial - Ascenso a Segunda Nacional
1988-89 Segunda Nacional - Ascenso 1ª Nacional B
1992-93 División Honra B -
1994-95 División Honra B Ascenso a División Honra "A" (ASOBAL)
1995-96 ASOBAL 13º
1996-97 ASOBAL 10º
1997-98 ASOBAL 12º
1998-99 ASOBAL 12º
1999-00 ASOBAL
2000-01 ASOBAL 13º
2001-02 ASOBAL 13º
2002-03 ASOBAL 12
2003-04 ASOBAL 12º
2004-05 ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2005-06 ASOBAL-EHF 16º Descenso a División Honra "B"
2006-07 División Honra "B"
2007-08 División Honra "B"
2008-09 División Honra "B" Fase de ascenso
2009-10 ASOBAL 16º
2010-11 División Honra Prata Fase de ascenso
2011-12 División Honra "B" Fase de ascenso. Ascende a Liga ASOBAL debido á bacante BM Torrevieja
2012-13 Liga ASOBAL 14º
2013-14 Liga ASOBAL 10º
2014-15 Liga ASOBAL Clasifícase para a EHF (Europa)
2015-16 Liga ASOBAL - EHF - Copa Asobal - Clasifícase para a Copa Asobal tras quedar 3º a metade de tempada.

Notas

  1. O libro editado polo club con motivo do 50 aniversario e hispaligas.net sitúan o Balonmán Cangas na novena posición, mentres que a edición do 16 de abril de 2000 do xornal Mundo Deportivo sitúao na décima posición. Nas tres fontes os rexistros son iguais e Cangas e Valladolid aparecen con 24 puntos cada un.[39]
  2. O primeiro clasificado foi o filial do FC Barcelona,[65] que non podía ascender ao ser o filial dun equipo da Liga Asobal.
Referencias
  1. Cangas 2011, p. 14.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "Historia" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 6 de setembro de 2019. 
  3. Cangas 2011, p. 15-16.
  4. 4,0 4,1 Cangas 2011, p. 18.
  5. Cangas 2011, p. 20.
  6. Cangas 2011, p. 19.
  7. Cangas 2011, p. 22.
  8. Cangas 2011, p. 23.
  9. Cangas 2011, p. 21.
  10. Cangas 2011, p. 27.
  11. 11,0 11,1 Cangas 2011, p. 28-29.
  12. Cangas 2011, p. 47.
  13. Cangas 2011, p. 35.
  14. Cangas 2011, p. 38.
  15. Cangas 2011, p. 41.
  16. Cangas 2011, p. 42-43.
  17. Cangas 2011, p. 45.
  18. Cangas 2011, p. 46.
  19. Cangas 2011, p. 55.
  20. Cangas 2011, p. 60.
  21. 21,0 21,1 Cangas 2011, p. 62.
  22. "Trayectoria" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  23. Cangas 2011, p. 63.
  24. Cangas 2011, p. 64-65.
  25. Cangas 2011, p. 66-67.
  26. Cangas 2011, p. 68.
  27. Cangas 2011, p. 69-70.
  28. Cangas 2011, p. 71-74.
  29. "División de Honor 'B' 1994/95" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  30. Cangas 2011, p. 78-79.
  31. Cangas 2011, p. 82.
  32. "Liga Asobal 1995/96" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  33. Cangas 2011, p. 83.
  34. "Liga Asobal 1996/97" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  35. Cangas 2011, p. 84.
  36. "Liga Asobal 1997/98" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  37. Cangas 2011, p. 87.
  38. "Liga Asobal 1998/99" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  39. Balaguer, Dani (16 de abril de 2000). "El Barça se apunta el derby". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  40. Cangas 2011, p. 88.
  41. "Liga Asobal 1999/00" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  42. "Rubén Garabaya Arenas" (en castelán). Comité Olímpico Español. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  43. "Garabaya Arenas, Ruben" (en inglés). eurohandball.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  44. Cangas 2011, p. 89.
  45. "El Granollers, a la Copa del Rey". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de febreiro de 2001. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  46. Magdaleno, Ángel; Balaguer, Dani (20 de febreiro de 2001). "El Barça juega hoy en Cangas y el Granollers, en casa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  47. Magdaleno, Ángel; Balaguer, Dani (21 de febreiro de 2001). "El Barça se impone al Cangas sin brillantez". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  48. Pardo, Albert (24 de xuño de 2001). "El Barça se despide con victoria". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  49. Cangas 2011, p. 90.
  50. "El Barça gana sin brillo al Barakaldo en el Palau". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de setembro de 2001. Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  51. "Despedida agridulce". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de maio de 2002. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  52. "Ademar acaba 3º y con plaza europea". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de maio de 2003. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  53. 53,0 53,1 Dargel, Jorge (28 de maio de 2015). "El Bm. Cangas, el ‘caníbal’ de la Asobal". Marca (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  54. "2005/06 Men's EHF Cup ROUND 3" (en inglés). EHF. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  55. Collarte, César (5 de novembro de 2005). "El Frigoríficos debuta en Europa ante el Viborg". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  56. "El Alcobendas se estrena en la Asobal". El Periódico de Aragón (en castelán). 6 de novembro de 2005. Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  57. "El Frigoríficos Morrazo se despide pese a ganar". Mundo Deportivo (en castelán). 14 de novembro de 2005. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  58. Cangas 2011, p. 98.
  59. "Fase de ascenso en Pamplona". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de maio de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  60. "El Cangas asciende". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de maio de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  61. "El Arrate cae derrotado en Torrevieja con un apretado final". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 2010. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  62. Cangas 2011, p. 104.
  63. Dargel, Jorge (26 de maio de 2012). "Una fase de ascenso marcada por la polémica". Marca (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  64. "El Jovellanos se queda sin el sueño de Asobal". RTPA.es (en castelán). 26 de maio de 2012. Consultado o 21 de maio de 2020. 
  65. 65,0 65,1 "El Cangas vuelve a la Asobal". El Correo Gallego  (en castelán). 27 de maio de 2012. Consultado o 21 de maio de 2020. 
  66. 66,0 66,1 "Contacto" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  67. "Liga ASOBAL de Balonmano" (en castelán). asobal.es. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  68. 68,0 68,1 "Contacto". Club Balonmán Cangas. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  69. "Padres de jugadores crean un nuevo club, el Luceros". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xuño de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  70. "LUCEROS" (en castelán). Real Federación Española de Balonmán. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  71. Cangas 2011, p. 40.
  72. "Venio Losert" (en inglés). eurohandball.com. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  73. "Venio Losert" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  74. 74,0 74,1 "Grandes estrellas que jugaron en Cangas" (en castelán). Club Balonmán Cangas. Consultado o 12 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas