Diferenzas entre revisións de «España»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Etiqueta: edición de código 2017
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
=== Reclamacións territoriais e territorios en disputa ===
[[Ficheiro:Mapa del sur de España neutral.png|270px|miniatura|Posesións de España no norte de [[África]].]]España reclama historicamente a retrocesión da colonia (actualmente [[Territorio Británico de Ultramar]]) de [[Xibraltar]], aínda que se amosou favorable a fórmulas de soberanía compartida. A reclamación comezou dende o intre no que tropas angloholandesas tomaron a praza en nome do [[Carlos VI de Alemaña|arquiduque Carlos]] durante a [[Guerra de Sucesión Española]] ([[1704]]), pasando posteriormente a mans británicas mediante o [[Tratado de Utrecht]] ([[1713]]). A reclamación, que incluíu operacións militares, foi particularmente intensa durante o [[século XVIII]], minguando durante o [[século XIX]] e a primeira metade do [[século XX|XX]], sendo levada polo goberno franquista ás [[Nacións Unidas]] durante a década de [[1960]]. Alí, encadrada nos procesos descolonizadores, España obtivo o respaldoapoio á súa postura ao recoñecer as resolucións para o efecto (2231 e 2353) que o proceso de descolonización debía respectar o dereito á integridade territorial de España e que os intereses, e non os desexos dos xibraltareños, debían ser respectados (Véxase ''[[Historia de Xibraltar]]''). España non recoñece, con todo, a soberanía británica sobre o [[istmo]] que une o continente co peñón.
[[Ficheiro:Melilla faro.jpg|miniatura|170px|Faro de Melilla]]
Por outra banda, [[Portugal]] non recoñece a soberanía española sobre a comarca [[Provincia de Badaxoz|pacense]] de [[Olivenza]], cedida por Portugal a España mediante o [[tratado de Badaxoz (1801)|tratado de Badaxoz]] ([[1801]]). As resolucións do [[Congreso de Viena]] son interpretadas de forma diverxente por ambos os dous países. Mentres que Portugal estima que aquelas obrigaban a España a devolver Olivenza, España opina que se trata dunha simple declaración de bos desexos, sen capacidade resolutiva, razón pola que Olivenza seguiu unida a España.
226.373

edicións

Menú de navegación