Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1: Liña 1:
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Política Territorial y Función Pública.svg|sitio_web=http://www.mptfp.es|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Carolina Darias San Sebastián]]}}
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Política Territorial y Función Pública.svg|sitio_web=http://www.mptfp.es|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Carolina Darias San Sebastián]]}}
O '''Ministerio de Política Territorial e Función Pública''' é o actual departamento ministerial encargado das relacións coas [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]], as distintas administracións públicas e a función pública en [[España]]. A súa titular é [[Carolina Darias]].
O '''Ministerio de Política Territorial e Función Pública''' é o actual departamento ministerial encargado das relacións coas [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]], as distintas administracións públicas e a función pública en [[España]]. A súa titular é [[Carolina Darias]].

== Ministra ==
Desde o [[7 de xuño]] de [[2018]], o seu titular é [[Meritxell Batet|Meritxell Batet Lamaña]].


== Funcións ==
== Funcións ==

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2020 ás 18:07

Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España)
Información xeral
Sitio web
http://www.mptfp.es

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública é o actual departamento ministerial encargado das relacións coas comunidades autónomas, as distintas administracións públicas e a función pública en España. A súa titular é Carolina Darias.

Funcións

Segundo o Real Decreto 863/2018, de 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Política Territorial e Función Pública., corresponde ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública:[1]

  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de relacións e cooperación coas comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración Local e as relativas á organización territorial do Estado; así como as relacións coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno e o apoio á súa xestión.
  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de función pública, emprego público e formación de empregados públicos; de gobernanza e organización da Administración Xeral do Estado; de procedementos e inspección de servizos; de transparencia e goberno aberto; do desenvolvemento e seguimento de programas para a mellora da xestión pública e a calidade dos servizos.
  • A política de Administración Dixital, así como a coordinación do proceso de racionalización das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos Públicos, e do impulso da Administración electrónica a través da prestación compartida do Servizo Común de Sistemas de Información e Comunicación; igualmente correspóndelle o establecemento das disposicións e directrices necesarias para o seu funcionamento.

Estrutura

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

  • A Secretaría de Estado de Política Territorial, da que depende o seguinte órgano directivo:
    • A Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, con rango de Subsecretaría, da que dependen os seguintes órganos directivos:
      • A Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local.
      • A Dirección Xeral de Réxime Xurídico Autonómico e Local.
  • A Secretaría de Estado de Función Pública da que dependen os seguintes órganos directivos:
    • A Secretaría Xeral de Administración Dixital, con rango de Subsecretaría.
    • A Dirección Xeral da Función Pública.
    • A Dirección Xeral de Gobernanza Pública.
    • A Oficina de Conflitos de Intereses, con rango de Dirección Xeral.
  • A Subsecretaría de Política Territorial e Función Pública, da que depende a Secretaría Xeral Técnica.
  • O Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, con rango de Subsecretaría.
  • Gabiente do Ministerio

Historia

Véxase Historia dos ministerios de Administracións Públicas de España

Referencias

Ligazóns externas