El Mundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 41: Liña 41:
Apareceu por primeira vez o [[23 de outubro]] de [[1989]] e foi fundado por [[Alfonso de Salas]], [[Pedro J. Ramírez]], [[Balbino Fraga]], [[Juan González (xornalista)|Juan González]] e [[Melchor Miralles]].
Apareceu por primeira vez o [[23 de outubro]] de [[1989]] e foi fundado por [[Alfonso de Salas]], [[Pedro J. Ramírez]], [[Balbino Fraga]], [[Juan González (xornalista)|Juan González]] e [[Melchor Miralles]].


Seguindo o ronsel do anterior xornal dirixido por [[Pedro J. Ramírez]], ''[[Diario 16]]'', ''El Mundo'' dedicou desde sempre importantes esforzos á investigación xornalística. Neste sentido, desvelaron os escándalos de corrupción no goberno de [[Felipe González]], como o [[caso Ibercorp]] e o terrorismo de Estado do [[GAL]]. Estas revelacións tiveron unha repercusión significativa na opinión pública e influíron no desgaste do ex-presidente e a vitoria de [[José María Aznar]] en 1996.
Seguindo o ronsel do anterior xornal dirixido por [[Pedro J. Ramírez]], ''[[Diario 16]]'', ''El Mundo'' dedicou desde sempre importantes esforzos á investigación xornalística. Neste sentido, desvelaron os escándalos de corrupción no goberno de [[Felipe González]], como o [[caso Ibercorp]] e o terrorismo de Estado do [[GAL]]. Estas revelacións tiveron unha repercusión significativa na opinión pública e influíron no desgaste do expresidente e a vitoria de [[José María Aznar]] en 1996.
[[Ficheiro:Difusión El Mundo.png|miniatura|250px|Difusión de ''El Mundo'' segundo a [[Oficina de Xustificación da Difusión]] (OJD) (1994–2005).]]
[[Ficheiro:Difusión El Mundo.png|miniatura|250px|Difusión de ''El Mundo'' segundo a [[Oficina de Xustificación da Difusión]] (OJD) (1994–2005).]]



Revisión como estaba o 5 de xuño de 2020 ás 11:12

El Mundo
Fundación 1989
Xénero Información xeralista
País España España
Cidade Madrid
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Prezo 1,20

El Mundo del siglo XXI, máis coñecido como El Mundo, é un xornal español. Ten a súa sede en Madrid e conta con edicións rexionais en lugares como Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Almería, Huelva, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Baleares, Alacant ou Cantabria. Tamén conta con edición aberta en Internet chamada elmundo.es. O seu director é Pedro J. Ramírez.

A empresa editora, Unidad Editorial S. a., é dona tamén do Grupo Recoletos, ambas propiedade á súa vez do grupo RCS MediaGroup (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o Corriere della Sera, e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica María del Carmen Iglesias Cano e edita, ademais do diario El Mundo, outras publicacións como Marca, Expansión, Telva ou La aventura de la Historia, entre outras.

O 8 de marzo de 2010 El Mundo lanzou Orbyt, a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.

Historia

Apareceu por primeira vez o 23 de outubro de 1989 e foi fundado por Alfonso de Salas, Pedro J. Ramírez, Balbino Fraga, Juan González e Melchor Miralles.

Seguindo o ronsel do anterior xornal dirixido por Pedro J. Ramírez, Diario 16, El Mundo dedicou desde sempre importantes esforzos á investigación xornalística. Neste sentido, desvelaron os escándalos de corrupción no goberno de Felipe González, como o caso Ibercorp e o terrorismo de Estado do GAL. Estas revelacións tiveron unha repercusión significativa na opinión pública e influíron no desgaste do expresidente e a vitoria de José María Aznar en 1996.

Difusión de El Mundo segundo a Oficina de Xustificación da Difusión (OJD) (1994–2005).

O diario apoiou en liñas xerais ao goberno de Aznar. No entanto cuestionou algunhas das súas accións, especialmente as que podían favorecer a PRISA, desde a etapa de González ambos se converteron en rivais. El Mundo tamén criticou seriamente a Guerra de Iraq.

O diario deu un voto de confianza a José Luis Rodríguez Zapatero[1] e aprobou accións como retirar as tropas de Iraq ou, con indecisións sobre a súa denominación xurídica, a aprobación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Pero mantivo unha liña crítica co goberno socialista, que actualmente é predominante. Entre as súas críticas están os pactos cos nacionalistas periféricos, que segundo El Mundo levaron á reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979, co novo Estatuto de 2006, ou a tentativa de negociar a paz con ETA. En canto ao seu labor investigador, El Mundo é un dos máximos promotores das teorías que cuestionan a instrución xudicial dos atentados do 11 de marzo de 2004, mostradas como intentos de clarificación de aspectos que, ao seu xuízo, estarían sen resolver.

En 2009 Amaya García Ortiz de Jocano resultou galardoada co Premio Ortega e Gasset de xornalismo na modalidade de xornalismo dixital pola reportaxe Clase de historia a pie de fosa, publicado en elmundo.es.[2][3]

En 2010, segundo as contas que Unidad Editorial depositou ante o Rexistro Mercantil de Madrid, o xornal sofre unha quebra técnica debido ao descenso de publicidade e de vendas. O xornal tivo que recibir un préstamo da súa empresa matriz RCS MediaGroup por valor de 8,8 millóns de euros.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas