Wikilibros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 38: Liña 38:
[[Galifontes|Wikisource]] tamén é un repositorio de libros, pero almacena copias exactas de libros de distribución libre (por exemplo, libros clásicos que xa están no dominio público ou libros actuais liberados mediante licenza Commons). A diferenza de Wikisource, os libros en Galilibros son unicamente libros pedagóxicos e estanse editando e actualizando constantemente.
[[Galifontes|Wikisource]] tamén é un repositorio de libros, pero almacena copias exactas de libros de distribución libre (por exemplo, libros clásicos que xa están no dominio público ou libros actuais liberados mediante licenza Commons). A diferenza de Wikisource, os libros en Galilibros son unicamente libros pedagóxicos e estanse editando e actualizando constantemente.


== Referencias ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}



Revisión como estaba o 3 de xuño de 2020 ás 18:16

Galilibros (Wikilibros)
Ano de creación2003
En servizo desdeProporcionar libros e manuais na web
TipoPáxina wiki
EstadoActiva
RexistradorJimmy Wales e a Fundación Wikimedia
Webhttps://gl.wikibooks.org/wiki/
editar datos en Wikidata ]

Galilibros (oficialmente Wikilibros, Wikibooks en inglés) é un proxecto irmán de Wikipedia e parte da Fundación Wikimedia, que empezou o 10 de xullo de 2003. O proxecto é unha colección de libros de texto, manuais e outros textos pedagóxicos de contido libre, que se escriben e editan colaborativamente do mesmo xeito que Wikipedia.

O sitio traballa con tecnoloxía wiki, o que significa que cada usuario pode colaborar na escritura de calquera libro, facendo clic no enlace «Editar» que hai en cada páxina.[1]

O proxecto foi aberto en resposta ao wikipedista Karl Wick, que quería un lugar onde empezar a construír libros de contido aberto, como os de química orgánica e física para reducir o custo de comprar un mesmo materiais de estudo. Foi un dos fundadores do proxecto.[2]

Algúns dos primeiros libros foron creados e outros empezaron a ser copiados doutras fontes de libros de contido aberto na Internet.

Todo o contido do sitio está baixo a Licenza Creative Commons Atribución/Compartir-Igual. Debido a iso, do mesmo xeito que en Wikipedia, o contido pódese redistribuír mantendo a licenza e a atribución aos autores orixinais.

Nome

Artigo principal: Galipedia#Historia.

Oficialmente o proxecto chámase Wikilibros; mais, na versión galega, chamámolo Galilibros (igual que con Galipedia e os proxectos similares). No dominio aparece "wikibooks" porque os dominios das páxinas de Wikimedia non se traducen.

Alcance

A comunidade de Galilibros traballa en moitos libros de texto en diferentes linguas e a distintos niveis educativos, desde primaria até niveis universitarios. No 2020, Galilibros conta con 1150 páxinas de contido.

Galilibros está dispoñible en múltiples idiomas. No 2011, todos os idiomas acumulaban 141 000 páxinas.[3]

Proxectos relacionados

Wikiversidad foi inicialmente un subproxecto de Galilibros, pero agora é un proxecto independente co seu propio dominio, dedicado a proxectos de aprendizaxe e materiais de estudo.

Wikisource tamén é un repositorio de libros, pero almacena copias exactas de libros de distribución libre (por exemplo, libros clásicos que xa están no dominio público ou libros actuais liberados mediante licenza Commons). A diferenza de Wikisource, os libros en Galilibros son unicamente libros pedagóxicos e estanse editando e actualizando constantemente.

Notas

  1. "Definición de Wiki na RAG". Real Academia Galega. 
  2. "Harl Wick". Wikidata (en inglés). 
  3. "Lista de Wikibooks de Wikimedia". Meta (en inglés). 

Enlaces externos