Diferenzas entre revisións de «Estercobilinóxeno»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sem resumo de edição
 
== Formación ==
A [[bilirrubina]] é un [[pigmento biolóxico|pigmento]] que se orixina pola degradación da porción [[hemo]] da hemoglobina. O [[fígado]] [[conxugación xenobiótica|conxuga]] a bilirrubina, facéndoa hidrosolube; e a forma conxugada é despois excretada na urina como [[urobilinóxeno]]. O urobilinóxeno é incoloro e é despois oxidado na urina a [[urobilina]], que lle dá cor amarela á urina.<ref>Graff, Laurine (1987). "Análisis de orina: atlas color". Google Books. Ed. Médica Panamericana. Consultado o 3 de xuño de 2011. </ref> No intestino, a bilirrubina é convertida polas bacterias en urobilinóxeno fecal ou estercobilinóxeno. O estercobilinóxeno é oxidado a [[estercobilina]]<ref name="fisihumana"/> que é responsable da pigmentación das feces. O escurecemento das feces unha vez que están un certo tempo ao aire débese á oxidación dos urobilinóxenos residuais a urobilinas.<ref>A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición. Editorial Interamericana. Páxina 1031.</ref>
 
"Estercobilinóxeno" é simplemente o nome que se lle dá ao urobilinóxeno que está no tracto gastrointestinal;<ref name="google">{{cite book|title=Understanding Laboratory Investigations: A Guide for Nurses, Midwives and Health Professionals|author=Higgins, C.|date=2012|publisher=Wiley|isbn=9781118480137|url=https://books.google.com/books?id=7LlEVCgIDvUC|page=181|accessdate=2015-04-13}}</ref> e, de feito, o seu uso como termo separado está caendo en desuso para evitar confusión.
200.642

edicións

Menú de navegación