José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 12: Liña 12:


== Cargos ==
== Cargos ==
Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, presidente do consello de administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago, presidente do consello de administración de Financiera Maderera S.A. (FINSA), presidente da Liga de Amigos, membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, membro do Instituto Iberoamericano e Filipino de Dereito Comparado, vocal foralista para a Compilación do Dereito Foral de Galicia.
Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, presidente do consello de administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago, presidente do consello de administración de Financiera Maderera S.A. (FINSA), presidente da Liga de Amigos, membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, membro de honor do Instituto Iberoamericano e Filipino de Dereito Comparado, vocal foralista para a Compilación do Dereito Foral de Galicia.


== Recoñecementos ==
== Recoñecementos ==

Revisión como estaba o 25 de maio de 2020 ás 20:07

José Reino Caamaño
Nacemento21 de abril de 1882
Lugar de nacementoMazaricos
Falecemento2 de xaneiro de 1964
Lugar de falecementoCores
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
IrmánsCarlos Reino Caamaño
PremiosCruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do pazo do Cotón. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[2] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal.

José Reino Caamaño, 1916.

Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933.

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[3], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[4]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Cargos

Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, presidente do consello de administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago, presidente do consello de administración de Financiera Maderera S.A. (FINSA), presidente da Liga de Amigos, membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, membro de honor do Instituto Iberoamericano e Filipino de Dereito Comparado, vocal foralista para a Compilación do Dereito Foral de Galicia.

Recoñecementos

  • Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
  • Medalla de prata da cidade de Santiago de Compostela.
  • Fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela.

Notas

  1. Entrevista en La Noche, 27-4-1955, p. 6.
  2. Poemas de José Reino[Ligazón morta]
  3. Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
  4. La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas