Verducido, A Lama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m referencia padron 2019 (via JWB)
Zaosbot (conversa | contribucións)
{{Notaslistaref}}
Liña 42: Liña 42:
=== Parroquias da Lama ===
=== Parroquias da Lama ===
{{A Lama}}
{{A Lama}}
{{Notaslistaref}}

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===

Revisión como estaba o 22 de maio de 2020 ás 22:53

Coordenadas: 42°21′15.69″N 8°25′1.52″O / 42.3543583, -8.4170889

Verducido
Igrexa parroquial.
ConcelloA Lama
Coordenadas42°21′16″N 8°25′02″O / 42.354358333333, -8.4170888888889Coordenadas: 42°21′16″N 8°25′02″O / 42.354358333333, -8.4170888888889{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación184[1] hab. (2019)
Entidades de poboación11
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 216 habitantes (106 mulleres e 110 homes), un máis ca en 2004. Ten once entidades de poboación.

Limita ao leste coa freguesía de Abelenda (Avión), ao sur coa de Barcia de Mera (Covelo), ao oeste coa de Fornelos de Montes e ao norte coa de Antas.

Historia

San Martiño de Verducido aparece citada con 63 parroquianos nas Relaciones de vecindario mandadas por los corregidores, gobernadores, alcaldes y otras justicias, a petición de S.M., para el mejor repartimiento de los moriscos de Granada (decembro de 1570 - xullo de 1571). No Catastro de Ensenada aparece como pertencente ao señorío da Casa de Soutomaior, anexa á xurisdición de Soutomaior e suxeita á xustiza que o citado duque nomeaba.

Despois dun longo proceso iniciado en 1739 na Laxe, en 1785 o bispo da diocese de Tui Domingo Fernández Angulo creou as parroquias de San Bartolomeu de Xesta, Santa María das Estacas e San Xosé da Laxe, separándoas da matriz de Verducido.

Patrimonio

Tumbas de Francisco Garrido de la Vega e Francisco Antonio Albán Barreiro.

O actual templo parroquial que data do século XVIII, substituíu un outro edificio anterior do que, posibelmente, fican como únicas pegadas dúas imaxes de granito policromado, representando unha a San Bieito e a outra a unha Virxe co Menino no Colo. Esta segunda imaxe, actualmente na sancristía e coñecida como Santa da Fonte ou das Augas, é probabelmente unha virxe tardo-gótica na que xa agroman algunhas influencias da arte flamenga. A imaxe presenta a Virxe coroada, ergueita, ofrecéndolle ao meniño Xesús, sentado no seu colo, unha pequena esfera coa man dereita (un símbolo da divindade, unha alegoría do mundo ou, sinxelamente, un froito). Destaca o longuísimo cabelo da Virxe caendo polos ombreiros e baixando case ata os cóbados. Este longo cabelo atópase, fora de Galiza, no treito final do século XV e no primeiro terzo do século XVI, naquelas obras de influencia flamenga, especialmente na pintura e nas tallas dos retablos. Posteriormente esta imaxe da Virxe, co cabelo tan longo, será habitual nas representacións de pintores españois da primeira metade do século XVII (Zurbarán, Murillo e discípulos). As súas formas son arcaizantes, resolvéndose en base a figuras xeométricas e a repetición mecánica e, as veces, pouco afortunada de clichés (as ondas dos bordos dos grosos panos e os tubos de órgano que deseñan os pregues da roupa). As figuras, frontais e ríxidas, incapaces de romper o bloco no que foron esculpidas aplástanse dentro del, sen crear apenas espazo, xerando esa inorganicidade do meniño, que mais que sentarse semella que quere pular dos brazos da nai.

No arco triunfal do templo parroquial aparece a seguinte inscrición: ESTA OBRA HIZIERON LOS VEZINOS COMO PATROS IN SOLIDUN POR DERECHO LOCAL SIENDO ABAB D.FR.GARIDO HIJO DE VEZINO. AÑO DE 1776. Hai unha segunda inscrición na varanda da fermosa torre do campanario de difícil lectura, mas da que parece poder extraese a data de 1790 como a de finalización da torre.

No adro da igrexa están soterrados os bispos católicos Francisco Garrido de la Vega (1713-1776) e Francisco Antonio Albán Barreiro (1764-1837), ambos os dous nados na parroquia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Verducido

Lugares da parroquia de Verducido no concello da Lama (Pontevedra)

A Cavadiña | Cortegada | O Cruceiro | O Eido de Baixo | A Feixa | A Fraga | As Gándaras | A Nogueira | O Piñeiro | Portasouto | O Porto | A Rabilonga | O Taraído | Val das Rodas

Parroquias da Lama

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama

Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

Notas

  1. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.

Véxase tamén

Outros artigos