San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m referencia Padron 2019 (via JWB)
Zaosbot (conversa | contribucións)
m referencia padron 2019 (via JWB)
Liña 9: Liña 9:
|concello = Cerdedo-Cotobade
|concello = Cerdedo-Cotobade
|superficie = 12,5
|superficie = 12,5
|poboación = 499<ref>INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.</ref>
|poboación = 499
|ano = 2019
|ano = 2019<ref>INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.</ref>
|entidades = 11
|entidades = 11
|provincia=}}
|provincia=}}

Revisión como estaba o 22 de maio de 2020 ás 22:47

Coordenadas: 42°30′36.73″N 8°31′1.64″O / 42.5102028, -8.5171222

San Xurxo de Sacos
Igrexa parroquial.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°30′36″N 8°31′14″O / 42.50993034, -8.52064032Coordenadas: 42°30′36″N 8°31′14″O / 42.50993034, -8.52064032{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área12,5 km²
Poboación499[1] hab. (2019)
DensidadeErro de expresión: Descoñécese o signo de puntuación "". hab./km²
Entidades de poboación11
editar datos en Wikidata ]

San Xurxo de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Patrimonio

Debuxo do petróglifo da Eira dos Mouros publicado por Murguía no seu libro Historia de Galicia.

Nesta parroquia, no lugar de Fentáns, atópase a coñecida como Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas. Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.

Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto. Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.

A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.

Lugares de interese

  • Carballeira de San Xusto.
  • Balneario de San Xusto, un balneario de augas sulfuro-fluoradas que nacen entre unhas rocas na marxe do río Lerez. Estas augas foron, e son, recomendadas polos médicos para diferentes doenzas, especialmente as cutáneas. Hai tempo facíase un xabrón de sales moi coñecido.

Festas

  • Romaría dos Santos Xusto e Pastor: celebrada na capela da carballeira de San Xusto, o primeiro venres e sábado de agosto.
  • San Xurxo, festa patronal, 23 de abril.
  • Virxe do Carme, en Cuspedriños, 16 de xullo.
  • Inmaculada Concepción, en Cutián, 8 de decembro.
  • A Candelaria, en Fentáns, 2 de febreiro.
  • As Neves, en Fentáns, 5 de agosto.
  • Os Remedios, en Fentáns, 8 de setembro
  • Santa Bárbara, en Cuspedriños, 4 de decembro.

San Xusto de Sacos na literatura popular

  • A Carballeira do San Xusto,/ ten ó lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mociña solteira.
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla.
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla [3].
  • Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ alá non iba ninguén.
  • Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeiriña/ hei de beilar ó meu gusto.
  • Carballeira do San Xusto,/ carballeiriña famosa,/ naquela carballeiriña/ perdín eu a miña rosa.
  • O castaño do San Xusto/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha noite de xiada.
  • San Xusto e San Pastor/ andan polos cotos/ para dar gracias ós forasteiros/ e curar ós coxos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Xurxo de Sacos

Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas

  1. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). 
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 257.

Véxase tamén

Outros artigos