Almofrei, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Zaosbot (conversa | contribucións)
m referencia padron 2019 INE (via JWB)
Liña 8: Liña 8:
|superficie = 2,5
|superficie = 2,5
|poboación = 246
|poboación = 246
|ano = 2019<ref>INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.</ref>
|ano = 2019
|entidades = 9
|entidades = 9
|provincia=}}
|provincia=}}

Revisión como estaba o 22 de maio de 2020 ás 21:38

Coordenadas: 42°26′05″N 08°32′57″O / 42.43472, -8.54917

Almofrei
Igrexa de San Lourenzo de Almofrei.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667Coordenadas: 42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área2,5 km²
Poboación246 hab. (2019[1])
Densidade98,4 hab./km²
Entidades de poboación9
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Cerdedo-Cotobade poboación 2019[1]]]

San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

Patrimonio

A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nun fornelo cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.

Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Ao carón hai un muíño, o número 54 dende o nacemento do río, e único xa que posúe unha vivenda na parte superior e catro rodas en dúas alturas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Almofrei

Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén

Outros artigos

  1. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.