Terra de Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ogaiago (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:
A sede do poder señorial na época medieval era a fortaleza de Castro, na actual parroquia de [[San Miguel de Presqueiras, Forcarei|San Miguel de Presqueiras]], destruída en [[1466]] pola irmandade de Pontevedra na [[Gran Guerra Irmandiña|guerra Irmandiña]] e reconstruída polo arcebispo [[Alonso II de Fonseca]]. Finalmente será abandonada na [[década de 1590]], con ocasión do traslado definitivo da residencia do [[Meiriño|xuíz-meiriño]], nomeado polo arcebispo compostelán, a [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]], onde desde entón se celebran as audiencias xudiciais.
A sede do poder señorial na época medieval era a fortaleza de Castro, na actual parroquia de [[San Miguel de Presqueiras, Forcarei|San Miguel de Presqueiras]], destruída en [[1466]] pola irmandade de Pontevedra na [[Gran Guerra Irmandiña|guerra Irmandiña]] e reconstruída polo arcebispo [[Alonso II de Fonseca]]. Finalmente será abandonada na [[década de 1590]], con ocasión do traslado definitivo da residencia do [[Meiriño|xuíz-meiriño]], nomeado polo arcebispo compostelán, a [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]], onde desde entón se celebran as audiencias xudiciais.


O goberno arcebispal manterase en Soutelo de Montes ata o [[século XIX]]. Sucesivamente, en fases de goberno liberal en 1811 e 1823, decretouse a abolición dos [[señorío]] xurisdicionais, aínda que debe esperarse ata [[1837]], coa “Nova Planta dos Concellos Constitucionais desta provincia”.
O goberno arcebispal manterase en Soutelo de Montes ata o [[século XIX]]. Sucesivamente, en fases de goberno liberal en 1811 e 1823, decretouse a abolición dos [[señorío|señoríos]] xurisdicionais, aínda que debe esperarse ata [[1837]], coa “Nova Planta dos Concellos Constitucionais desta provincia” para a división deste territorio entre os municipios de Forcarei, Cerdedo e Beariz<ref>{{Cita web|título=Terra de Montes – Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes|url=https://amigosaciveiromontes.gal/somos-historia-terra-de-montes/|data-acceso=2020-05-21|lingua=es-ES}}</ref>.


== Poboación ==
== Poboación ==

Revisión como estaba o 21 de maio de 2020 ás 08:20

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes é unha comarca histórica galega situada entre as actuais provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (hoxe integrado no de Cerdedo-Cotobade) e Forcarei, na provincia de Pontevedra, e mais Beariz, na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca está integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín.[1] Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Xeografía

A bisbarra ten unha extesión de 375 km2 e debe o seu nome á orografía montañosa do territorio, no que destacan serras e picos de até 1000 m de altitude, como o monte Seixo, o outeiro do Couto, Marcofán, a serra do Cando, a serra do Candán, a serra do Suído e os Montes do Testeiro. Estas montañas acubillan os manaciais de varios ríos importantes: o Lérez, o Umia, o Deza e o Verdugo.

Historia

A primeira referencia documental da Terra de Montes é de mediados do século X, para designar unha extensa parroquia da diocese de Iria Flavia. En 1115, a raíña Urraca doa a metade deste territorio á igrexa de Santiago. A outra metade é doada polo rei Fernando II en 1176, completando a totalidade de “terra illa, qua dicitur Montes” (“daquela terra, que se denomina Montes”). Aparece así a denominación de Terra de Montes, que pasa de ser reguengo a converterse nun arciprestado da diocese compostelá.

Con todo, os abades do mosteiro de Carboeiro primeiramente e do mosteiro de San Martiño Pinario despois, opóñense á xurisdición civil e criminal do arcebispado nos coutos de Folgoso, de Ventoxo e de Tomonde. Tamén o abade do Mosteiro de Aciveiro, fundado en 1135, quereleouse, no seu caso, pola xurisdición das encomendas de Aciveiro (Aciveiro, Pereira, Dúas Igrexas, A Madanela de Montes, Beariz e couto de Vilar). Finalmente, nos derradeiros anos do século XVI e nos iniciais do seguinte, os arcebispos composteláns impuxeron a súa forza e poderío, exercendo en diante o goberno sobre a xurisdición de Montes, composta por 23 parroquias e mailos lugares de Medelo, A Laxa, O Coto (Caroi), Bugarín (San Isidro de Montes) e Porto Martín (Zobra). Na esfera eclesiástica, o goberno arcebispal ampliábase ás 26 parroquias do arciprestado de Montes.

A sede do poder señorial na época medieval era a fortaleza de Castro, na actual parroquia de San Miguel de Presqueiras, destruída en 1466 pola irmandade de Pontevedra na guerra Irmandiña e reconstruída polo arcebispo Alonso II de Fonseca. Finalmente será abandonada na década de 1590, con ocasión do traslado definitivo da residencia do xuíz-meiriño, nomeado polo arcebispo compostelán, a Soutelo de Montes, onde desde entón se celebran as audiencias xudiciais.

O goberno arcebispal manterase en Soutelo de Montes ata o século XIX. Sucesivamente, en fases de goberno liberal en 1811 e 1823, decretouse a abolición dos señoríos xurisdicionais, aínda que debe esperarse ata 1837, coa “Nova Planta dos Concellos Constitucionais desta provincia” para a división deste territorio entre os municipios de Forcarei, Cerdedo e Beariz[2].

Poboación

A poboación desta comarca histórica está repartida entre os seguintes concellos e parroquias:

Concello / Parroquia Poboación (2019)
Cerdedo 1580
Forcarei 3388
Beariz 971
Sabucedo 33
Morillas 47
Montes 134
Caroi 109
A Barcia do Seixo 239
Zobra 111
Total 6612

Notas

  1. Antonio Rodríguez Fraiz. "Amigos da Terra de Montes". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  2. "Terra de Montes – Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes" (en castelán). Consultado o 2020-05-21. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Cortizo, C.: La Tierra de Montes en el siglo XVIII. Estructura demográfica y sistema familiar en una sociedad rural. Tese de doutoramento (inédita).