Tigre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
<tr><td>[[Orde (bioloxía)|Orde]]:</td><td>[[Carnivora]]</td></tr>
<tr><td>[[Orde (bioloxía)|Orde]]:</td><td>[[Carnivora]]</td></tr>
<tr><td>[[Familia (bioloxía)|Familia]]:</td><td>[[Felidae]]</td></tr>
<tr><td>[[Familia (bioloxía)|Familia]]:</td><td>[[Felidae]]</td></tr>
<tr><td>[[Xénero (biologxa)|Xénero]]:</td><td>''[[Panthera]]''</td></tr>
<tr><td>[[Xénero (bioloxía)|Xénero]]:</td><td>''[[Panthera]]''</td></tr>
<tr><td>[[Especie]]:</td><td>''tigris''</td></tr>
<tr><td>[[Especie]]:</td><td>''tigris''</td></tr>
</table>
</table>

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2005 ás 20:57

Tigre
Perigo de extinción
Tigre de Bengala
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Carnivora
Familia:Felidae
Xénero:Panthera
Especie:tigris
Nome binomial
Panthera tigris

Os tigres (Panthera tigris) son mamíferos da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros.

O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas dianteiras e mátanas trabándolles na gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os humanos alteran o seu hábitat natural.

Nos últimos anos, a poboación mundial de tigres descendeu, principalmente a causa da caza ilegal; na actualidade quedan probablemente menos de 7.000 exemplares en estado salvaxe

Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a camuflarse. Non teñen inimigos naturais, pero os homes mátanos porque teñen medo deles, se ben os tigres no merecen esa mala sona. Os casos de tigres devoradores de homes son raros, e cando suceden trátase case sempre de animais vellos ou enfermos que non poden cazar as súas presas tradicionais, como o búfalo indio ou o sambar.

Os primeiros tigres auténticos orixináronse no sur de Siberia durante o Pleistoceno. Dende alí iniciaron unha longa expansión que se concretou ao longo de dúas rotas distintas: unha cara o leste, a través das estepas de Asia Central, que os levou ata Persia, Mesopotamia e mailo Cáucaso; e outra ao longo do litoral de China, que rematou na India e o Surleste Asiático, a onde chegaron hai menos de dez mil anos. Xa en época histórica, a presión humana forzou a redución e extinción de moitas poboacións, malia que ata o século XIX aínda gozaban dunha distribución que aínda sendo irregular espallábase dende Xeorxia ata a illa indonesia de Bali.

Na actualidade sobreviven cinco subespecies de tigres: o de Bengala (Panthera tigris tigris), posiblemente o máis coñecido polo ser humano hoxendía, habita no subcontinente indio; o de Siberia (P. t. althaica), o tigre máis alto e corpulento; o de Sumatra, do que quedan menos de 500 exemplares, unha subespecie de tigre de -relativamente- pequenas dimensións; o de indochina (P. t. corbetti), e o tigre do sur de China (P. t. amoyensis), o que corre máis perigo de extinción na actualidade, xa que só quedan uns trinta exemplares. O famoso "tigre branco" é, en realidade, unha variedade de tigre bengalí orixinaria do estado indio de Madhya Pradesh (antigo reino de Rewa), na que a cor leonada da pelaxe foi substituída por branco debido a unha mutación; os ollos destes tigres son azuis.

Durante o s.XX extinguíronse outras tres subespecies debido á caza e ao deterioro do seu hábitat. O tigre do Caspio (P. t. virgata), un voluminoso tigre semellante ao de Bengala pero que podía superar os 400 kilos de peso, sufriu unha dura campaña de exterminio na Rusia zarista. O último exemplar ruso foi abatido no actual Acerbaixán en 1923, e a subespecie desapareceu definitivamente cando se cazou o derradeiro tigre iraní en 1959. Unhas décadas antes, en 1937, o pequeno tigre de Bali (P. t. balica), unha raza de cor escura e menos de 100 kilos de peso máximo, foi exterminado, namentres que na veciña illa de Java perdeuse a pista á subespecie local (P. t. sondaica) a mediados dos 70.

Frecuentemente en América denomínase tigre, pola súa semellanza, ao xaguar.