Telescopio espacial Herschel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Arranxos menores
Xosema (conversa | contribucións)
Liña 58: Liña 58:
*SPIRE (''Spectral and Photometric Imaging REceiver''), un [[fotómetro]].
*SPIRE (''Spectral and Photometric Imaging REceiver''), un [[fotómetro]].


Os instrumentos tiñan que arrefriarse mediante un [[criostato]] con [[helio superfluído]] a -271ºC para poder observar no infravermello. O subministro deste helio foi o que decidiu a duración da misión, xa que acabou esgotándose, co que se deu por terminada a misión o 29 de abril de 2013.<ref name=NSSDC/><ref name=gunter/><ref name=astronautix/><ref name=UNOOSA/>
Os instrumentos tiñan que arrefriarse mediante un [[criostato]] con [[helio superfluído]] a -271ºC para poder observar no infravermello. A subministración deste helio foi o que decidiu a duración da misión, xa que acabou esgotándose, co que se deu por terminada a misión o 29 de abril de 2013.<ref name=NSSDC/><ref name=gunter/><ref name=astronautix/><ref name=UNOOSA/>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 13 de maio de 2020 ás 22:45

Herschel / FIRST
Representación de Herschel
TipoObservatorio espacial
FabricanteAlcatel Space Systems, Astrium GmbH, Alenia Spazio
OrganizaciónDGA
Data de lanzamento14 de maio de 2009, 13:12 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 5[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas no infravermello.[2][6]
NSSDC ID2009-026A
Masa3400 kg[2][5][6]

Herschel foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 14 de maio de 2009 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6][4]

Características

Herschel, previamente coñecido como FIRST (Far Infra Red and Submillimeter Telescope) foi un telescopio espacial lanzado para observar en lonxitudes de onda do infravermello distante e submilimétricas, unha ventá do espectro electromagnético imposible de observar desde a superficie terrestre. Tiña unhas dimensións de 7 m de largo e 4,3 de ancho. O espello primario do telescopio, de 3,5 m de diámetro, estaba feito de carburo de silicio, o que reducíu a súa masa dos 1500 kg que tería se estivera feito con materiais convencionais a so 300 kg. Foi o primeiro telescopio en observar no seu rango espectral e foi colocado nunha órbita a 1,5 millóns de km da Terra, nun punto estable (o punto de Lagrange L2) onde as forzas gravitatorias do Sol e da Terra se compensan.[2][5][6][4]

Entre os obxectivos de Herschel estaban a formación e evolución das primeiras galaxias, o seu desenvolvemento químico e o estudo das rexións de formación estelar e de sistemas planetarios en formación. [2][5][6][4]

O telescopio tecnicamente é de tipo Ritchey-Chrétien, e levaba tres instrumentos a bordo:[2][5][6][4]

  • HIFI (Heterodyne Instrument for Herschel), un espectrómetro de alta resolución.
  • PACS (Photoconductor Array Camera and Spectrometer), unha cámara.
  • SPIRE (Spectral and Photometric Imaging REceiver), un fotómetro.

Os instrumentos tiñan que arrefriarse mediante un criostato con helio superfluído a -271ºC para poder observar no infravermello. A subministración deste helio foi o que decidiu a duración da misión, xa que acabou esgotándose, co que se deu por terminada a misión o 29 de abril de 2013.[2][5][6][4]

Notas

  1. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HERSCHEL" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (17 de abril de 2020). "Herschel Space Observatory" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-54673(E)): 5. 22 de xuño de 2010. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2020). "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos