Alexander Mostovoi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 153: Liña 153:
|[[Copa Intertoto da UEFA 2000|2000]]
|[[Copa Intertoto da UEFA 2000|2000]]
|-align=center
|-align=center
|[[Copa Intertoto de la UEFA|Copa Intertoto de la UEFA]]
|[[Copa Intertoto da UEFA|Copa Intertoto de la UEFA]]
|[[Racing Club de Strasbourg|Strasbourg]]
|[[Racing Club de Strasbourg|Strasbourg]]
|[[Austria]]/[[Francia]]
|[[Austria]]/[[Francia]]
|[[Copa Intertoto da UEFA 1995|1995]]
|[[1995]]
|}
|}



Revisión como estaba o 11 de maio de 2020 ás 21:41

Alexander Mostovoi
Información persoal
Nome Aleksandr Vladimirovich Mostovoi
Nacemento 22 de agosto de 1968 (55 anos)
Lugar de nacemento Lomonosov
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Krasnaya Presnya
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1991 Spartak Moscova 106 (34)
1992–1993 Benfica 9 (0)
1993–1994 Caen 15 (3)
1994–1996 Strasbourg 61 (15)
1996–2004 Celta de Vigo 235 (55)
2005 Alavés 1 (1)
Selección nacional
1991 URSS 15 (3)
1992 CEI 2 (0)
1992–2004 Rusia 50 (10)
Na rede
FIFA: 95404 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Vladimirovich Mostovoi (en ruso: Александр Владимирович Мостовой), nado en Lomonosov o 22 de agosto de 1968, é un ex futbolista ruso. Xogaba de centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo.

Biografía

Militou no Spartak Moscova, en dous equipos franceses, o Caen e o Estrasburgo, no Benfica de Lisboa e, oito campañas, no Celta de Vigo onde rendeu a un nivel excepcional e gañou o alcume de "O Tsar de Balaídos".

No seu palmarés hai dúas ligas rusas, e unha liga e unha copa lusas. Da súa época no Celta de Vigo; destaca o seu temperamento e carácter gañador, que lle fixo vivir episodios polémicos. Alí, gañou a Copa Intertoto de 2000. É considerado o mellor xogador da historia do Celta de Vigo.

Celta de Vigo

Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1996–97 procedente do Estrasburgo. O Celta pagou polo traspaso 325 millóns de pesetas (1 950 000 € aprox.), debutando contra o Real Betis nun partido que gañaron os celestes (2–0). Militou oito tempadas no Celta, xogando 255 partidos de liga nos que anotou 55 goles. En competicións europeas apareceu nun total de 35 partidos, anotando 12 tantos.

Expulsión da Selección

Na Eurocopa de fútbol de 2004 Mostovoi foi expulsado da Selección de fútbol de Rusia polo seleccionador ruso Gueorgui Yártsev. Rusia perdera 1-0 contra España, á conclusión do partido Mostovoi fixo unhas declaracións nas que criticaba os métodos de preparación do equipo para a Eurocopa.

Fichaxe polo Alavés

Despois de estar sete meses sen xogar e con 36 anos, en marzo de 2005 Mostovoi asina un contrato con Dmitry Piterman que o vincula co Deportivo Alavés ata final de temporada.

O seu primeiro e único partido no Alavés foi contra o Cádiz CF no que entrou no minuto 78 e nos doce que restaban máis os cinco de prolongación anotou o único gol do equipo no enfrontamento e estivo a piques de marcar o segundo coa testa, unha acción que suporía o empate (2–2). Finalmente, o Alavés perdeu ese encontro (1–3). O ruso, despois de preto de 30 días no equipo, fixo saber ós responsables do club a súa intención de abandonar o equipo alegando problemas nas costas.

Selección nacional

De esquerda a dereita, Víctor Fernández, Nicolás Pastoriza, Víctor López e Rafa Valero, na presentación do libro Diez años sin el 10 sobre Alexander Mostovoi.

Foi internacional en 65 ocasiones. Xogando 15 partidos coa Selección de fútbol da Unión Soviética e os outros 50 coa Selección de fútbol de Rusia. O seu derradeiro partido coa seleción xogouno na Eurocopa do 2004 no cal perdeu 1-0 contra España.

Participacións en Copas do Mundo

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 1994 Estados Unidos Primeira fase

Participacións en Eurocopas

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa de fútbol 1996 Inglaterra Primeira fase
Eurocopa de fútbol 2004 Portugal Primeira fase

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Liga da URSS FC Spartak Moscova Rusia 1987
Liga da URSS FC Spartak Moscova Rusia 1989
SuperLiga Benfica Portugal 1994
Copa portuguesa Benfica Portugal 1992

Copas internacionais

Título Club País Ano
Copa Intertoto Celta de Vigo Vigo (España)
San Petersburgo (Rusia)
2000
Copa Intertoto de la UEFA Strasbourg Austria/Francia 1995

Véxase tamén

Ligazóns externas