Bartolomé de las Casas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Bartolomedelascasas.jpg" por "Fray_Bartolomé_de_las_Casas.jpg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/>
Liña 9: Liña 9:
|dende=[[30 de marzo]] de [[1544]]
|dende=[[30 de marzo]] de [[1544]]
|até=[[11 de setembro]] de [[1550]]
|até=[[11 de setembro]] de [[1550]]
|predecesor=[[Juan de Arteaga y Avendaño]]<br />(non chegou a tomar posesión)
|predecesor=[[Juan de Arteaga y Avendaño]]<br/>(non chegou a tomar posesión)
|sucesor=[[Tomás Casillas]]
|sucesor=[[Tomás Casillas]]
|tipo de orde=[[Orde relixiosa]]
|tipo de orde=[[Orde relixiosa]]
Liña 38: Liña 38:


{{ORDENAR:Casas, Bartolome de las}}
{{ORDENAR:Casas, Bartolome de las}}

[[Categoría:Nados en 1484]]
[[Categoría:Nados en 1484]]
[[Categoría:Finados en 1566]]
[[Categoría:Finados en 1566]]

Revisión como estaba o 30 de abril de 2020 ás 17:37

Modelo:Eclesiástico Bartolomé de las Casas, nado en Sevilla o 24 de agosto de 1484 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1566, foi un historiador, reformador social e frade dominicano español. Foi o primeiro bispo de Chiapas, e o primeiro en ser oficialmente nomeado "Protector dos Indios". Escribiu numerosas obras, as máis famosas foron Brevísima relación de la destrucción de las Indias e Historia de las Indias, crónica das primeiras décadas da colonización española nas Antillas e centrado especialmente nas atrocidades cometidas polos colonizadores contra os pobos indíxenas. Las Casas está considerado un dos primeiros defensores dos dereitos humanos.[1]

Traxectoria

Foi un dos primeiros europeos en asentarse no Novo Mundo e como o resto dos colonos participou en atropelos e atrocidades contra a poboación nativa pero un cambio de rumbo levouno a se opoñer a estas prácticas, liberando os seus escravos indios e renunciando ás súas encomendas e defender diante o rei Carlos I de España os dereitos da poboación nativa. Nos seus primeiros escritos, avoga polo uso de escravos africanos para substituíren os indíxenas, polo que algúns fano responsable do comezo do comercio transatlántico de escravos, pero posteriormente chegou ao convencemento de que todas as formas de escravitude eran malas. En 1522 intentou establecer un colonialismo pacífico na costa de Venezuela, mais foi un fracaso e las Casas entrou na Orde Dominicana como frade, deixando a escena pública durante unha década e dedicouse á evanxelización por medios pacíficos entre os maias da actual Guatemala e participou en debates e controversias con relixiosos mexicanos sobre o mellor xeito de achegar a fe cristiá aos nativos. Volveu e España para recrutar máis misioneiros, e alí continuou pedindo a abolición da encomenda, logrando que se aprobasen as coñecidas como Novas Leis en 1542. Nomeado bispo de Chiapas, serviu durante un curto período de tempo antes de ter que volver a España debido á resistencia dos encomendeiros ás Novas Leis e a conflitos cos colonos españois polas súas políticas proindias. Pasou o resto da súa vida na Corte española, logrando grande influencia nos asuntos relacionados coas Indias, logrando moitas melloras no status legal dos nativos, e que se debatese sobre a ética do colonialismo. En 1550 participou no debate de Valladolid no que Juan Ginés de Sepúlveda argumentou que os indios eran menos que humanos e requirían dos españois para se converter en civilizados, las Casas pola contra mantivo que eran totalmente humanos e que subxugalos era totalmente inxustificable.

Notas