Armórica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=novembro de 2019}}
{{Sen referencias|data=novembro de 2019}}
[[Ficheiro:Armorica.png|miniatura|Situación da Armórica]]
[[Ficheiro:Armorica.png|miniatura|Situación da Armórica.]]
[[Ficheiro:Amorica.JPG|miniatura|Armórica, 500 a.C.]]
[[Ficheiro:Amorica.JPG|miniatura|Armórica, 500 a.C.]]
Na antigüidade, a palabra '''Armórica''' empregábase para describir a rexión costeira do noroeste [[Francia|francés]], comprendida entre [[Pornic]] (preto de [[Nantes, Francia|Nantes]]) a [[Dieppe]]. Comprendía a actual [[Bretaña]], o noroeste do [[Países do Loira]] e a totalidade do litoral de [[Normandía]].
'''Armórica'''<ref>{{Diciopedia|Armórica|1|193}}</ref> era unha rexión da [[Galia]], a área costeira do noroeste [[Francia|francés]], comprendida entre [[Pornic]] (preto de [[Nantes, Francia|Nantes]]) a [[Dieppe]]. Comprendía a actual [[Bretaña]], o noroeste do [[Países do Loira]] e a totalidade do litoral de [[Normandía]].

==Historia==
==Historia==
O seu nome provén da expresión gala ''are mori'' (no mar), que evolucionou en ''Aremorica'' ou ''País fronte ao mar''. Na súa ''Historia Natural'', [[Plinio o Vello]] afirma que ''Armórica'' é o antigo nome de [[Aquitania]] e menciona que os [[Pireneos]] son como o bordo austral da rexión. Tendo en conta a orixe gala do nome, esta afirmación ten sentido se se considera que ''Armórica'' non describe a un país específico, senón a unha rexión xeográfica cuxa característica é estar fronte ao mar.

Liña 11: Liña 10:
O comercio entre Armórica e as Illas Británicas foi descrito por Diodoro Sículo. Despois da campaña de [[Craso]] no [[-57|57 a.C.]], a resistencia armoricana ao dominio romano era apoiada polos aristócratas celtas de [[Gran Bretaña|Britania]]. En resposta, [[República romana|Roma]] invadiu Britania en dúas ocasións, en [[-55|55 a.C.]] e [[-54|54 a.C.]], baixo o mando de [[Xulio César]].

No [[Imperio romano]], Armórica foi parte da provincia de [[Gallia Lugdunensis]], a cal tiña o seu capital en Lugdunum ([[Lión]]). Cando as provincias romanas foron reorganizadas no [[século IV]], Armórica foi colocada baixo as segunda e terceira divisións de Lugdunensis. Armórica rebelouse contra Roma en dúas ocasións no [[século V]], expulsando aos oficiais romanos na segunda ocasión. A península da Bretaña comezou a ser colonizada por celtas bretóns nos séculos V a VII. Durante os séculos IX e X, os [[viquingos]] comezaron a establecerse na península de Cotentin, o cal carrexou o desuso do nome de Armórica, favorecendo o de ''[[Normandía]]''.
No [[Imperio romano]], Armórica foi parte da provincia de [[Gallia Lugdunensis]], a cal tiña o seu capital en Lugdunum ([[Lión]]). Cando as provincias romanas foron reorganizadas no [[século IV]], Armórica foi colocada baixo as segunda e terceira divisións de Lugdunensis. Armórica rebelouse contra Roma en dúas ocasións no [[século V]], expulsando aos oficiais romanos na segunda ocasión. A península da Bretaña comezou a ser colonizada por celtas bretóns nos séculos V a VII. Durante os séculos IX e X os [[viquingos]] comezaron a establecerse na península de Cotentin, o cal carrexou o desuso do nome de Armórica, favorecendo o de [[Normandía]].

== Cultura popular ==
== Cultura popular ==
Nas novelas gráficas de Goscinny e Uderzo, [[Astérix]] vive nunha aldea supostamente situada en Armórica, segundo di a introdución que teñen todos os libros da serie.
Nas novelas gráficas de [[René Goscinny]] e [[Albert Uderzo]], [[Astérix]] vive nunha aldea situada en Armórica, segundo di a introdución que teñen todos os libros da serie.

== Ciencia ==
== Ciencia ==
No Ordovícico existían dous grandes continentes, Laurasia, formado por Norteamérica, Groenlandia e o norte e centro de Europa; e Gondwana, que se corresponde cos actuais territorios de África, Sudamérica, Australia e a Antártida. Porén, había outros máis pequenos, e un deles recibe o nome de [[Armórica (continente)|Armórica]], un continente que se uniría a Laurasia no Carbonífero, antes da unión definitiva con Gondwana. Parte deste continente correspondese hoxe en día con Galicia e Bretaña.

==Notas==

{{listaref}}

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 28 de abril de 2020 ás 11:11

Situación da Armórica.
Armórica, 500 a.C.

Armórica[1] era unha rexión da Galia, a área costeira do noroeste francés, comprendida entre Pornic (preto de Nantes) a Dieppe. Comprendía a actual Bretaña, o noroeste do Países do Loira e a totalidade do litoral de Normandía.

Historia

O seu nome provén da expresión gala are mori (no mar), que evolucionou en Aremorica ou País fronte ao mar. Na súa Historia Natural, Plinio o Vello afirma que Armórica é o antigo nome de Aquitania e menciona que os Pireneos son como o bordo austral da rexión. Tendo en conta a orixe gala do nome, esta afirmación ten sentido se se considera que Armórica non describe a un país específico, senón a unha rexión xeográfica cuxa característica é estar fronte ao mar.

A República romana tivo longos anos de relacións comerciais cos galos e cos armoricanos (facendo distinción entre estes). Con todo, Armórica revendía os produtos de Roma aos bretóns e os belgas. Deste xeito, coa Guerra das Galias, Roma conseguiría desfacerse do intermediario comercial, e de paso estendía o seu territorio para compensar a demanda de terras polos plebeos romanos.

O comercio entre Armórica e as Illas Británicas foi descrito por Diodoro Sículo. Despois da campaña de Craso no 57 a.C., a resistencia armoricana ao dominio romano era apoiada polos aristócratas celtas de Britania. En resposta, Roma invadiu Britania en dúas ocasións, en 55 a.C. e 54 a.C., baixo o mando de Xulio César.

No Imperio romano, Armórica foi parte da provincia de Gallia Lugdunensis, a cal tiña o seu capital en Lugdunum (Lión). Cando as provincias romanas foron reorganizadas no século IV, Armórica foi colocada baixo as segunda e terceira divisións de Lugdunensis. Armórica rebelouse contra Roma en dúas ocasións no século V, expulsando aos oficiais romanos na segunda ocasión. A península da Bretaña comezou a ser colonizada por celtas bretóns nos séculos V a VII. Durante os séculos IX e X os viquingos comezaron a establecerse na península de Cotentin, o cal carrexou o desuso do nome de Armórica, favorecendo o de Normandía.

Cultura popular

Nas novelas gráficas de René Goscinny e Albert Uderzo, Astérix vive nunha aldea situada en Armórica, segundo di a introdución que teñen todos os libros da serie.

Ciencia

No Ordovícico existían dous grandes continentes, Laurasia, formado por Norteamérica, Groenlandia e o norte e centro de Europa; e Gondwana, que se corresponde cos actuais territorios de África, Sudamérica, Australia e a Antártida. Porén, había outros máis pequenos, e un deles recibe o nome de Armórica, un continente que se uniría a Laurasia no Carbonífero, antes da unión definitiva con Gondwana. Parte deste continente correspondese hoxe en día con Galicia e Bretaña.

Notas

  1. "Armórica". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 193.