Siagrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Escarbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ar:سياغريوس
Liña 29: Liña 29:
[[Category:Historia de Francia]]
[[Category:Historia de Francia]]


[[ar:سياغريوس]]
[[bg:Сиагрий]]
[[bg:Сиагрий]]
[[br:Syagrius]]
[[br:Syagrius]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2007 ás 00:04

Siagrio (430-486) foi un xeneral romano que reinou na Galia do norte como Rei dos romanos. Era fillo de Exidio, o magister militum da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.

Tras a morte de Paulo, Siagrio herdou do seu pai unha parte da Galia (entre o Río Somme e o Loira: o dominio galo-romano), fóra do control do reino visigodo e dos reinos francos en clara expansión sobre as súas terras. O seu título de Rei dos Romanos foi recoñecido polos seus iguais, os reis dos francos, reis dos burgundios, e reis dos visigodos. Segundo a análise de Léon Fleuriot, o seu reino existía en partenariado con Ambrosio Aureliano, líder autónomo dos bretóns establecidos daquela un pouco por todas partes na Galia do norte. A capital do seu estado foi Soissons.

A redución do territorio que controla non leva máis ca que ao reducido do dominio real de Soissons.

O final do seu reinado estivo marcado polo conflito cos francos. O rei franco, Clodoveo I, venceu a Siagrio na batalla de Soissons en 486. Buscou refuxio onda Alarico II, quen o prendeu e o enviou ao rei franco o ano seguinte. Este fíxoo asasinar: segundo Gregorio de Tours, Siagrio foi degolado en secreto.

Siagrio é o último representante do poder galo-romano na Galia do norte, daquela asolada polos pobos xermánicos no masco das Grandes invasións despois de 406.

Véxase tamén

Fontes

Ligazóns internas