Diferenzas entre revisións de «Ramón Lugrís»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
 
Posteriormente nucleou ao seu redor un grupo con outros mozos do seu tempo, como [[Xosé Luís Franco Grande]], [[Manuel Vidán]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Baldomero Cores]] ou [[Otero Guldrís]]. Ese grupo deu orixe á [[Xeración das Festas Minervais]]. Mais ao cabo de tres anos, en [[1957]], Lugrís marchou traballar a [[Londres]], á [[BBC]], onde foi redactor da sección española da [[BBC]]. Alí coñeceu a [[Fernando Pérez-Barreiro]] e a [[Eduard Punset]], cos que traballou. Tamén fixo de correspondente en [[Londres]] para [[Radio Nacional de España]].
[[Ficheiro:Revista Grial 1.jpg|miniatura|170px|Nº 1 de ''[[Grial (revista)|Grial]]''.]]
 
En [[1962]] rematoulle o contrato en Londres, e tras traballar como tradutor brevemente en [[Accra]], marchou a [[Nova York]] onde traballou como tradutor na Secretaría Xeral da [[ONU]]. Alí coñeceu a [[Emilio González López]], [[Enrique Santamarina]], [[Leonardo Santamarina]], [[Emilio Flórez]] e [[Ernesto Guerra da Cal]]. Desde América participou na fundación do [[Partido Socialista Galego]] en [[1963]]. En [[1965]] deixou a ONU e marchou á [[Organización Mundial do Café]] en [[Londres]] para traballar como tradutor. Ao pouco deixou a organización, onde foi substituído por [[Fernando Pérez-Barreiro]], e volveu ao eido do xornalismo, nunha axencia de colaboradores de política internacional, baseada en Londres, pero centrada na política de [[América Latina]]. Alí coñeceu a intelectuais e xornalistas americanos como [[Mario Vargas Llosa]] ou [[Antonio Cisneros]].
 
197.871

edicións

Menú de navegación