Juan Durán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Obra editada: corrixida a ligazón morta
Liña 35: Liña 35:
A case totalidade da súa produción está editada por “VISO Editorial”. Existen tamén obras súas en “Arte Tripharia”, “Real Musical”, “Dinsic” etc. Pódense atopar rexistros da súa música en RNE e en varios CDs con intérpretes como [[Albert Nieto]], [[Joaquín Pixán]], [[Alejandro Zabala]], [[Marina Shamagian]], [[Carlos Casado]], [[Tatiana Prejvalskaya]] ou [[Antoni Ros-Marbà]].
A case totalidade da súa produción está editada por “VISO Editorial”. Existen tamén obras súas en “Arte Tripharia”, “Real Musical”, “Dinsic” etc. Pódense atopar rexistros da súa música en RNE e en varios CDs con intérpretes como [[Albert Nieto]], [[Joaquín Pixán]], [[Alejandro Zabala]], [[Marina Shamagian]], [[Carlos Casado]], [[Tatiana Prejvalskaya]] ou [[Antoni Ros-Marbà]].


En febreiro de [[2018]] anunciouse a publicación no selo [[Alemaña|alemán]] [[Deutsche Grammophon]] de "Para vir a xunta a min" e "Lela" cos [[Arranxo|arranxos musicais]] de Juan Durán, a primeira gravación de [[Música tradicional galega|música galega]] desta prestixiosa discográfica alemá.<ref>"[https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/02/18/vai-lavar-cara-musica-clasica/0003_201902G18P30991.htm?fbclid=IwAR3FXZTaXQODON6iW-IJdv1Tsl3iSNz-7iVImeuIn2CcLxDiP0Nt4q0nGGw «Vai lavar a cara», con música clásica. A mítica discográfica Deutsche Grammophon publicará por primeira vez esta canción popular e a de «Lela», de Castelao, con arranxos do compositor Juan Durán]{{Ligazón morta|data=decembro de 2019 }}". En ''La Voz de Galicia''. 18 de febreiro de 2018.</ref>
En febreiro de [[2018]] anunciouse a publicación no selo [[Alemaña|alemán]] [[Deutsche Grammophon]] de "Para vir a xunta a min" e "Lela" cos [[Arranxo|arranxos musicais]] de Juan Durán, a primeira gravación de [[Música tradicional galega|música galega]] desta prestixiosa discográfica alemá.<ref>"[https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2019/02/18/vai-lavar-cara-musica-clasica/0003_201902G18P30991.htm?fbclid=IwAR3FXZTaXQODON6iW-IJdv1Tsl3iSNz-7iVImeuIn2CcLxDiP0Nt4q0nGGw «Vai lavar a cara», con música clásica. A mítica discográfica Deutsche Grammophon publicará por primeira vez esta canción popular e a de «Lela», de Castelao, con arranxos do compositor Juan Durán]". En ''La Voz de Galicia''. 18 de febreiro de 2018.</ref>


== Premios e recoñecementos ==
== Premios e recoñecementos ==

Revisión como estaba o 23 de abril de 2020 ás 11:17

Juan Durán
Nacemento19 de setembro de 1960
 Vigo, Galiza Galiza
NacionalidadeEspaña
Instrumento(s)Piano
Na rede
Web oficial
Musicbrainz: 36823a99-23ea-43dc-8626-eb73a45adee5 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Pedro Durán Alonso, máis coñecido como Juan Durán, nado en Vigo en 1960 é un compositor e profesor de música galego.[1]

Traxectoria

Foi profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña (1987-1997), no que desenvolveu os cargos de Xefe de Estudos e Director. Desde 1997 a 2005 foi Asesor-técnico de Ensinanzas Artísticas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. No 2006 exerceu o cargo de Xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial. Na actualidade, pertence ao Corpo de Inspectores de Educación, na especialidade de Ensinanzas Artísticas, e desempeña o cargo de Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de piano, no campo do acompañamento e a música de cámara. Pero a súa verdadeira dimensión atópase na creación musical. Socio fundador da Asociación Galega de Compositores, é autor de case un centenar de obras. Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música de cámara.

A súa produción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (O arame con texto orixinal de Manuel Lourenzo), dúas cantatas e unha importante produción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en castelán, galego, portugués, italiano e francés. Atende tamén a produción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: Album de Orquesta (Premio de Composición outorgado pola Universidade Carlos III de Madrid), O xardín de Margarita, O Señor Biscuit etc.

Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Longa noite de pedra, cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (Juegos tímbricos para quinteto de metais), Orquestra Sinfónica de Galicia (Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de Miguel Anxo Fernán-Vello), Festival Mozart (felizcumpleañosmozart.com), a Real Filharmonía de Galicia (Divertimento) etc.

O seu compromiso coa música galega maniféstase, tamén, en traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de Juan Montes, José Castro "Chané" ou Marcial del Adalid, de quen reconstruíu a súa ópera Inés e Bianca, por encargo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Obra editada

A case totalidade da súa produción está editada por “VISO Editorial”. Existen tamén obras súas en “Arte Tripharia”, “Real Musical”, “Dinsic” etc. Pódense atopar rexistros da súa música en RNE e en varios CDs con intérpretes como Albert Nieto, Joaquín Pixán, Alejandro Zabala, Marina Shamagian, Carlos Casado, Tatiana Prejvalskaya ou Antoni Ros-Marbà.

En febreiro de 2018 anunciouse a publicación no selo alemán Deutsche Grammophon de "Para vir a xunta a min" e "Lela" cos arranxos musicais de Juan Durán, a primeira gravación de música galega desta prestixiosa discográfica alemá.[2]

Premios e recoñecementos

Notas

  1. "Juan Durán". Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores.
  2. "«Vai lavar a cara», con música clásica. A mítica discográfica Deutsche Grammophon publicará por primeira vez esta canción popular e a de «Lela», de Castelao, con arranxos do compositor Juan Durán". En La Voz de Galicia. 18 de febreiro de 2018.
  3. "O galego Juan Durán gaña o Reina Sofía de composición musical". En SermosGaliza.gal. 18 de febreiro de 2018 (en galego)
  4. Listaxe de autores premiados. Na web oficial da Fundación de Música Ferrer-Salat (en castelán)
  5. "Don Juan Pedro Durán Alonso, nomeado académico de número electo da sección de Música". Real Academia Galega de Belas Artes.

Véxase tamén

Ligazóns externas