Río do Con: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Río
{{Río
| nome = Río do Con
| nome = Río do Con
| imaxe = [[Ficheiro:Vilagarcia de Arousa - Rio Con - 01.jpg|200px]]
| imaxe = Vilagarcia de Arousa - Rio Con - 01.jpg
| lenda = Río do Con ao seu paso por Vilagarcía de Arousa.
| lenda = Río do Con ao seu paso por Vilagarcía de Arousa.
| nace = [[Monte Xiabre]]
| nace = [[Monte Xiabre]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2020 ás 10:52

Río do Con
Río do Con ao seu paso por Vilagarcía de Arousa.
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte Xiabre
Lonxitude15 Km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRía de Arousa

O río do Con é un río da provincia de Pontevedra que desemboca na ría de Arousa.

Descrición

Fontes

Nace nas inmediacións do monte Xiabre, onde fai un remanso para formar o encoro de Vilagarcía de Arousa, que abastece á vila.

Percorrido

Antes de entrar na vila descende dende montañas que case non superan os 600 msnm, pero que teñen unha media anual de precipitacións de máis de 1.500 mm.[1] Isto provoca que o seu caudal aumente de forma intensa nalgunhas ocasións, provocando enchentes como as de novembro do ano 2006. Pasa polo centro de Vilagarcía, atravesando zonas céntricas como a do Convento de Vista Alegre. Despois de percorrer uns 15 km desemboca na ría de Arousa.

Natureza

Medio ambiente

O río padece vertidos incontrolados de residuos sólidos. A pesar diso abondan nel os peixes, que son visibles dende as beiras do río.

Notas

  1. "Agencia Estatal de Meteorología". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2010.