Mexicas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 4: Liña 4:


== A civilización Mexica ==
== A civilización Mexica ==
Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó ''[[Val de México]]''. Segundo o Códice Boturini ou “[[:w:es:Tira_de_la_Peregrinaci%C3%B3n|Tira da Peregrinación]]”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (''Outeiro da serpe'' en [[Lingua náhuatl|náhuatl]], estaban divididos entre os seguidores de ''Huitzilopochtli'' e outros que seguían a súa irmá ''Coyolxuahqui'', estes últimos querían quedarse alí en vez de seguir en busca da terra prometida por ''Huitzilopochtli''. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de ''Huitzilopochtli'' que continuaron polo sur, separáronse dos outros Aztecas en ''Coatepec''. Por iso cando o deus tutelar ''Huitzilopochtli'' dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, deixarían de denominarse ''Aztecas'' (tribo procedente de [[Aztlán]], de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse '''Mexicas''', cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]: o deus ''Huitzilopochtli'' ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade [[Tenochtitlán|''México-Tenochtitlan'']](Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).
Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó ''[[Val de México]]''. Segundo o Códice Boturini ou “[[:w:es:Tira de la Peregrinación|Tira da Peregrinación]]”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (''Outeiro da serpe'' en [[Lingua náhuatl|náhuatl]], estaban divididos entre os seguidores de ''Huitzilopochtli'' e outros que seguían a súa irmá ''Coyolxuahqui'', estes últimos querían quedarse alí en vez de seguir en busca da terra prometida por ''Huitzilopochtli''. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de ''Huitzilopochtli'' que continuaron polo sur, separáronse dos outros Aztecas en ''Coatepec''. Por iso cando o deus tutelar ''Huitzilopochtli'' dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, deixarían de denominarse ''Aztecas'' (tribo procedente de [[Aztlán]], de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse '''Mexicas''', cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]: o deus ''Huitzilopochtli'' ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade [[Tenochtitlán|''México-Tenochtitlan'']](Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).


Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que ''Huitzilopochtli'' deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as ''crónicas de Mexicayotl'', Mexi é un dos nomes dados a ''Huitzilopochtli''.
Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que ''Huitzilopochtli'' deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as ''crónicas de Mexicayotl'', Mexi é un dos nomes dados a ''Huitzilopochtli''.
Liña 15: Liña 15:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilización de nuestro tiempo, Volumen 2''. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.
* R. BOLAÑOS MARTÍNEZ </small>. ''Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilización de nuestro tiempo, Volumen 2''. p.&nbsp;319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* Sala da civilización Mexica do Museo Nacional de Antropoloxía de México [http://www.mna.inah.gob.mx/index.php/salas-de-exhibicion/permanentes/arqueologia/mexica.html] {{es}}.
* Sala da civilización Mexica do Museo Nacional de Antropoloxía de México [http://www.mna.inah.gob.mx/index.php/salas-de-exhibicion/permanentes/arqueologia/mexica.html] {{es}}.

Revisión como estaba o 20 de abril de 2020 ás 09:50

Imaxe do folio 4 do Códice Boturini (tira da Peregrinación): Huitzilopochtli dilles ós Aztecas que comezarán a chamarse Mexicas.

Os Mexicas, eran unha tribo nómade e atlacachichimeca, é dicir, "pescadores e cazadores", que chegaron a Cuenca de México a finais do século XIII.

A civilización Mexica

Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó Val de México. Segundo o Códice Boturini ou “Tira da Peregrinación”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (Outeiro da serpe en náhuatl, estaban divididos entre os seguidores de Huitzilopochtli e outros que seguían a súa irmá Coyolxuahqui, estes últimos querían quedarse alí en vez de seguir en busca da terra prometida por Huitzilopochtli. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de Huitzilopochtli que continuaron polo sur, separáronse dos outros Aztecas en Coatepec. Por iso cando o deus tutelar Huitzilopochtli dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, deixarían de denominarse Aztecas (tribo procedente de Aztlán, de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse Mexicas, cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a Lenda da fundación do Imperio Azteca: o deus Huitzilopochtli ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade México-Tenochtitlan(Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).

Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que Huitzilopochtli deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as crónicas de Mexicayotl, Mexi é un dos nomes dados a Huitzilopochtli.

A cosmogonía Mexica

Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de Ometéotl, deidade dobre integrada por Ometecuhtli o señor dous e Omecíhuatl a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no Omeyoca; xunto a estas deidades houbo outra parella Tonacatecuhtli e Tonacacíhuatl, señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron Intonan e Intota, madre e pai dos homes.

Había outras deidades maiores como Yohualli e Enecatl, o invisible e impalpable; Moyocoyani creador de si mesmo; a parella Tezcatlipoca e Tezcatlanextia, que iluminan e escurecen o ceo; Huehueteoti o Xiuhtecuhtli o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais de algunhas deidades menores como Xochipilli e Xochiquetzal deuses do amor, das flores e da primavera; Centéotl e Xilonen, deuses do millo; Chalchiutlicue deusa da auga dos ríos e lagos; Chicomécoóatl deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.

Véxase tamén

Bibliografía

  • R. BOLAÑOS MARTÍNEZ . Historia, nuestro pasado: la sociedad y civilización de nuestro tiempo, Volumen 2. p. 319-320. Editorial Kapelusz Mexicana, 1979.

Ligazóns externas

  • Sala da civilización Mexica do Museo Nacional de Antropoloxía de México [1] (en castelán).