Chichén Itzá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43: Liña 43:


{{Marabillas do mundo}}
{{Marabillas do mundo}}
{{Barra portal|Pobos indíxenas de América}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Historia en progreso}}
{{Historia en progreso}}

Revisión como estaba o 19 de abril de 2020 ás 15:39

Chichén Itzá
Chichén Itzá, Pirámide de Kukulcán
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País México
Localización20°40′58″N 88°34′7.14″L / 20.68278, -88.5686500
TipoCultural
CriteriosI, II, III
Inscrición1988 (12ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador483

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.[3] O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]


Notas

  1. Barrera Vásquez, Alfredo (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. Mérida, Iucatán, México. 
  2. "Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  3. UNESCO. "Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988)". Consultado o 8 de abril de 2010. 
  4. El Universal. "Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas". Consultado o 8 de abril de 2010. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.