Diferenzas entre revisións de «Universidade de Vigo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m
 
== Historia==
O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en [[1972]] da construción do citado no Monte dasnas Lagoas, en [[Marcosende, Zamáns, Vigo|Marcosende]], na parroquia de [[Zamáns, Vigo|Zamáns]], e baixo o patrocinio da [[Caixa de Aforros de Vigo]]. No curso [[1977]]-[[1978|78]] iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.<ref name="historia">{{Cita web | url = https://uvigo.gal/uvigo_gl/organizacion/informacion/index.html | título = Historia da Universidade de Vigo | autores = Organización institucional, Universidade de Vigo | data-acceso = 26 de abril de 2018 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20180426213645/https://uvigo.gal/uvigo_gl/organizacion/informacion/index.html | dataarquivo = 26 de abril de 2018 | urlmorta = si }}</ref>
 
A [[s:Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia|Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia]] reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma.<ref name="historia" /> A Universidade de Vigo foi constituída como tal en [[1990]] tras a súa segregación da [[Universidade de Santiago de Compostela]].<ref name="historia" /> O primeiro reitor ([[1990]]-[[1994]]) foi o enxeñeiro químico [[Luís Espada Recarey]] que sería substituído no cargo polo profesor [[José Antonio Rodríguez Vázquez]] (1994-1998). Entre os anos [[1998]] e [[2006]] o posto estivo en mans do catedrático redondelán [[Domingo Docampo Amoedo]], entre 2006 e 2010 [[Alberto Gago Rodríguez]], e entre [[2010]] e [[2018]] [[Salustiano Mato]].

Menú de navegación