Reino de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna.
Liña 36: Liña 36:
|himno_nacional = Combinación de [[Bože Pravde]], [[Lijepa nasa domovino]] e [[Naprej zastava slave]]
|himno_nacional = Combinación de [[Bože Pravde]], [[Lijepa nasa domovino]] e [[Naprej zastava slave]]
|idioma_oficial = Serbocroata-esloveno
|idioma_oficial = Serbocroata-esloveno
|moeda = [[Dinar iugoslavo|Dinar]]
|moeda = - [[Coroa iugoslava]]<br/>- [[Dinar iugoslavo]]
|título_líder = Rei
|título_líder = Rei
|líder1 = Pedro I de Serbia|Pedro I
|líder1 = Pedro I de Serbia|Pedro I
Liña 77: Liña 77:
===Outros artigos===
===Outros artigos===
*[[Iugoslavia]]
*[[Iugoslavia]]
*[[Coroa iugoslava]]
*[[Estado Independiente de Croacia]]
*[[Estado Independiente de Croacia]]



Revisión como estaba o 16 de abril de 2020 ás 10:30

Modelo:País desaparecido

O Reino de Iugoslavia, chamado Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos entre o 1 de decembro de 1918 e o 3 de outubro 1929, refírese a un estado balcánico que existiu dende o 1 de decembro de 1918 ao 2 de decembro de 1945. Comprendía a área das provincias de Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia do Norte, así como a maior parte dos territorios de Croacia e Eslavonia.

Formación

Trala disolución do Imperio austrohúngaro, a idea de crear unha nación para os eslavos nos Balcáns cobrou impulso e apoio da comunidade internacional. O 29 de outubro de 1918 estableceuse o Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, cuxo obxectivo era abranguer tódolos territorios eslavos que o Imperio Austrohúngaro dominara. Porén, os serbios da Voivodina e a Sirmia opuxéronse a isto, e achegaron os seus territorios ao Reino de Serbia. O Triplo Acordo non recoñeceu este estado, e os seus gobernantes tiveron que solicitar a súa anexión ao Reino de Serbia o 1 de decembro de 1918, que a partir de entón pasou a chamarse Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (Latín serbocroata: Kraljevina Srba, Hrvata i Slovenaca cirílico: Краљевина Срба, Хрвата и Словенаца, Esloveno: Kraljevina Srbov, Hrvatov in Slovencev, Macedonio: Кралство на Србите, Хрватите и Словенците, nome curto Kraljevina SHS, Краљевина СХС).

Historia

O 1 de decembro de 1918 foi proclamado por Alexandre Karađorđević, príncipe rexente polo seu pai, o rei Pedro I, quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partir dos antigos reinos independentes de Serbia e Montenegro, así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do Imperio Austrohúngaro. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían Croacia, Eslavonia e Voivodina da parte húngara do imperio; Carniola, parte de Estiria e a maior parte de Dalmacia ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de Bosnia-Hercegovina.

Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en Austria. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a Italia. A cidade de Rijeka foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en 1924 por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de Istria, parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.

O novo goberno intentou integrar ao novo país politicamente como tamén de forma económica, unha tarefa difícil debido á grande diversidade de idiomas, nacionalidades e relixións no novo estado, a historia diferente das rexións, e as grandes diferenzas entre as rexións en canto ao desenvolvemento económico.

As tensións entre o nacionalismo serbio (envalentonado polo carácter centralista do estado) e o resto dos pobos do país, estaurou co asasinato no parlamento do reino do líder do Partido Campesiño Croata por parte dun deputado montenegrino. Iso levou ao rei a clausurar o parlamento e asumir o goberno do país dun xeito ditatorial. Con todo, iso só reavivou as tensións. De feito, poucos anos despois un guerrilleiro macedonio contratado polo nacionalismo croata ustacha asasinou ao rei Alexandre e ao ministro de exteriores francés en Marsella.

Sucedeulle no trono o seu fillo Pedro II, pero ao ser menor de idade, asumiu a rexencia o seu tío o Príncipe Pablo. Que gobernará ata que a comezos de 1941 un golpe de estado contra a política filoalemá do rexente levou ao trono de xeito anticipado a Pedro II.

De xeito fáctico o Reino de Iugoslavia deixou de existir cando o 6 de abril a aviación alemá atacou Belgrado e nas semanas seguintes sufriu unha invasión por parte das tropas de Alemaña, Italia, Bulgaria, Hungría, Albania e Romanía.

O rei e o goberno fuxiron a Londres dando prolongación formal e legal ao país ata 1945.

Véxase tamén

Outros artigos