Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 83: Liña 83:
*{{Cita libro|título=Actuacións arqueolóxicas : ano 2007|url=https://www.worldcat.org/oclc/804138085|editorial=Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural|data=DL 2009|lugar=[Santiago de Compostela]|ISBN=978-84-453-4749-2|OCLC=804138085|capítulo=Levantamento planimétrico e lectura de alzados en Santa Olaia, Bóveda (Lugo)|páxinas=99-120|apelidos1=Blanco Rotea|nome=Rebeca|apelidos2=García Rodríguez|nome2=Sonia|apelidos3=Mañana-Borrazás|nome3=Patricia|apelidos4=Rodríguez-Costas|nome4=Alberto|apelidos5=Rodríguez Paz|nome5=Anxo|número-autores=1}}
*{{Cita libro|título=Actuacións arqueolóxicas : ano 2007|url=https://www.worldcat.org/oclc/804138085|editorial=Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural|data=DL 2009|lugar=[Santiago de Compostela]|ISBN=978-84-453-4749-2|OCLC=804138085|capítulo=Levantamento planimétrico e lectura de alzados en Santa Olaia, Bóveda (Lugo)|páxinas=99-120|apelidos1=Blanco Rotea|nome=Rebeca|apelidos2=García Rodríguez|nome2=Sonia|apelidos3=Mañana-Borrazás|nome3=Patricia|apelidos4=Rodríguez-Costas|nome4=Alberto|apelidos5=Rodríguez Paz|nome5=Anxo|número-autores=1}}
*{{Cita libro|título=El Descubrimiento y las actuaciones arqueológicas en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) : estudio historiográfico y documental de los avatares de un Bien de Interés Cultural|url=https://www.worldcat.org/oclc/805101808|editorial=Concello de Lugo, Concellería de Cultura e Turismo|data=DL 2005|lugar=Lugo|ISBN=84-930760-7-4|OCLC=805101808|apelidos=Montenegro Rúa, Enrique J.}}
*{{Cita libro|título=El Descubrimiento y las actuaciones arqueológicas en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) : estudio historiográfico y documental de los avatares de un Bien de Interés Cultural|url=https://www.worldcat.org/oclc/805101808|editorial=Concello de Lugo, Concellería de Cultura e Turismo|data=DL 2005|lugar=Lugo|ISBN=84-930760-7-4|OCLC=805101808|apelidos=Montenegro Rúa, Enrique J.}}
* {{cita publicación periódica|revista=Croa|apelidos=Montenegro Rúa|nome=Enrique Jorge|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091214061705/http://www.boveda.org/bibliografia/croa16_boveda.pdf|título= Santa Eulalia de Bóveda: dos aniversarios y un cumpleaños|data=2006|número=16|páxinas=43-65|lingua=es|url=http://www.boveda.org/bibliografia/croa16_boveda.pdf|dataarquivo=14 de decembro de 2009}}.
* {{cita publicación periódica|revista=Croa|apelidos=Montenegro Rúa|nome=Enrique Jorge|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091214061705/http://www.boveda.org/bibliografia/croa16_boveda.pdf|título= Santa Eulalia de Bóveda: dos aniversarios y un cumpleaños|data=2006|número=16|páxinas=43-65|lingua=es|url=http://www.boveda.org/bibliografia/croa16_boveda.pdf|dataarquivo=14 de decembro de 2009}}
*{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|ano=2015}}
*{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|ano=2015}}
*{{Cita libro|título=Santa Eulalia de Bóveda|url=https://www.worldcat.org/oclc/319033142|editorial=Xunta de Galicia|data=[2008]|lugar=[Santiago de Compostela]|ISBN= 978-84-453-4606-8|OCLC=319033142}}
*{{Cita libro|título=Santa Eulalia de Bóveda|url=https://www.worldcat.org/oclc/319033142|editorial=Xunta de Galicia|data=[2008]|lugar=[Santiago de Compostela]|ISBN= 978-84-453-4606-8|OCLC=319033142}}

Revisión como estaba o 15 de abril de 2020 ás 21:42

Coordenadas: 42°58′49″N 7°41′9″O / 42.98028, -7.68583

Fachada.

O templo romano de Santalla de Bóveda é un santuario tardorromano datado entre os séculos II e IV, situado na parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, concello de Lugo, a uns 14 quilómetros da capital. Está semisoterrado a carón da actual igrexa de Santalla. Foi descuberto en 1926 e os arqueólogos non souberon dar ata agora unha explicación segura da súa orixe e finalidade.

Admítese que se trata dun templo pagán, con diferentes teorías sobre a súa finalidade, cristianizado séculos máis tarde. Está considerado un unicum, ó non existir ningún outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo imperio romano.

En 1931 foi declarado Monumento Nacional, e en 1985 Ben de Interese Cultural.

Descubrimento e restauración

Interior do templo.

Non existen datos do monumento ata primeiros do século XX. Foi José María Penado, párroco de Santalla desde 1909, quen descubriu os restos cando facía obras de reparación na igrexa parroquial moderna, guiado por tradicións orais que falaban da existencia dun templo soterrado. O momento preciso da descuberta non está documentado; o caso é que non se fixo pública até o verán de 1926. Nese ano a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí, director nesa altura do Museo Diocesano Histórico-Arqueolóxico de Lugo, a escavación e recuperación dos restos.[1]

A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda, da que hoxe só queda memoria polas fotografías realizadas daquela, as acuarelas de Elías de Segura de 1927 e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos Provincial e Catedralicio de Lugo.

Ó redor dos anos cincuenta do pasado século, realizouse unha nova campaña de escavacións que puxo en evidencia a existencia da piscina central, que estaba reenchida con entullos e cuberta por un lousado de pedra.

Nos anos setenta volveron facerse obras de restauración e mantemento dos restos, que incluíron unha placa de cemento sobre a estrutura para evitar definitivamente os problemas de escorras da chuvia sobre o edificio.

Estrutura

Vista do interior do templo.
Pinturas da bóveda (lado norte).

O templo é de planta cadrada, duns 6x6 metros interiores, cunha nave central con bóveda de canón da que só se conservan os comezos, cubertos por pinturas sobre estuco. No centro posúe unha pequena piscina ou estanque, de aproximadamente 3x3 m e de escasa profundidade, con tres columnas ó seu redor.[2] Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas in antis. A porta presenta arco de ferradura, o máis antigo da arquitectura española.[3]

Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como cripta o templo orixinal.

As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están faisáns, perdices, pombas, galos e gansos, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.

No fondo da nave ábrese a ábsida, na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas fornelas e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.

Nos perpiaños da fachada pódense ver diversos relevos moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres danzantes con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.

Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.[4]

Evolución histórica

Nas obras de restauración levadas a cabo a finais dos anos oitenta realizouse unha lectura estratigráfica de alzados que permitiu establecer cinco fases construtivas, nun estudo aínda sen rematar.

Placa superior do templo (no primeiro plano da fotografía) e os restos que se conservan da bóveda superior (á esquerda).

Na primeira fase, o templo estaría formado por unha soa planta, cun adro porticado, unha aula e a ábsida. As paredes eran de cachotería irregular e a bóveda de canón feita en ladrillo, que é a que se conserva hoxe. No centro da aula estaría a piscina, que orixinalmente era maior cá actual, alimentada por canalizacións soterradas que permitían manter un nivel de auga constante.

Nunha segunda fase dividiuse a aula en tres naves mediante dúas arcadas feitas con arcos de medio punto de ladrillo; desta división, hoxe só se conservan as ménsulas que sostiñan aqueles arcos. As columnas destas arcadas obrigaron a cega-la piscina ou, máis probablemente, a reduci-las súas dimensións ás actuais. Desta época sería o friso de mármore nas paredes, o revocado da bóveda e as pinturas que cubrían esta, así como modificacións na fachada, entre elas a construción do arco de ferradura no acceso leste.

Hoxe consérvanse tres destas columnas, de mármore e moi erosionadas, cuxa colocación actual non corresponde, probablemente, coa orixinal. De feito, as fotografías que se mencionaron antes, feitas durante os primeiros traballos de desentullo, mostran dúas destas columnas nos niveis máis altos da acumulación de material de recheo.

A terceira fase consistiría na construción da segunda planta, tamén con bóveda de canón e feita de ladrillo.[5] Probablemente, esta segunda planta abríase ó exterior polo lado oeste -situado ó nivel do terreo- e descoñécese se comunicaba coa nave inferior ou non.

Á cuarta fase corresponden diversas reformas menores, como a apertura dunha porta no fondo do templo e unhas escaleiras para acceder á planta superior,[6] e a construción dunha bóveda de medio punto para cubri-lo adro frontal.

Finalmente, nunha quinta fase inclúense tódalas reformas contemporáneas, realizadas desde 1929, tralo redescubrimento do templo. Entre estas últimas reformas podemos destaca-la construción nos anos setenta dun muro perimetral, por Antonio González Trigo, para illa-lo templo das filtracións procedentes do terreo circundante, obra que incluía un sistema de canalizacións da auga para drena-la piscina, na crenza de que a humidade procedente desas augas de filtración era a responsable da perda das pinturas.

Hipóteses de uso

Relevo na fachada.

Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses Mitra ou Cibeles, templo romano, tumba de Prisciliano, santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, que se deduce do achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.

Taurobolium mitraico

Unha das teorías propostas, sobre a presenza desa piscina central, é a de que fose un templo romano dedicado ó deus Mitra, culto introducido polos soldados romanos en Galicia e, de feito, en Lugo atopouse unha ara votiva a Mitra dos tempos do emperador Caracalla (211-217). Sábese que o culto a esta deusa incluía un bautismo dos fieis mediante o sangue dun boi sacrificado polos sacerdotes na planta alta. O sangue caería sobre os fieis, colocados na piscina, a través dunha reixa no piso desta planta superior.

Trala morte do boi, os sacerdotes extraían as vísceras do animal e os seus órganos sexuais e baixaban á planta baixa, na que os colocaban nunhas fornelas que existen nas paredes laterais da nave.

Templo de Cibeles

Unha teoría proposta por Carlos Sánchez-Montaña defende a tese de que se trataba dun templo dedicado á deusa Cibeles. Baséase na presenza das aves nas pinturas e, especialmente, da representada nun dos relevos exteriores que se quere identificar cunha avestruz, como personificación zoomórfica da deusa. Tamén se relaciona con Cibeles outro relevo representando un león, tamén símbolo da deusa. A maiores, recuperáronse nas obras de escavación tres ménsulas ou canzorros -que se conservan no inmediato centro de atención ós visitantes- que representan un león, un tambor e uns motivos florais que tamén simbolizarían a deusa.

Notas

  1. Rúa Montenegro, Enrique Jorge (2016-01-21). Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno (Tese) (en castelán). Universidade Autónoma de Madrid (publicado o 21 de xaneiro de 2016). p. 6. 
  2. Que, como veremos, non conservan a colocación orixinal.
  3. E mesmo de toda Europa, segundo o folleto explicativo do monumento editado pola Xunta de Galicia en 2008.
  4. Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "extremo erro" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.
  5. Ladrillos romanos reutilizados.
  6. Nesta escaleira foi onde apareceu unha estela funeraria romana reutilizada para facer un dos chanzos.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas