Ecografía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26: Liña 26:
O [[efecto Doppler]] é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ''ecografía Doppler'' ou ''Doppler color'' (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do [[sangue]]. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Schneider|nome=Michel|título=Characteristics of SonoVue|revista=Echocardiography|ano=1999|volume=16|número=7|páxinas=743-746|pmid=11175217}}</ref>
O [[efecto Doppler]] é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ''ecografía Doppler'' ou ''Doppler color'' (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do [[sangue]]. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Schneider|nome=Michel|título=Characteristics of SonoVue|revista=Echocardiography|ano=1999|volume=16|número=7|páxinas=743-746|pmid=11175217}}</ref>


Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do [[Tomografía axial computarizada|TAC]] ou da [[radiografía]] convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas ''[[gold standard]]'', isto é, de elección, para avaliar o correcto medre [[feto|fetal]] no [[embarazo]], xa que non da lugar a dano ningún no futuro [[nadón]].
Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do [[Tomografía axial computadorizada|TAC]] ou da [[radiografía]] convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas ''[[gold standard]]'', isto é, de elección, para avaliar o correcto medre [[feto|fetal]] no [[embarazo]], xa que non da lugar a dano ningún no futuro [[nadón]].


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 15 de abril de 2020 ás 10:54

Ecografía
Clasificación e recursos externos
Ecografía do corazón a tempo real. Pódense observar os latexos do mesmo.
ICD-988.7
MeSHD014463
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A ecografía (do grego «ἠχώ» ēkhō="eco", e «γραφία» grafía= "escribir"), tamén denominada ultrasonografía, é unha técnica de diagnóstico clínico empregada en medicina baseada nos ultrasón. Os aparellos de ultrasón empregan, polo xeral, frecuencias comprendidas entre os 2 e 14 MHz (aínda que en eidos médicos excepcionais, coma a dermatoloxía, poden existir transdutores de até 20 MHz). Os ultrasóns son xerados por unha fonte de cristal piezoeléctrico que fica en contacto coa pel. O mesmo transdutor encárgase de recibir eses ecos de ondas xerados, que posteriormente son interpretados a través dun ordenador. Así pois, a sonda transdutora funciona ao mesmo tempo de emisor e de receptor dos ultrasóns. Canto maior sexa a frecuencia dos ultrasóns, maior é a resolución obtida e máis precisión temos na visualización das estruturas superficiais. Conforme a densidade e composición das interfaces, a atenuación dos sinais emitidos varía, sendo posíbel unha tradución nunha escala de cores cinza, que será a que forme as imaxes dos órganos internos.[1]

O efecto Doppler é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ecografía Doppler ou Doppler color (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do sangue. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.[2]

Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do TAC ou da radiografía convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas gold standard, isto é, de elección, para avaliar o correcto medre fetal no embarazo, xa que non da lugar a dano ningún no futuro nadón.

Galería de imaxes

Notas

  1. Pedrosa, C.S. (1999). Diagnóstico por imagen. Marban. pp. 643–646. ISBN 8471012677. 
  2. Schneider, Michel (1999). "Characteristics of SonoVue". Echocardiography 16 (7): 743–746. PMID 11175217. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas