María Antonia Dans: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
Tamén acudiu ao premio da [[Fundación March]], obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Badaxoz]], [[Alacant]] etc.
Tamén acudiu ao premio da [[Fundación March]], obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Badaxoz]], [[Alacant]] etc.


A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no [[Museo de Arte Contemporánea de Madrid]], en todos os de [[Galiza]] e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "[[Arte Naíf|naíf]]" é, en realidade, un [[Expresionismo|neoexpresionismo]] de raíz deliberadamente inxenuista, emparentado cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.
A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no [[Museo de Arte Contemporánea de Madrid]], en todos os de [[Galiza]] e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "[[Arte naíf|naíf]]" é, en realidade, un [[Expresionismo|neoexpresionismo]] de raíz deliberadamente inxenuista, emparentado cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.


== Vida persoal ==
== Vida persoal ==

Revisión como estaba o 14 de abril de 2020 ás 07:56

Infotaula de personaMaría Antonia Dans

Escultura de Antonio López no Museo Carlos Maside Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Oza dos Ríos, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCelso Collazo Lema Editar o valor em Wikidata
FillosRosalía Dans Editar o valor em Wikidata

María Antonia Dans Boado, nada en 1922 en Oza dos Ríos (A Coruña)[1] e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid,[2] foi unha pintora galega.

Traxectoria

Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, a principios dos cincuenta trasládase a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.

Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.

Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.

A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naíf" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentado cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.

Vida persoal

Casou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Areán, Carlos-Antonio: Joven figuración en España. Madrid, Publicaciones Españolas, 1964.
  • Bustamante, Juby: Mª Antonia Dans. Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, 1974.
  • Campoy, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
  • Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia. 
  • Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1970.
  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia 1987.
  • Moreno Galván, Jose María: Introducción a la pintura española actual. Madrid, Publicaciones españolas 1960.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo 1981.
  • Pablos, Francisco: Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello de Vigo, 1992.

Ligazóns externas