PJ Harvey: Diferenzas entre revisións
Liña 31: | Liña 31: | ||
No [[1998]] lanza o seu quinto disco ''Is This Desire?'', un disco ao que seguirían ''Stories from the City, Stories from the Sea'' no [[2000]], un álbum cun estilo máis pop; ''Uh Huh Her'' no [[2004]], que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e ''White Chalk'' no [[2007]], un álbum no que deixa de lado as [[guitarra eléctrica|guitarras eléctricas]], as [[Batería (instrumento musical)|baterías]] potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao [[piano]], á [[arpa]], ao [[mellotron]] [http://www.mellotron.net/] e a unha voz aguda e fráxil. |
No [[1998]] lanza o seu quinto disco ''Is This Desire?'', un disco ao que seguirían ''Stories from the City, Stories from the Sea'' no [[2000]], un álbum cun estilo máis pop; ''Uh Huh Her'' no [[2004]], que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e ''White Chalk'' no [[2007]], un álbum no que deixa de lado as [[guitarra eléctrica|guitarras eléctricas]], as [[Batería (instrumento musical)|baterías]] potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao [[piano]], á [[arpa]], ao [[mellotron]] [http://www.mellotron.net/] e a unha voz aguda e fráxil. |
||
En marzo de [[2009]] |
En marzo de [[2009]] publicouse ''[[A Woman a Man Walked By]]'', un álbum gravado en colaboración con [[John Parish]], no que se decantaba polo [[rock experimental]] e o [[folk]]. Ao igual que ''Dance Hall at Louse Point'', o álbum tivo recensións positivas pero tamén un éxito comercial moderado, chegando ao número 25 da lista británica de álbums. |
||
== Discografía == |
== Discografía == |
Revisión como estaba o 11 de abril de 2020 ás 19:23
PJ Harvey en concerto | |
Data nacemento | 9 de outubro de 1969 (54 anos) |
Nado en | Bridport, Dorset,Inglaterra |
Ocupación | músico, compositora |
Xénero | rock alternativo, indie rock, rock experimental, folk rock, art rock, electrónica |
Instrumento(s) | voz, guitarra |
Selo(s) discográfico(s) | Too Pure, Island Records |
Relacionado con | Automatic Dlamini, Rob Ellis, John Parish, Nick Cave and the Bad Seeds, Mick Harvey, Desert Sessions, Marianne Faithfull, Sparklehorse, Thom Yorke |
Tempo en activo | 1988 - actualidade |
Pseudónimo | PJ Harvey |
Na rede | |
www.pjharvey.net | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Polly Jean Harvey, nada en Yeovil o 9 de outubro de 1969, é unha cantautora inglesa, máis coñecida co nome artístico de PJ Harvey. Dende o principio da súa carreira demostrou co seu rock cru, directo e visceral ser unha das compositoras máis influentes dos noventa, compoñendo cancións cuxos temas van dende o sexo ao amor, á relixión, ó humor negro ou á sensibilidade na feminidade.
Traxectoria
Alcumada como "a Patti Smith dos 90", Polly Jean naceu nunha granxa de Yeovil, e dende moi xove aprendeu a tocar o saxo e a guitarra. Cando era unha adolescente participou en varias agrupacións ata 1991, ano no que formou o seu grupo PJ Harvey, xunto ao baxista Steve Vaughn e ó batería Robert Ellis. Tanto o seu primeiro single, Dress, coma o segundo, Sheela-Na-Gig, foron un gran éxito; pouco a pouco, o grupo foise consolidando como unha nova banda de rock alternativa cuxa notoriedade aumentaba cada vez máis dentro do panorama musical.
En 1992 lanzaron o seu primeiro disco, Dry; un ano despois, e logo dunha longa e aclamada xira, PJ Harvey volveu a Londres para gravar o seu segundo traballo, Rid of me, cun son que estaba preto do noise e do punk nas guitarras; foi este disco o que converteu esta banda nun grupo de culto. Ao final de ano, sacaron á luz 4-Track Demos, un disco no que aparecían versión orixinais das cancións da placa anterior.
Despois da xira de Rid of me, Polly Jean emprendeu a súa carreira en solitario, lanzando o seu terceiro traballo en 1995, To Bring You My Love, xunto co baxista Mick Harvey e os guitarristas John Parish e Joe Gore. Este disco, cuxo single era a controvertida Down by the water, tivo unha grandiosa aceptación, tanto por parte da crítica coma do público en xeral.
A partir de 1996, a cantante estivo case inactiva, gravando soamente un tema a dúo con Nick Cave no disco deste último, Murder Ballads e cantando xunto ó seu socio John Parish en Dance Hall at Louse Point.
No 1998 lanza o seu quinto disco Is This Desire?, un disco ao que seguirían Stories from the City, Stories from the Sea no 2000, un álbum cun estilo máis pop; Uh Huh Her no 2004, que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e White Chalk no 2007, un álbum no que deixa de lado as guitarras eléctricas, as baterías potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao piano, á arpa, ao mellotron [1] e a unha voz aguda e fráxil.
En marzo de 2009 publicouse A Woman a Man Walked By, un álbum gravado en colaboración con John Parish, no que se decantaba polo rock experimental e o folk. Ao igual que Dance Hall at Louse Point, o álbum tivo recensións positivas pero tamén un éxito comercial moderado, chegando ao número 25 da lista británica de álbums.
Discografía
Álbums principais
Ano | Disco | Selo discográfico |
---|---|---|
1992 | Dry | Too Pure |
1993 | Rid of Me | Island Records |
1993 | 4-Track Demos | Island Records |
1995 | To Bring You My Love | Island Records |
1998 | Is This Desire? | Island Records |
2000 | Stories from the City, Stories from the Sea | Island Records |
2004 | Uh Huh Her | Island Records |
2007 | White Chalk | Island Records |
2009 | A Woman A Man Walked By | Island Records |
2011 | Let England Shake | Island Records |
2016 | The Hope Six Demolition Project | Island Records, Vagrant Records |
Compilacións
Ano | Disco | Selo discográfico |
---|---|---|
1995 | The B-Sides | Island Records |
2006 | The Peel Sessions 1991-2004 | Island Records |
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: PJ Harvey |
Bibliografía
- Blanford, J.: Siren Rising (2004)