Adelaida: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 74: | Liña 74: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Cidades de Australia]] |
[[Categoría:Cidades de Australia]] |
Revisión como estaba o 11 de abril de 2020 ás 14:22
Coordenadas: 34°55′44.4″S 138°36′3.6″L / -34.929000, -138.601000 Modelo:Cidade Adelaida[1][2][3] (en inglés: Adelaide) é a quinta maior cidade de Australia, sendo capital e a cidade máis poboada do estado de Australia Meridional, cunha poboación de máis de 1 200 000 habitantes.
É unha cidade costeira situada na parte sur do océano Pacífico nos Altos de Adelaide, ao norte da península de Fleurieu, entre o golfo de San Vicente e as Montañas Lofty Ranges. É unha cidade bastante lineal. Adelaida está considerada como a terceira cidade de importancia en Australia, por detrás de Sydney e a capital, Canberra.
Historia
O territorio onde se asenta a cidade actual foi o fogar do pobo kaurna ata a chegada dos europeos. A provincia de Australia Sur foi oficialmente establecida o 28 de decembro de 1836, e a cidade foi fundada en 1837, e nomeada Adelaida en honra á Raíña Adelaida, a esposa do Rei Guillerme IV de Inglaterra. O coronel William Light, un dos "pais" da formación da cidade, deseñou a cidade e a súa localización estratéxica, cerca do río Torrens. Light deseñou Adelaida con grandes espazos, grandes prazas e parques e edificios fermosos.
Adelaida axiña se converteu na cidade das liberdades[Cómpre referencia], con liberdade de elixir relixión, progresismo político e liberdades civís, que liderou as grandes reformas mundiais. Hoxe en día, Adelaide é coñecida como a cidade da cultura en Australia, con moitos festivais, teatros… así como o viño da rexión, arte e deportes.
Centro dunha colonia pensada para inmigrantes libres, baseada na liberdade de relixión, atraeu a inmigrantes alemáns, xa no ano 1840 a cidade tiña 6 500 habitantes.
Economía
Adelaida é o centro gobernativo, comercial e cultural de Sur Australia. Adelaida é o sitio de moitos gobernos e empresas financeiras. Moitos destas empresas e traballos concéntranse no centro da cidade, desde o Boulevard Cultural de North Terrace ata os distritos financeiros da cidade.
A economía está baseada na industrias (materiais de construción, manufactura de compoñentes eléctricos, fabricación de automóbiles e refinado de petróleo). Produce cereais, la, froita e viño.
Cultura
O seu urbanismo foi moi coidado, cos distritos residenciais separados da área comercial polo río Torrens. Destacan amplas rúas como King Willian e North Terrace, e belísimos edificios como o do Parlamento, a sede do Goberno, a Catedral Católica, as universidades, o Observatorio, o Museo e a Galería de Arte.
Medios de comunicación
Ten 6 canles de televisión, 9 estacións de radio e 2 xornais.
Lingua
Notas
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Adelaida (Australia)
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ «Adelaida». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 51.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adelaida |
Ligazóns externas
- Páxina web de Adelaida (en inglés).