Isabel Soto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 90: Liña 90:
*''[[A peste]]'', de [[Albert Camus]], [[2018]], Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
*''[[A peste]]'', de [[Albert Camus]], [[2018]], Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
*''[[A filla de Vercinxetórix]]'', de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, [[2019]] Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
*''[[A filla de Vercinxetórix]]'', de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, [[2019]] Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
*''Morrerei outro día'', de [[Isabelle Alonso]], [[2020]], Hugin e Munin. Con [[Xabier Ron]].


===Edicións===
===Edicións===

Revisión como estaba o 10 de abril de 2020 ás 20:36

Infotaula de personaIsabel Soto
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3057601 AELG: 378 Dialnet: 283038 Editar o valor em Wikidata

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e análise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".

É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).

Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].

No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.

Tradución literaria

Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].

No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.

Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.

Obra

Ensaio

Traducións

Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.

Traducións colectivas

Edicións

Obras colectivas

Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
  • A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
  • Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Mª Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.

Premios

Notas

  1. Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, no CRPIH.
  2. Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
  3. Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
  4. Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
  5. Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
  6. Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
  7. Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega, artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
  8. Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
  9. CV de Marta Neira, p. 14.
  10. Actas do Congreso IBBY Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine., p. 5
  11. Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
  12. Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
  13. Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  14. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  15. Isto non é un conto en formato PDF.
  16. Ficha na AELG.
  17. Ficha na web da editorial.
  18. Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  19. Ficha na web da editorial.
  20. Ficha da obra na páxina da editorial.
  21. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
  22. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas