Esoterismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Engadido neste termo sobre a literatura galega
Sen resumo de edición
 
Liña 5: Liña 5:
Caracterízase ante todo por un coñecemento iniciático, con frecuencia asociado a técnicas espirituais destinadas á transformación dun mesmo (meditación, concentración, xexún etc.) e o ligamento a unha escola de pensamento no seo da cal o neófito pode progresar con prácticas individuais ou colectivas. Cando o aspecto práctico predomina no esoterismo, fálase sobre todo de maxia; por contra outros movementos apóianse sobre todo en textos de teor esotérico.

Na obra ''Da medida das cousas'' de Vicente Risco (publicada en <u>Leria</u> no 1961) aparece o principio de esoterismo, característica deste escritor ourensán, cando menciona a Adam Kadmon.
No texto "Da medida das cousas" de [[Vicente Risco]] (publicado en ''Leria'' no 1961) aparece o principio de esoterismo, característica deste escritor ourensán, cando menciona a [[Adam Kadmon]].{{cómpre referencia}}

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión actual feita o 10 de abril de 2020 ás 11:44

Esoterismo (do grego έσώτερος [API /e'so:teros/]: «dentro, desde dentro, interior, íntimo»; unido ao sufixo «–ismo») é un termo xenérico usado para referirse ao conxunto de coñecementos, ensinanzas, tradicións, doutrinas, técnicas, prácticas ou ritos dunha corrente relixiosa ou filosófica, que son segredos, incomprensibles ou de difícil acceso e que se transmiten unicamente a unha minoría selecta denominada iniciados, polo que non son coñecidos polos profanos.

Por extensión, o esoterismo refírese a toda doutrina que require un certo grao de iniciación para estudala no seu total profundidade. En contraste, o coñecemento exotérico é facilmente accesible para o público común e é transmitido libremente. Polo tanto é esotérica unha doutrina que, apoiándose sobre a concepción do mundo que ten un sistema relixioso ou laico, propón unha interpretación reservada a un número restritivo de iniciados.

Caracterízase ante todo por un coñecemento iniciático, con frecuencia asociado a técnicas espirituais destinadas á transformación dun mesmo (meditación, concentración, xexún etc.) e o ligamento a unha escola de pensamento no seo da cal o neófito pode progresar con prácticas individuais ou colectivas. Cando o aspecto práctico predomina no esoterismo, fálase sobre todo de maxia; por contra outros movementos apóianse sobre todo en textos de teor esotérico.

No texto "Da medida das cousas" de Vicente Risco (publicado en Leria no 1961) aparece o principio de esoterismo, característica deste escritor ourensán, cando menciona a Adam Kadmon.[Cómpre referencia]