Black Swan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 68: Liña 68:
* [http://www.foxsearchlight.com/blackswan/ Páxina Web oficial] {{en}}
* [http://www.foxsearchlight.com/blackswan/ Páxina Web oficial] {{en}}


{{Barra portal|Cine|Estados Unidos de América|Diversidade sexual}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 9 de abril de 2020 ás 07:08

O cisne negro
Ficha técnica
Título orixinalBlack Swan
DirectorDarren Aronofsky
ProdutorScott Franklin
Mike Medavoy
Arnold Messer
Brian Oliver
GuiónMark Heyman
Andres Heinz
John J. McLaughlin
IntérpretesNatalie Portman
Mila Kunis
Vincent Cassel
Winona Ryder
Barbara Hershey
Christopher Gartin
Sebastian Stan
MúsicaClint Mansell
FotografíaMatthew Libatique
MontaxeAndrew Weisblum
EstudioPhoenix Pictures
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Cross Creek Pictures
Estrea2010
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroThriller
Orzamento$13 000 000[1]
Recadación$329 398 046
Na rede
http://www.blackswan2010.com/
IMDB: tt0947798 Filmaffinity: 458406 Allocine: 125828 Rottentomatoes: m/black_swan_2010 Mojo: blackswan Allmovie: v494816 TCM: 773734 Metacritic: movie/black-swan TV.com: movies/black-swan Netlix: 60034390Editar o valor em Wikidata

Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror[2][3] dirixido por Darren Aronofsky que foi estreado en 2010. Está protagonizada por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis. O argumento xira arredor da obra de Tchaikovsky O lago dos cisnes, intepretada por unha prestixiosa compañía de ballet de Nova York. A produción require dunha bailarina que sexa quen de interpretar ó inocente e fráxil Cisne Branco, que é perfecto para Nina (Portman), á vez que ó escuro e sensual Cisne Negro, que encaixa mellor coa nova bailarina Lily (Kunis). Nina é abrumada por un sentimento de inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, causándolle perdas da noción da realidade.

Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pola súa actuación neste filme.

Argumento

Unha compaña de ballet de Nova York está producindo O lago dos cisnes e o director Thomas Leroy (Vincent Cassel) decide trocar á bailarina principal Beth MacIntyre (Winona Ryder) por Nina Sayers (Natalie Portman). Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable do seu estado.

Nina vive con Erica (Barbara Hershey), a súa autoritaria nai e antiga bailarina que segue a tratala como a unha cativa de dez anos, e atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compaña.

O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar ó inocente Cisne Branco, que lle acae moi ben á personalidade doce de Nina; e ó malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.

A rivalidade das dúas rapazas vólvese en amizade e Nina comeza a explorar o lado escuro da súa persoa que sobresae cada vez con máis forza.

Personaxes

Galardóns e nomeamentos

  • 2010: 1 Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: 1 Globo de Ouro: Mellor Actriz (Portman). 4 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: 1 BAFTA: Mellor Actriz (Portman). 12 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor xove (Mila Kunis).
  • 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Portman) e fotografía.
  • 2010: Satellite Awards: 5 Nomeamentos, incluíndo director e actriz principal (Portman).

Notas

  1. Zeitchik, Steven (17 de setembro de 2010). "Darren Aronofsky's 'Black Swan' a feature film of a different feather". The Korea Herald (McClatchy-Tribune Information Services). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  2. "Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011.
  3. "'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010

Véxase tamén

Ligazóns externas