Organización Nacional de Transplantes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
corrixida a ligazón morta
Liña 16: Liña 16:
|below = http://www.ont.es/
|below = http://www.ont.es/
}}
}}
A '''Organización Nacional de Transplantes''' ('''ONT''') é un organismo público [[España|español]] encargado dos asuntos relacionados con [[transplante]]s de [[órgano]]s. A súa directora é a doutora [[Beatriz Domínguez-Gil]], que substituíu en [[2017]] ao promotor e creador da organización, o doutor [[Rafael Matesanz]], tras máis de 28 anos á fronte do mesmo.<ref name=ABC>{{Cita novas|título=Beatriz Domínguez-Gil, nueva directora de la ONT en sustitución de Matesanz|url=http://www.abc.es/sociedad/abc-beatriz-dominguez-gil-nueva-directora-sustitucion-matesanz-201705121408_noticia.html|dataacceso=10 de agosto de 2018|xornal=ABC|idioma=es-ES}}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
A '''Organización Nacional de Transplantes''' ('''ONT''') é un organismo público [[España|español]] encargado dos asuntos relacionados con [[transplante]]s de [[órgano]]s. A súa directora é a doutora [[Beatriz Domínguez-Gil]], que substituíu en [[2017]] ao promotor e creador da organización, o doutor [[Rafael Matesanz]], tras máis de 28 anos á fronte do mesmo.<ref name="ABC">{{Cita novas|título=Beatriz Domínguez-Gil, nueva directora de la ONT en sustitución de Matesanz|url=https://www.abc.es/sociedad/abci-beatriz-dominguez-gil-nueva-directora-sustitucion-matesanz-201705121408_noticia.html|dataacceso=7 de abril de 2020|xornal=ABC|idioma=es-ES|data=}}</ref>


== Obxectivos ==
== Obxectivos ==

Revisión como estaba o 7 de abril de 2020 ás 07:45

Organización Nacional de Transplantes
Organización Nacional de Trasplantes (en castelán)
Logotipo
Fundación1989
DirectoraBeatriz Domínguez-Gil
Orzamento4,06 M€ (2017).[1]
http://www.ont.es/

A Organización Nacional de Transplantes (ONT) é un organismo público español encargado dos asuntos relacionados con transplantes de órganos. A súa directora é a doutora Beatriz Domínguez-Gil, que substituíu en 2017 ao promotor e creador da organización, o doutor Rafael Matesanz, tras máis de 28 anos á fronte do mesmo.[2]

Obxectivos

É un organismo coordinador de carácter técnico, fundado en 1989 e pertencente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, encargado de desenvolver as funcións relacionadas coa obtención e utilización clínica de órganos, tecidos e células. Tras a súa creación, España pasou de 14 doadores por millón de población (pmp) a 39,7 doadores pmp en 2015, pasando de estar na parte media-baixa dos índices de doazón en Europa a ser o líder mundial.[3]

O seu principal obxectivo é a promoción da doazón altruísta co fin de que o cidadán español que necesite un transplante teña as maiores e mellores posibilidades de conseguilo. Para levar a cabo ditas funcións actúa como unha unidade técnica operativa, coordinando e facilitando as actividades de doaxón, extracción, preservación, distribución, intercambio e transplante de órganos, tecidos e células no conxunto d Sistema Nacional de Saúde.

Historia

Antes da creación da organización, o primeiro transplante realiazado con éxito en España foi en 1965, de ril, levado a cabo polos doutores Gil Vernet e Caralps (do Hospital Clínic i Provincial de Barcelona) e os doutores Alférez e Hernando (da Fundación Jiménez Díaz de Madrid).[4]

Desde entón fíxose necesaria a regulación legal desta práctica, que chegou coa Lei de transplantes (Lei 30/1979)[5] e o Real Decreto 426/1980,[6] que xa daquela recoñecía o anonimato do doador e a carencia de lucro na práctica da extracción de órganos, entre outras disposicións.

Na década de 1980, novos órganos engadíronse á oferta dos hospitais, concretamente fígado, corazón e páncreas. Cando era necesario desprazarse a outra localidade para obtener o órgano, o Hospital Puerta de Hierro utilizaba os avións Mystère subministrados polo Exército do Aire, práctica que acabou estendéndose paulatinamente a outros hospitais. Porén, a finais desta década, houbo un gran descenso da oferta de órganos e un incremento dos candidatos para transplante, debido á pouca coordinación interrexional; por outro lado, en Cataluña estabeceuse unha oficina que centralizaba os servizos de distribución de órganos.[4]

Para paliar estes graves efectos, o Ministerio de Sanidade e Consumo creou en 1989 a Organización Nacional de Transplantes no edificio do Hospital del Rey. Desde aquel momento, considérase que o panorama dos transplantes mellorara co nomeamento dos "coordinadores autonómicos", que organizaban os trámites sanitarios dentro das súas respectivas comunidades autónomas e formaban a Comisión de Transplantes do Consello Interterritorial. A oficina central, que reunía todas as competencias que posúe hoxe en día, non se implantou até o 1 de setembro de 1990.[4] Desde entón, aínda que a misión fundamental da organización non cambiou, houbo varias alteracións na lei de extracción e transplante de órganos orixinal.

Premios

Notas

  1. Presupuestos Generales del Estado.
  2. "Beatriz Domínguez-Gil, nueva directora de la ONT en sustitución de Matesanz". ABC (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2020. 
  3. "13 trasplantes al día en España". El Mundo (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 ont.es. "Historia de los trasplantes". Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  5. Boletín Oficial del Estado. "Texto íntegro de la ley" (PDF). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  6. Boletín Oficial del Estado. "Texto íntegro del Real Decreto" (PDF). Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  7. premiosprincipe.es. "Acta del Jurado". Consultado o 10 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Liagazóns externas