David Seijo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Néboa
→‎Personaxes fixos: Engadín contido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 35: Liña 35:
* ''[[El barco (serie de televisión)|El barco]]'' ([[2011]]-) - como Ramiro ([[Antena 3]]).
* ''[[El barco (serie de televisión)|El barco]]'' ([[2011]]-) - como Ramiro ([[Antena 3]]).
*''[[Néboa (serie de televisión)|Néboa]]'' ([[2020]]) - como Cascudo ([[TVE]]).
*''[[Néboa (serie de televisión)|Néboa]]'' ([[2020]]) - como Cascudo ([[TVE]]).
*''[[O sabor das margaridas (serie de televisión)|O sabor das Margaridas]]'' ([[2028]]) - ([[TVG]])


==== Personaxes episódicos ====
==== Personaxes episódicos ====

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2020 ás 00:33

David Seijo
Nome completoDavid Seijo Sanmiguel
Nacemento25 de febreiro de 1983
LugarVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm3872929 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David Seijo Sanmiguel, nado en Vilagarcía de Arousa o 25 de febreiro de 1983, é un actor galego.

Traxectoria

Recibiu formación completa no estudo Juan Carlos Corazza (2004-2009). Cursou diversos seminarios entre os que se poden destacar: Roles y registros con Catalina Lladó, Técnica con Manuel Morón, Espacio escénico con Jean Guy Lecat entre outros.

Desde mozo mostrou interese pola interpretación, involucrándose en proxectos teatrais e musicais. Logo de varios anos de estudo, trasládase á Coruña, lugar onde reside a súa familia paterna, para estudar Pedagoxía teatral.

Alí vincúlase a un grupo de comedia da arte chamada Estragón, co que representa varias funcións de teatro como Mariones ou Muertos vivos. Máis tarde márchase a Aviñón (Francia) para estudar Comedia da arte con Carlo Bosso e seminarios de pantomima e esgrima con Josef Markocki.

Cinema

No mundo do cine colaborou nas películas León e Olvido (2004) e Rafael (2008), ambas de Xavier Bermúdez e en televisión en Rías Baixas (1999) e La Rosa de Alejandría (2003).

Logo de terminar a diplomatura decide marcharse a Madrid para formarse na escola para o actor Juan Carlos Corazza. Fai varias curtametraxes como Cuando me recuerdes e Una vida a través del objetivo, e anuncios de televisión como o de Seat Ibiza 25 aniversario e Spot McCain. Non se desvincula de Galicia representando en múltiples ocasións Os berros do silencio, obra ambientada nos naufraxios da Costa da Morte.

Televisión

Series

Personaxes fixos

Personaxes episódicos

Curtametraxes

Véxase tamén

Ligazóns externas