Historia do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 69: Liña 69:


===Irlanda===
===Irlanda===

Parte do acordo que levou á [[Lei de Unión 1800]] estipulou que as Leis Penais en Irlanda ían ser revogadas e a Emancipación Católica outorgada. Sen embargo, o Rei [[Xurxo III de Inglaterra|Xurxo III]] bloqueou a emancipación, argumentando que para garantila ía romper o seu xuramento de coroación para defender a Igrexa anglicana. A campaña baixo o avogado e politico [[Daniel O'Connell]], e a morte de Xurxo III, desembocou na concesión da Emancipación Católica en 1829, permitindo os Católicos sentarse no Parlamento. O'Connell preparou unha campaña sen éxito para revogar a Lei de Unión.


===Irlanda do Norte===
===Irlanda do Norte===

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2007 ás 20:56

Imaxe de satélite de Gran Bretaña e Irlanda do Norte


O Reino Unido é o estado soberano integrado por Inglaterra, Escocia, Gales (integramente a illa da Gran Bretaña) e Irlanda do Norte.

O estado realmente comezou a tomar a súa forma actual coas "Leis de Unión" (Acts of Union) en 1707, que uniron a Parlamento de Inglaterra e o Parlamento de Escocia para crear o unificado "Reino da Gran Bretaña". Posteriormente, as Leis de Unión de 1800 uniron o Reino da Gran Bretaña e o Reino de Irlanda para crear o "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda".

En 1922, o Estado Libre Irlandés conseguíu a súa independencia, deixando Irlanda do Norte coma parte do Reino Unido. Como resultado, dende 1927 o título formal da Gran Bretaña é "O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte" (The United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland). Popularmente é acurtado a "Britain" ou "the UK".


Conquistas e Unións antes de 1800

A conquista de Gales por Inglaterra

Eduardo I de Inglaterra

O Gales medieval en poucas ocasións formou unha entidade política única senón que estivo baixo o control de diversos principados nativos. Cando os Normandos famentos de terras invadiron Inglaterra, comezaron a facer incursións dentro das relativamente febles fronteiras galesas, establecendo un número de señoríos na parte máis oriental do país e nas zonas limítrofes. En resposta, os galeses, que aínda mantiñan o control do norte e oeste de Gales, comezaron a unificarse baixo líderes tales coma Llywelyn o Grande, quen é coñecido por describirse a si mesmo coma o "Príncipe de todo Gales do Norte" por volta do 1199.

En 1282, o rei Eduardo I de Inglaterra (12721307) finalmente conquistou os últimos principados nativos galeses que resistían ao norte e oeste do país (unha zona que se corresponde aproximadamente aos actuais condados de Anglesey, Caernarfonshire, Merionethshire, Ceredigion e Carmarthenshire). O Estatuto de Rhuddlan formalmente estableceu o goberno de Eduardo sobre Gales dous anos despois. Para apaciguar os galeses, o fillo de Eduardo (futuro Eduardo II), que nacera en Gales, convertíuse no Príncipe de Gales o 7 de febreiro de 1301. Gales, entón, adquiríu o estatus de Principado, que se mantivo oficialmente entre 1284 e 1536. A tradición de outorgar o título de "Princesa ou Príncipe de Gales" herdeiro do Monarca Británico continúa na actualidade.

Entre 1284 e 1536 a Coroa só tivo control indirecto sobre principado, coma os señores Marcher, que goberaban señoríos independentes ao leste e sur de Gales, mativéronse independentes do control directo da Coroa. O poder dos señores Marcher rematou en 1535, cando a unión política e administrativa de Inglaterra e Gales foi completada. As leis coñecidas como "Laws in Wales Act 1535" anexionaron Gales ao sistema legal de Inglaterra, e dividiron os Marches nos condados de Brecon, Denbigh, Monmouth, Montgomery e Radnor mentres foron engadidas partes de Gloucester, Hereford e Salop. As posteriores leis coñecidas como "Laws in Wales Act of 1542" non mencionan Monmouthshire e isto deixa en ambigüidade sobre o seu estatus coma parte de Inglaterra ou Gales. A Lei tamén foi ampliada coa "Lei de Inglaterra tanto para Inglaterra coma para Gales" (Law of England to both England and Wales), e fixo do inglés a única lingua tolerada para propósitos oficiais. Isto excluíu o idioma galés da oficialidade e a meirande partes dos galeses nativos de cargos oficiais. O País de Gales está representado actualmente no Parlamento de Westminster.

A conquista de Irlanda por Inglaterra

Henrique III

A conquista de Irlanda comezou en 1169 liderada por Henrique II (11541189). Ao primeiro, non foi estritamente levada a cabo por un conquistador inglés senón por un pequeno grupo de normandos que nin eran ingleses nin actuaron no nome da Coroa inglesa. Un barón normando, que fora desposeído das súas terras, natural de Gales, Richard fitzGilbert de Clare ("Strongbow") se asociou co exiliado rei irlandés, Diarmuid MacMorrough, para axudalo a recuperar o seu reino de Leinster. Os normandos, en consecuencia, afianzaron a súa presenza territorial en Irlanda, conseguindo Dublín en 1170. O éxito de Strongbow alarmou a Henrique II, que tiña medo de que se fixera poderoso de máis. Henrique invadíu Irlanda en 1171. Dublín e maila súa periferia foi sometida baixo o seu control.

En 1541, ordenóuselle ao Parlamento irlandés que mudase o estatus de Irlanda a un reino, co rei Henrique VII (1509-1547) como monarca; Henrique comezou a proclamarse Rei de Irlanda ao pouco tempo. Isto creou a unión das Coroas. No que respecta ao século XVI, a dinastía dos Tudor expandíu o seu control sobre Irlanda dende a pequena localidade de Pale na periferia de Dublín para controlar a illa enteira por volta do 1603. A reconquista de Irlanda polos Tudor coñeceu a violencia a gran escala, culminando nas Rebelións Desmond e a Guerra dos Nove Anos. Outra característica do século dezaseis foi a creación dos asentamentos ingleses de Irlanda, que tentou extender a influencia inglesa dentro do país confiscándolle terras aos terratenentes irlandeses e asentando colonias inglesas no seu lugar.

A unión das Coroas de Inglaterra e Escocia

thumb

Escocia foi, ata 1707, un reino independente que durante séculos procurara resistir as tentativas inglesas de interferir nos seus asuntos interiores e exteriores. Por mor do clima, a xeografía e a densidade poboacional, o Reino de Escocia tendeu a ser economicamente e militarmente inferior ao seu veciño meridional, o Reino de Inglaterra. Sen embargo, a "Antiga Alianza" (Auld Alliance) con Francia fora motivo de grave preocupación para os gobernos e monarcas ingleses sucesivos e a necesidade de illar Escocia da Francia Católica e Romana foi un dos motivos impulsores da política exterior que exerceu Inglaterra contra Escocia, particularmente durante a Reforma Escocesa (Scottish Reformation).

Nos tempos da Reforma Escocesa houbo un conflito entre a antiga relixión (catolicismo romano) e a nova (calvinismo). A controversa Raíña Católica de Escocia, María I (coñecida popularmente coma "Mary, Queen of Scots"), foi forzada a abdicar. O que provocou un golpe de estado e viuse obrigada a exiliarse en Inglaterra, deixando ao seu fillo e herdeiro, Xaime, ao coidado de gardiáns protestantes. María foi a figura que, por mor de dúbidas entre católicos ingleses sobre a lexitimidade do casamento entre Henrique VIII e Anne Boleyn, foi vista por moitos coma unha herdeira máis lexítima ao trono inglés cá súa curmá protestante Isabel I de Inglaterra. O bisavó de María era o propio avó de Isabel, Henrique VII, por unha alianza temperá entre Inglaterra e Escocia. A raíña Isabel I deixou á súa curmá María baixo arresto domiciliario e finalmente, entre rumores dun conspiración católica para destronala, foi executada alegando cargos de traizón. A raíña Isabel I morreu en 1603, sen herdeiro directo ao seu trono. Xaime, agora Rei dos Escoceses no seu lexítimo dereito, sucedeu á súa curmá Isabel ao trono de Inglaterra en 1603 e asumíu o título de rei Xaime I de Inglaterra (King James I of England) a carón do seu título xa existente de Xaime VI (James VI), Rei dos Escoceses. O rei Xaime, a miúdo é coñecido popularmente coma Xaime I & VI, agora recoñecida a Real Casa dos Stuart (Royal House of Stuart) coma a familia real da Gran Bretaña, malia os dous reinos continuaren a manter parlamentos separados, a unión das Coroas iniciara a final unificación dos dous territorios. Sen embargo, nos 100 anos seguintes, fortes diferenzas relixiosas e políticas continuaron a dividir ambos reinos, e a realeza común non puido evitar intencións recíprocas de guerra e enfrontamentos.

O goberno republicano (1649)

A maioría de idade do fillo de Xaime VII, Carlos I, en 1625, marcou o comezo dun cisma profundo entre o rei e o Parlamento. A adhesión de Carlos á doutrina do Divino Dereito de Reis alimentou a sanguenta batalla pola supremacía entre o rei e o Parlamento. A crise culminou na Guerra Civil Inglesa (16421649), tempo no que tivo lugar a execución de Carlos e desembocou nun período de goberno coñecido coma a Comunidade Británica Parlamentaria ou Commonwealth (16491653) seguido dun período de goberno persoal do veterano parlamentario Oliver Cromwell coma Lord Protector. O novo réxime non foi moi bo recibido entre a poboación, sen embargo, e a morte de Cromwell deixou un vacío político que non puido encherse, mesmo polo seu fillo Ricardo que gobernou de 1658 ata 1659 antes da regresión ao sistema anterior ao Protectorado de Cromwell. En última instancia, a vontade de estabilidade política impulsou ao Parlamento a negociar a restauración da monarquía na persoa do fillo de Carlos, Carlos II. Este período que comprende dende as primeiras crises entre Carlos I e o Parlamento en 1620 ata a Restauración en 1660 é agora cada vez máis mencionado polos historiadores coma a Revolución Inglesa (English Revolution).

No período da Commonwealth tamén tivo lugar a anexión de Irlanda e Escocia por Inglaterra e a súa autonomía lexislativa foi abolida. A de Irlanda, en particular, foi alterada constantemente a causa do período da guerra civil, cando a súa clase terratenente de irlandeses católicos nativos se víu desposeída das súas terras logo da conquista por Cromwell e remprazada pola clase gobernante de británicos protestantes. Tanto Irlanda coma Escocia obtiveron a súa autonomía simbólica de Londres e foi restaurada logo da Restauración. Sen embargo, a era das Guerras dos Tres Reinos percorreu un longo camiño ata establecer a hexemonía inglesa sobre os outros dous reinos baixo a monarquía dos Stuart.

As Leis de Unión (1707)

Para unha integración política máis profunda foi crucial a política de Ana da Gran Bretaña, (17021714), que sucedeu o trono en 1702 coma a derradeira monarca Stuart de Inglaterra e Escocia (ela foi a única monarca Stuart da Gran Bretaña). Baixo os auspicios da Raíña e os seus conselleiros foi redactado Contrato de Unión (Bill of Union) en 1706 e as negociacións entre Inglaterra e Escocia comezaron en serio.

As circunstancias nas que Escocia aprobou o contrato son controversas. Os defensores escoceses crían que o Contrato daría lugar á imposición dunha Unión baixo termos menos favorables para eles. Houbo un fero debate a ambas beiras da fronteira durante meses onde, particularmente en Escocia, o debate estivo a piques de desembocar nun conflito civil, con máis notoriedade en Edinburgo. A posibilidade dunha unión dos Reinos resultou amplamente rexeitada entre a poboación escocesa, sen embargo logo do desastre financeiro Darien Scheme, o Parlamento de Escocia a piques de caer en bancarrota aceptou, se ben é certo que ao seu pesar, as proposicións.

En 1707, as Leis de Unión (Acts of Union) recibiron unha sanción real, dese modo quedaba abolido o Parlamento do Reino de Inglaterra e o Parlamento do Reino de Escocia para crear un único Reino da Gran Bretaña cun único Parlamento da Gran Bretaña. Ana convertíuse formalmente na primeira ocupante do unificado trono británico e Escocia enviou 45 parlamentarios ao novo Parlamento de Westminster. Quizais o meirande beneficio para Escocia da Unión foi que comezou a desfrutar do libre comercio con Inglaterra e as súas colonias de ultramar. Pola outra parte, Inglaterra gañou un posible aliado en contra de estados europeos hostís que foran anulados mentres simultaneamente trataban de garantir unha sucesión protestante ao trono británico.

Pola contra, certos aspectos dos antigos reinos independentes permaneceron separados. Hai institucións escocesas e inglesas que non foron fusionadas dentro do sistema británico. Cada territorio conservou o cadanseu sistema xudicial e o cadanseu sistema bancario. A Igrexa de Escocia presbiteriana e Igrexa de Inglaterra anglicana tamén permaneceron separadas da mesma maneira que os sistemas de educación. Un aspecto particular das Leis de Unión, foi o renomeamento de Escocia e Inglaterra coma "Bretaña do Norte" (North Britain) e "Bretaña do Sur" (South Britain) respectivamente. Estes novos nomes non callaron entre a poboación e caeron en desuso rapidamente. En Inglaterra sen embargo, os termos "Inglaterra" e "Bretaña" a miúdo continúan a ser intercambiables. A situación non se repite en Escocia pola contra.

Reino Unido

Lei de Unión (1800)

A bandeira de Gran Bretaña é unha mistura das bandeiras de Escocia, Inglaterra e Irlanda

As invasións dende Inglaterra polos gobernantes normandos en 1170 desencadearon séculos de loitas e enfrontamentos en Irlanda. Sucesivos Reis de Inglaterra presenciaron tanto a conquista coma o saqueo de Irlanda, impoñendo o seu goberno pola forza na illa enteira. A comezos do século XVII, iniciose un grande asentamento na provincia irlandesa do Ulster por colonos protestantes dende Escocia e Inglaterra, que provocou o desprazamento de moitos dos católicos irlandeses nativos habitantes desta parte de Irlanda. Dende tempos dos primeiros invasores normandos dende Inglaterra, Irlanda foi obxecto de control e regulación, ao primeiro por Inglaterra e nos últimos tempos por Gran Bretaña.

Posiblemente inspirados pola Guerra da Independencia Americana (17751783), unha forza unida de voluntarios irlandeses empregaron a súa influencia para conseguir unha maior independencia do Parlamento Irlandés. Isto garantiuse en 1782, permitíndolle o comercio libre e a independencia lexislativa a Irlanda. Sen embargo, a revolución francesa alentara as crecentes chamadas para moderar a reforma constitucional. A Sociedade de Irlandeses Unidos (Society of United Irishmen), composta por presbiterianos de Belfast e anglicanos e católicos de Dublín, fixeron campaña a prol da fin da dominación británica. O seu líder Theobald Wolfe Tone (17631798) traballou coa Convención Católica de 1792 (Catholic Convention of 1792) que solicitou a fin das leis penais. Logo de fracasar no intento facerse co apoio do goberno británico, viaxou a París, facendo fronte a un número de forzas navais francesas e chegou a Irlanda para axudar coas insurreccións previstas. Estes foron asasinados polas forzas do goberno, pero estas rebelións convenceron aos británicos baixo Prime Minister William Pitt de que a única solución era rematar coa independencia de Irlanda dunha vez por todas.

A Unión Lexislativa da Gran Bretaña e Irlanda completouse o 1 de xaneiro de 1801, en ambos parlamentos irlandés e británico, baixo a Lei de Unión de 1800 (Act of Union 1800), cambiándolle o nome ao país por Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda (United Kingdom of Great Britain and Ireland). Irlanda enviou sobre 100 parlamentarios á Casa dos Comúns (House of Commons) en Westminster e 28 peers á Casa dos Lords (House of Lords), electos de entre o seu número polos propios peers irlandeses (aos católicos non se lles permitía peerage).

Irlanda

Parte do acordo que levou á Lei de Unión 1800 estipulou que as Leis Penais en Irlanda ían ser revogadas e a Emancipación Católica outorgada. Sen embargo, o Rei Xurxo III bloqueou a emancipación, argumentando que para garantila ía romper o seu xuramento de coroación para defender a Igrexa anglicana. A campaña baixo o avogado e politico Daniel O'Connell, e a morte de Xurxo III, desembocou na concesión da Emancipación Católica en 1829, permitindo os Católicos sentarse no Parlamento. O'Connell preparou unha campaña sen éxito para revogar a Lei de Unión.

Irlanda do Norte

Reino Unido e a Commonwealth

Historia social

As dúas revolucións do século XVII

Oliver Cromwell

Durante a primeira metade do século XVII, formouse a unión dinástica entre Inglaterra e Escocia ó outorgar o trono inglés a Xacobe I en 1603, quen pertenecía á casa escocesa dos Estuardo (non obstante, a unión política non se producirá ata 1707, coa Acta de Unión). Mentres, continúa o proceso de colonización inglesa de Irlanda mediante a confiscación de terras.

Durante o século XVII producíronse dous procesos revolucionarios en Inglaterra. O primeiro deles, coñecido co nome de Revolución Inglesa, liderado polo puritano Oliver Cromwell, ocurriu entre 1640 e 1660, e tivo como consecuencia a proclamación da única república na historia inglesa.

O segundo proceso revolucionario foi a finais do século XVII e se lle coñeceu co nome de Revolución Incruenta ou «A Gloriosa». Esta ocurriu trala restauración da monarquía dos Estuardo e como resposta do parlamento contra o absolutismo do rei Xacobe II. Na Revolución Incruenta, os tories e os whigs aliáronse para destituir a Xacobe II, o que conseguiron en 1688, propondo ó seu xenro, o príncipe Guillerme de Orange, para sustituirlle no trono, a quen impusiron a Declaración de Dereitos (Bill of Rights) (1689) e o Acta de Tolerancia.

Fundación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1801-1922)

Véxase Artigo principal: Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

Revolución Industrial

Por outro lado, aproximadamente dende 1780 ata 1850, desenvolveuse a Revolución Industrial en Inglaterra. A expansión colonial conlevou un aumento na demanda de produtos que non podía cubrirse coa protoindustria tradicional. A creación de fábricas, co consecuente aumento significativo da produción e as consecuencias sociais que estas trouxeron; o troco no comercio textil, pasando da ó algodón, co desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas a todo o proceso de produción textil; así como a invención da máquina de vapor e a súa apricación práctica no ferrocarril; todo iso supuxo unha revolución económica que conlevou unha auténtica ruptura co modelo económico medieval.

Grupos sociais na primeira metade do século XIX

O Subsidised Mineowner, caricatura do século XIX

A Revolución Industrial desenvolveuse no Reino Unido antes que en calquera outro estado europeo, transformando a forma de vida medieval. Non obstante, os grupos sociais véronse influidos por dita revolución de xeito desigual.

A vella élite nobiliaria' continuaba a ser o grupo máis poderoso. Foi o grupo menos afectado polos cambios. Enriquecéronse enormemente coa industrialización xa que posuían preto dun 70% das terras. Adquiriron unha mentalidade capitalista e se beneficiaron do paso do ferrocarril polas súas terras e do aumento de produción agrícola grazas ás novas técnicas.

O seu papel político seguiu a ser predominante, aínda que xa non tiñan o monopolio do poder debido ás reformas legais introducidas pola Cámara dos Comúns.

A alta burguesía era un grupo moi restrinxido de grandes banqueiros e importantes comerciantes e empresarios. Tentaron emparentarse coa alta aristocracia ben copiando hábitos de vida cotiá, ou ben mediante lazos matrimoniais.

A media e baixa burguesía son artesáns e propietarios de pequenos e medianos talleres. Grupo emprendedor que esixe dereitos de maior representación política, é a base social do Partido liberal.

Os traballadores rurais vense perxudicados polos contratos precarios que trae a revolución agrícola. Ademais, se implanta o impopular Sistema Speenhamlaud, ou «Lei de pobres» e perden a posibilidade de adquirir ingresos a través da protoindustria debido á creación das fábricas.

Os proletarios son quen máis van a sufrir os efectos dun crecemento descontrolado das cidades e unha industrialización salvaxe. A maioría dos proletarios eran campesiños que se veron forzados a deixar a súa forma de vida trasladándose ás cidades para poder subsistir. Comezan a sufrir por vez primeira a tiranía do reloxo, que lles impón unha vida monótona e con largas xornadas de traballo. As mulleres e os nenos eran man de obra barata. O absentismo laboral penalizábase co cárcere. Os servizos públicos eran mediocres ou inexistentes, por exemplo, non había auga corrente nos fogares, nin alcantarillado nin servizos de limpeza urbana. Isto provocou epidemias. O ideólogo liberal Adam Smith defendía esta situación de explotación.

As reformas políticas da primeira metade do século XIX

A 1ª Lei de Reforma electoral foi en 1832. Supuso a redistribución dos escanos para ir eliminando os burgos podridos, dando maior representatividade a aqueles condados con máis poboación e reballándosea aos condados con menos habitantes. Duplicouse o corpo electoral, pasando de 420.000 a 800.000 electores, grazas a que se lle deu dereito ó voto aos propietarios de inmobles cunha renda maior de 10£ por ano, o cal equivalía ó burgués medio-alto.

A pesar de que esta reforma non afectou a un número significativo da poboación inglesa (do 70% ó 80% dos representantes na Cámara dos Comúns seguían sendo grandes facendados), esta posibilitou que se aprobasen numerosas leis que significaron avances sociais importantes. Como por exemplo, en 1833, se aprobou a Lei de municipios de 1833, a abolición da escravitude, a creación dunha Educación estatal e as Leis fabrís de 1833. En 1834, aprobouse a Nova Lei de Pobres ou New Poor Law. En 1836, redactouse a Reforma matrimonial, se suprimiu o diezmo e se realizou unha redistribución dentro do seo da Igrexa Anglicana entre o 36 e 1840. En 1846, por mor da Crise da Pataca irlandesa, se suprimiu a política proteccionista sobre os cereais, o cal supuxo o triunfo do librecambismo ata a Crise de 1929. En 1847, aprobouse a xornada de 10 horas de traballo, grazas ás presións do Cartismo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vernon Bogdanor: The British constitution in the twentieth century, (Oxford : Oxford University Press 2005)
  • Norman Davies The Isles: A History (Macmillan, 1999)
  • Frank Welsh The Four nations: a history of the United Kingdom (Yale, 2003)
  • Jeremy Black A history of the British Isles (Macmillan, 1996)
  • Hugh Kearney The British Isles: a history of four nations (Cambridge, 1989)
  • The Short Oxford History of the British Isles (series)
  • G. Williams Wales and the Act of Union (1992)
  • S. Ellis & S. Barber (eds) Conquest and Union: Fashioning a British State, 1485–1725 (1995)
  • Linda Colley Britons: Forging the Nation, 1707–1837 (New Haven, 1992)
  • R.G. Asch (ed) Three Nations: A Common History? England, Scotland, Ireland and British History c.1600–1920 (1993)
  • S.J. Connolly (ed) Kingdoms United? Great Britain and Ireland since 1500 (1999)

Ligazóns externas