Grelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Propiedades: corrixida a ligazón morta
Liña 37: Liña 37:


=== Produción en Galicia ===
=== Produción en Galicia ===
Segundo os datos da [[Consellería de Medio Rural e do Mar|Consellería de Medio Rural]], cada ano, apáñanse en [[Galicia]] arredor de 100.000 toneladas de grelos.<ref name=Grelo>[http://www.galiciae.com/nova/24656.html Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} galiciaè {{gl}} Consultada o 28/1/2012.</ref> Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas dedicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do [[gando]].<ref name= Grelo/>
Segundo os datos da [[Consellería de Medio Rural e do Mar|Consellería de Medio Rural]], cada ano, apáñanse en [[Galicia]] arredor de 100.000 toneladas de grelos.<ref name="Grelo">[https://www.elprogreso.es/articulo/economia/os-greleiros-aumentaran-producion-para-conquistar-o-mercado-espanol/20090205083000166976.html Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español] ''El Progreso'' {{gl}} Consultada o 25/03/2020.</ref> Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas dedicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do [[gando]].<ref name= Grelo/>


No ano [[2004]], segundo as [[Contas Económicas da Agricultura]], o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións [[hortaliza|hortícolas]] de toda a comunidade.<ref name= Grelo/> Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.<ref name= Grelo/> A temporada do grelo é de outubro a febreiro.
No ano [[2004]], segundo as [[Contas Económicas da Agricultura]], o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións [[hortaliza|hortícolas]] de toda a comunidade.<ref name= Grelo/> Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.<ref name= Grelo/> A temporada do grelo é de outubro a febreiro.

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2020 ás 09:57

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa). Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.

A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

Do nabo sal a nabiza,
Da nabiza sal o grelo,
son tres persoas distintas
e un solo Dios verdadeiro.

No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.[1]

Propiedades

Ademais de posuír un alto contido en vitaminas, os grelos axudan a previr o cancro.[2] Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os glucosinolatos os mesmos causantes do sabor acedo característico da verdura.[2]

Entre as vitaminas destaca o seu alto contido en calcio, facendo do grelo unha alternativa ao leite para os alérxicos á lactosa e recomendables para persoas que padezan de osteoporose.[2]

Cando se somete ao grelo ás altas temperaturas da cocción, parte dos nutrientes pérdense de xeito irremediable mentres que outra parte fican no alimento e na auga onde se cocen, polo que é recomendable comelos co seu caldo para aproveitar así os glucosinolatos preventores do cancro. Outros xeitos de conservar as súas propiedades son a súa cocción ao vapor ou pasalos na prancha.[2]

Grelos de Galicia

Artigo principal: Grelos de Galicia.
Grelos no mercado da Pobra do Caramiñal

O 8 de xaneiro de 2010 aprobouse o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia [3]. Recolle dúas variedades ou ecotipos, de Santiago e de Lugo.

Produción en Galicia

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia arredor de 100.000 toneladas de grelos.[2] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas dedicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do gando.[2]

No ano 2004, segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[2] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[2] A temporada do grelo é de outubro a febreiro.

A produción actual de grelos non só se comercializa en fresco, hai empresas que ofrecen os grelos en conserva, conxelados e deshidratados.

Os grelos na cultura popular galega

Nabo,
nabiza e grelo,
trindade do galego.

Probou a vella os grelos
e lambeuse os dedos.

Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal;
non chas quero, non chas quero,
que me poden facer mal.

Patacas novas,
lacon con grelos,
repolo de Betanzos
e máis xurelos.

Notas

  1. A RAG acepta o termo "greleiro" El Correo Gallego, 28/01/2008 (en castelán) Consultada 0 28/1/2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español El Progreso (en galego) Consultada o 25/03/2020.
  3. DOG nº 4, de 8.01.2010. O rexistro europeo xa fora establecido por Regulamento 1029/2009, de 29 de outubro (DOUE 283, de 30.10.2009).

Véxase tamén

Ouros artigos

Ligazóns externas