Vilaboa, Vilaboa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
{{Parroquia
{{Parroquia
|nome = San Martiño de Vilaboa
|nome = San Martiño de Vilaboa
|imaxe = Vilaboa.jpg
|imaxe = Igrexa_de_San_Martiño_de_Vilaboa.jpg
|lenda = igrexa parroquial
|lenda = igrexa parroquial

|mapa =
|mapa =
|concello = Vilaboa
|concello = Vilaboa
Liña 12: Liña 13:
|entidades = 17
|entidades = 17
}}
}}
'''San Martiño de Vilaboa''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Vilaboa]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 1.688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.775 habitantes.
'''San Martiño de Vilaboa''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Vilaboa]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en [[1999]]. Ten dezasete entidades de poboación.

== Patrimonio ==
== Patrimonio ==
Liña 22: Liña 23:

En [[Acuña, Vilaboa, Vilaboa|Acuña]] hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.<br/>O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de [[granito]], data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do [[purgatorio]] son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

[[Ficheiro:Vilaboa, peto ánimas 02-03a.jpg|dereita|miniatura|300px|Peto de ánimas do Toural]]
[[Ficheiro:Vilaboa, peto ánimas 02-03a.jpg|dereita|miniatura|300px|Peto de ánimas do Toural.]]
O [[peto de ánimas]] do Toural está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente [[Francisco de Asís]]).

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2020 ás 17:06

San Martiño de Vilaboa
igrexa parroquial
ConcelloVilaboa
Coordenadas42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324Coordenadas: 42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324
Área13,44 km²
Poboación1.688 hab. (2013)
Densidade125,6 hab./km²
Entidades de poboación17
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en 1999. Ten dezasete entidades de poboación.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un lintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela contigua á sancristía. A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.imaxe requirida

Hórreo da reitoral.

A casa reitoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun canastro do século XVIII de 36 pés.

En Acuña hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.
O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de granito, data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

Peto de ánimas do Toural.

O peto de ánimas do Toural está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).

Petróglifo de Chan dos Areeiros.

No límite coa parroquia de Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[1], con inscricións medievais.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Vilaboa

Lugares da parroquia de Vilaboa no concello pontevedrés de Vilaboa

Acuña | A Carballeira | Casal de Santa | Casanova | O Castenlo | Cavada Chan | Cimadevila | Coruxeiro | A Graña | Novás | Outeiro do Gato | O Outeiro | Paredes | Postemirón | A Regueira | O Río | O Toural

Parroquias de Vilaboa

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén

Outros artigos