Clara Zetkin: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Personalidades do feminismo; engado a Categoría:Feministas de Alemaña mediante HotCat |
Ao igual que coa súa compañeira Kollontai, hai unha clara distorsión da súa personalidade. Ningunha das dúas foron feministas, nin se consideraron como tal (daquela xa existía o nome, non é algo que lle fose alleo). De feito, nos seus escritos criticaron o movemento feminino burgués (feminismo). Deixaron moi claro o carácter antagónico dos intereses que había entre as mulleres burguesas e as proletarias, no caso de Zetkin só hai que ler "Só coa muller proletaria triunfará o socialismo". |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
{{biografía}} |
{{biografía}} |
||
[[Ficheiro:Zetkin luxemburg1910.jpg|miniatura|200px|dereita|Clara Zetkin (esquerda) e Rosa Luxemburg, en 1910.]] |
[[Ficheiro:Zetkin luxemburg1910.jpg|miniatura|200px|dereita|Clara Zetkin (esquerda) e Rosa Luxemburg, en 1910.]] |
||
'''Clara Zetkin''', nada como '''Clara Eißner''' en [[Wiederau]], [[Saxonia]] o [[5 de xullo]] de [[1857]] e finada en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]], o [[20 de xuño]] de [[1933]], foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá |
'''Clara Zetkin''', nada como '''Clara Eißner''' en [[Wiederau]], [[Saxonia]] o [[5 de xullo]] de [[1857]] e finada en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]], o [[20 de xuño]] de [[1933]], foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá. Até 1917, militou no [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD), despois uníuse ó [[Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña]] (USPD) na súa á esquerda, a [[Liga Espartaquista]], que se tornaría posteriormente [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD), ó que representaría no [[Reichstag]] durante a [[República de Weimar]] de 1920 a 1933. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de [[Otto von Bismarck]] en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en [[Zúric]] cara a 1882, e finalmente se dirixiu a [[París]]. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da [[II Internacional]]. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928. |
Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de [[Otto von Bismarck]] en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en [[Zúric]] cara a 1882, e finalmente se dirixiu a [[París]]. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da [[II Internacional]]. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928. |
||
Zetkin, canda [[Rosa Luxemburg]], foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses [[Revisionismo marxista|revisionistas]] de [[Eduard Bernstein]]. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino |
Zetkin, canda [[Rosa Luxemburg]], foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses [[Revisionismo marxista|revisionistas]] de [[Eduard Bernstein]]. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino. |
||
De 1891 a 1917 editou o xornal |
De 1891 a 1917 editou o xornal do SPD ''[[Die Gleichheit]]'' (Igualdade). Ela decidiu por vez primeira, en [[1910]]<ref>[http://socialistworker.org/2011/03/08/womens-place-in-the-revolution A woman's place is in the revolution], socialistworker.org {{en}}.</ref>, que o [[8 de marzo]] fose o "[[Día da Muller Traballadora|Día Internacional da Muller]]". |
||
Durante a [[I Guerra Mundial]], Zetkin, canda a [[Karl Liebknecht]], [[Rosa Luxemburg]] e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada ''[[Burgfrieden]]'', que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en [[Berlín]] en [[1915]]. |
Durante a [[I Guerra Mundial]], Zetkin, canda a [[Karl Liebknecht]], [[Rosa Luxemburg]] e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada ''[[Burgfrieden]]'', que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en [[Berlín]] en [[1915]]. |
Revisión como estaba o 14 de marzo de 2020 ás 12:26
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Clara Eißner 5 de xullo de 1857 Königshain-Wiederau (pt) |
Morte | 20 de xuño de 1933 (75 anos) Arkhangelskoye, Rusia (en) |
Lugar de sepultura | Necrópole da muralla do Kremlin |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña República de Weimar Imperio Alemán Unión Soviética |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | política , suffragette , editora literaria , mestra , activista pola paz , xornalista , activista polos dereitos das mulleres , escritora |
Partido político | Partido Comunista de Alemaña Partido Socialdemócrata de Alemaña Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Compañeiro profesional | Henriëtte van der Mey (1904–) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Friedrich Zundel (1899–1928) Ossip Zetkin |
Parella | Ossip Zetkin (pt) (1850–1889) |
Fillos | Maxime Zetkin (pt) () Ossip Zetkin (pt) Kostja Zetkin (en) () Ossip Zetkin (pt) |
Premios | |
Clara Zetkin, nada como Clara Eißner en Wiederau, Saxonia o 5 de xullo de 1857 e finada en Arkhangelskoie, preto de Moscova, o 20 de xuño de 1933, foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá. Até 1917, militou no Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), despois uníuse ó Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) na súa á esquerda, a Liga Espartaquista, que se tornaría posteriormente Partido Comunista de Alemaña (KPD), ó que representaría no Reichstag durante a República de Weimar de 1920 a 1933.
Traxectoria
Naceu como Clara Eissner en Wiederau, Saxonia. O seu pai, Gottfried Eissner, era mestre de escola e organista da igrexa, e a súa nai, Josephine Vitale Eissner, pertencía a unha familia burguesa de Leipzig.
En 1874, tras finaliza-los seus estudos para ser profesora, Zetkin entrou en contacto co movemento obreiro e feminino en Alemaña. En 1878 uníuse ó Partido Socialista dos Traballadores (Sozialistische Arbeiterpartei, SAP). O partido fundárase en 1875 da unión de dous partidos: o Allgemeiner Deutscher Arbeiterverein (ADAV) fundado por Ferdinand Lassalle e o Sozialdemokratische Arbeiterpartei Deutschlands de August Bebel e Wilhelm Liebknecht. En 1890 mudou o nome polo aínda actual Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD).
Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de Otto von Bismarck en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en Zúric cara a 1882, e finalmente se dirixiu a París. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da II Internacional. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928.
Zetkin, canda Rosa Luxemburg, foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses revisionistas de Eduard Bernstein. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino.
De 1891 a 1917 editou o xornal do SPD Die Gleichheit (Igualdade). Ela decidiu por vez primeira, en 1910[1], que o 8 de marzo fose o "Día Internacional da Muller".
Durante a I Guerra Mundial, Zetkin, canda a Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada Burgfrieden, que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en Berlín en 1915.
En 1916 Zetkin foi unha das cofundadoras da Liga Espartaquista e do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) que se escindiu do SPD en protesta pola súa posición a prol da guerra. En xaneiro de 1919, despois da Revolución alemá de novembro de 1918, a Liga Espartaquista abandonou o seo do USPD para, canda outros grupos, forma-lo Partido Comunista de Alemaña (KPD); Zetkin representou o partido de 1920 a 1933 no Reichstag. En 1920 entrevistou a Vladimir Lenin sobre a "cuestión feminina"[2].
Até 1924 Zetkin foi membro da oficina central do KPD, de 1927 a 1929 foino do comité central do partido. Foi membro, tamén, do comité executivo da Internacional Comunista (a Comintern ou III Internacional) de 1921 a 1933. En 1925 foi elixida presidenta da asociación Rote Hilfe (Axuda Vermella). En 1932, como presidenta do Reichstag ó se-lo membro de máis idade, fixo un chamamento para combate-lo nazismo.
Cando Adolf Hitler tomou o poder, o Partido Comunista foi prohibido despois do incendio do Reichstag en 1933, polo que Zetkin viuse obrigada a se exiliar, desta vez á Unión Soviética, onde finou en Arkhangelskoie, preto de Moscova o 20 de xuño de 1933.
Galería de imaxes
-
Clara Zetkin.
-
Monumento en Dresden.
-
Billete de 10 marcos da RDA.
Notas
- ↑ A woman's place is in the revolution, socialistworker.org (en inglés).
- ↑ Lênin e o Movimento Feminino, Arquivo Marxista en Internet (en portugués).