O Gaiteiro de Lugo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
Fundouse grazas ao traballo do impresor e activista cultural [[Manuel Soto Freire]] e logo en [[1889]] pasou a mans de [[Gerardo Castro Montoya]], continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior.
Fundouse grazas ao traballo do impresor e activista cultural [[Manuel Soto Freire]] e logo en [[1889]] pasou a mans de [[Gerardo Castro Montoya]], continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior.


Os primeiros números era case exclusivamente en [[lingua castelá|castelán]] agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de [[1936]] por iniciativa de [[Xosé Filgueira Valverde]] publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do [[franquismo]]. En [[1963]] Gerardo Castro vendeu o calendario a ''La Región'' que o seguiu publicando ata [[1973]]. En [[1996]] a [[Deputación de Lugo]] decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. [[Antonio Noriega Varela]] foi un colaborador habitual.
Os primeiros números era case exclusivamente en [[lingua castelá|castelán]] agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de [[1936]] por iniciativa de [[Xosé Filgueira Valverde]] publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do [[franquismo]]. En [[1963]] Gerardo Castro vendeu o calendario a ''[[La Región]]'' que o seguiu publicando ata [[1973]]. En [[1996]] a [[Deputación de Lugo]] decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. [[Antonio Noriega Varela]] foi un colaborador habitual.


Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como ''[[O Mintireiro Verdadeiro]]'' permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do [[franquismo]].
Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como ''[[O Mintireiro Verdadeiro]]'' permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do [[franquismo]].

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2020 ás 11:09

Edición para 1892 do Calendario Gallego

O Gaiteiro de Lugo é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de Calendario de Galicia e máis adiante Calendario Gallego, non foi ata 1927 cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.

Historia

Fundouse grazas ao traballo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e logo en 1889 pasou a mans de Gerardo Castro Montoya, continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome, que continuaron a numeración e estilo do anterior.

Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de 1936 por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do franquismo. En 1963 Gerardo Castro vendeu o calendario a La Región que o seguiu publicando ata 1973. En 1996 a Deputación de Lugo decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares. Antonio Noriega Varela foi un colaborador habitual.

Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como O Mintireiro Verdadeiro permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do franquismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas