María Ramallo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 2: Liña 2:
|imaxe=María Ramallo, José Ramón Lete Lasa sinatura acordo Xunta-concello Marín.jpg
|imaxe=María Ramallo, José Ramón Lete Lasa sinatura acordo Xunta-concello Marín.jpg
|pé=María Ramallo con [[José Ramón Lete]], secretario xeral para o Deporte da Xunta, asinando un acordo.}}
|pé=María Ramallo con [[José Ramón Lete]], secretario xeral para o Deporte da Xunta, asinando un acordo.}}
'''María Pilar Ramallo Vázquez''', nada o [[12 de agosto]] de [[1970]] en [[Marín]], é unha política [[Galicia|galega]] do [[PPdeG]], dende maio de [[2011]] alcaldesa de [[Marín]] e deputada no [[Congreso dos Deputados]] en dúas lexislaturas.
'''María Pilar Ramallo Vázquez''', nada o [[12 de agosto]] de [[1970]] en [[Marín]], é unha política [[Galicia|galega]] do [[PPdeG]], dende maio de [[2011]] alcaldesa de [[Marín]] e deputada no [[Congreso dos Deputados]] en dúas lexislaturas.p

Es una mala persona y no nos quiere


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2020 ás 18:12

María Ramallo
María Ramallo con José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta, asinando un acordo.
Nacemento12 de agosto de 1970
Lugar de nacementoMarín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica
Na rede
Twitter: MariaRamallov Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega do PPdeG, dende maio de 2011 alcaldesa de Marín e deputada no Congreso dos Deputados en dúas lexislaturas.p

Es una mala persona y no nos quiere

Traxectoria

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ingresou no Partido Popular, formación coa que optou como concelleira ás eleccións locais de 1995 polo concello de Marín. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En 1999 non repite como concelleira e comeza a traballar na Delegación do Goberno en Galicia primeiro, e logo na Xunta de Galicia como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do Partido Popular.

Papeleta do PP nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019.

Nas eleccións locais de 2003 saíu elixida de novo concelleira e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En 2008 concorreu nas listas do PP ás eleccións xerais e saíu escollida deputada pola provincia de Pontevedra. En 2009 concorreu nas listas do PP ás eleccións galegas onde sae escollida deputada autonómica.

O presidente Alberto Núñez Feijóo nomeouna presidenta da Autoridade Portuaria de Marín, e dous anos máis tarde presentouse como cabeza de lista do Partido Popular ás eleccións municipais en Marín, onde obtivo a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.

Nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019 foi de cabeza de lista do PP pola Provincia de Pontevedra, obtendo, de novo, un escano no Congreso dos Deputados.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Francisco Veiga Soto
 
Alcaldesa de Marín
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo