Diferenzas entre revisións de «18ª edición dos Premios Mestre Mateo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
A '''18ª edición dos Premios Mestre Mateo''' galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2019 e celebrouse o [[7 de marzo]] de [[2020]]. Durante a cerimonia, a [[Academia Galega do Audiovisual]] presentou os [[Premios Mestre Mateo]] en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no [[Palacio da Ópera da Coruña]] e estivo presentada por [[Patricia Vázquez]].<ref>{{Cita novas|url=https://praza.gal/cultura/hierro-quen-a-ferro-mata-e-o-que-arde-lideran-as-candidaturas-aos-mestre-mateo|título='Hierro', 'Quen a ferro mata' e 'O que arde' lideran as candidaturas aos Mestre Mateo|xornal=Praza.gal|data=10 de febreiro de 2020|dataacceso=11 de febreiro de 2020}}</ref> Os nomeados foron anunciados o [[10 de febreiro]] de [[2020]].
 
''[[Hierro]]'', a serie dirixida por [[Jorge Coira]], contou con 16 nomeamentos, seguida das longametraxes ''[[Quen a ferro mata]]'', dirixida por [[Paco Plaza]] con quince e ''[[O que arde]]'' de [[Óliver Laxe]], con doce. ''[[Eroski Paraíso]]'' obtivo sete nomeamentos e a serie ''[[A estiba]]'', seis. ''O que arde'' foi o gañador da cerminonia, conseguindo seis premios, entre eles o de [[Premio Mestre Mateo ó mellor filme|mellor filme]], mellor director e mellor fotografía. ''Hierro'' conseguiu catro galardóns, os de mellor serie, dirección de produción e guión e música orixinal, ''Quen a ferro mata'' obtivo tres galardóns, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria e mellor maquillaxe e peiteado.<ref>{{Cita novas|url=https://praza.gal/cultura/o-que-arde-vence-nos-mestre-mateo-con-seis-premios-entres-eles-mellor-longametraxe-e-mellor-direccion|título=‘O que arde’ vence nos Mestre Mateo con seis premios, entres eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección|xornal=Praza.gal|data=8 de marzo de 2020|dataacceso=8 de marzo de 2020}}</ref>
 
== Premios ==
272.507

edicións

Menú de navegación