Club Atlético de Madrid: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
add
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 398: Liña 398:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.clubatleticodemadrid.com Páxina oficial] {{Es}}
* [https://web.archive.org/web/20131010091115/http://catalogo@clubatleticodemadrid.com/ Páxina oficial] {{Es}}
* [http://www.sdehumo.net Asociación Señales de Humo] {{Es}} Asociación de afeccionados do Atlético de Madrid
* [http://www.sdehumo.net Asociación Señales de Humo] {{Es}} Asociación de afeccionados do Atlético de Madrid



Revisión como estaba o 8 de marzo de 2020 ás 02:40

Atlético de Madrid
NomeClub Atlético de Madrid, S.A.D.
Alcume(s)Colchoeiros[1]
Fundación26 de abril de 1903
EstadioWanda Metropolitano,
Madrid, España
Inauguración16 de setembro de 2017
Capacidade67.829
PresidenteEspaña Enrique Cerezo
Adestrador Diego Simeone
LigaPrimeira División
2018–19
VestimentaNike
Na rede
http://www.clubatleticodemadrid.com/
Facebook: AtleticodeMadrid Twitter: Atleti Instagram: atleticodemadrid TikTok: atleticodemadrid Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Club Atlético de Madrid S.A.D., coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é un club de fútbol español, da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.

O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (10), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.

Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca e vermella a franxas verticais, pantalón azul e medias vermellas cunha franxa branca.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris, pantalón gris e medias grises.

Estadio

Estadio Metropolitano.
Artigo principal: Estadio Metropolitano.

O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Metropolitano, coñecido por motivos de patrocinio como Wanda Metropolitano, propiedade do club. Inaugurado o 16 de setembro de 2017, ten unha capacidade de 67.829 espectadores. Ata 2017 xogaba no Estadio Vicente Calderón, inaugurado en 1966, e anteriormente no Estadio Metropolitano de Madrid.

O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.

Datos do club

  • Tempadas en : 82 (Incluída a 2018/19)
  • Tempadas en : 6
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 0

Últimas tempadas

Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC RE UEFA
1989/90 1/8 1/38
1990/91 Campión 1/32
1991/92 Campión 1/4
1992/93 1/8 Semifinal
1993/94 12º 1/8 1/16
1994/95 14º 1/4
1995/96 Campión Campión
1996/97 1/4 1/4
1997/98 1/8 Semifinal
1998/99 13º Subcampión Semifinal
1999/00 19º Subcampión 1/8
2000/01 Semifinal
2001/02 1/32
Tempada Categoría Posición Copa do Rei LC UEFA
2002/03 12º 1/4
2003/04 1/4
2004/05 11º Semifinal 1/16
2005/06 10º 1/8
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/8 1/8
2009/10 Subcampión Campión
2010/11 1/16
2011/12 1/16 Campión
2012/13 Campión 1/16
2013/14 Campión 1/2 Subcampión
2014/15 1/4 1/4

Xogadores

Cadro actual

Actualizado a 31 de agosto de 2016.

Posto País Xogador
1 POR España Miguel Ángel Moyá
2 DEF Uruguai Diego Godín Capitán
3 DEF Filipe Luís
5 MED Portugal Tiago Mendes
6 MED España Koke Capitán
7 MED Francia Antoine Griezmann
8 MED España Saúl Ñíguez
9 DIA España Fernando Torres
10 MED Bélxica Yannick Carrasco
11 DIA Ángel Correa
12 MED Augusto Fernández
13 POR Eslovenia Jan Oblak
Posto País Xogador
14 MED España Gabi Fernández Capitán
15 DEF Stefan Savić
16 DEF Croacia Šime Vrsaljko
17 MED Italia Alessio Cerci
19 DEF Francia Lucas Hernández
20 MED España Juanfran
21 DIA Francia Kévin Gameiro
22 MED Thomas Partey
23 MED Nicolás Gaitán
24 DEF Uruguai José Giménez
25 POR Portugal André Moreira
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Atlético de Madrid B e como tales, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Historia

Xogadores míticos

Presidencia

O actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.

Palmarés

Torneos rexionais

Torneos nacionais

Torneos internacionais

Filial

Artigo principal: Club Atlético de Madrid B.

Notas

  1. Televisión de Galicia (12/07/2014). "Mandzukic exerce xa como colchoeiro". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2014. Consultado o 01/12/2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas