Iván Area: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m periódica
Liña 13: Liña 13:


=== Xestión universitaria ===
=== Xestión universitaria ===
Ten desempeñado distintos cargos en política e xestión universitaria. Entre eles, foi subdirector da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo; foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo<ref name="LaRegion 22032009"/> desde xuño de 2006 até a xuño de 2010. Entre outras, competencias en materia de política lingüística, mobilidade, gabinete de prensa, captación de estudantes, cátedras con empresas e institucións, orientación ao emprego, iniciativas empresariais, centro de linguas ou patrimonio cultural inmaterial. Tamén foi subdirector da E.E. Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia.
Ten desempeñado distintos cargos en política e xestión universitaria. Entre eles, foi subdirector da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo; foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo<ref name="LaRegion 22032009"/> desde xuño de 2006 até a xuño de 2010. Entre outras, competencias en materia de política lingüística, mobilidade, gabinete de prensa, captación de estudantes, cátedras con empresas e institucións, orientación ao emprego, iniciativas empresariais, centro de linguas ou patrimonio cultural inmaterial. Tamén foi subdirector da E.E. Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia, desde onde se coordinan as probas e o acceso á universidade.


Desde 2017 é o Secretario Xeral do Comité Directivo do [[CIMPA]] (Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas)<ref>{{cita web |url=https://www.cimpa.info/en/steering_committee |dataacceso=30-11-2019 |título=Steering committee |lingua=en |páxina-web=CIMPA}}</ref>, centro [[UNESCO]] de categoría 2 que ten como misión a promoción das matemáticas en países en desenvolvemento. Con anterioridade foi membro do Comité de Orientación e Pilotaxe do dito organismo desde o ano 2010.
De 2017 a 2020 foi o Secretario Xeral do Comité Directivo do [[CIMPA]] (Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas)<ref>{{cita web |url=https://www.cimpa.info/en/steering_committee |dataacceso=30-11-2019 |título=Steering committee |lingua=en |páxina-web=CIMPA}}</ref>, centro [[UNESCO]] de categoría 2 que ten como misión a promoción das matemáticas en países en desenvolvemento. Con anterioridade foi membro do Comité de Orientación e Pilotaxe do dito organismo desde o ano 2010.


Foi coordinador xeral do proxecto Ronsel<ref name="LaRegion 22032009">{{cita novas |url=https://www.laregion.es/articulo/ourense/ivan-area-carracedo-71-universitarios-titulados-atopan-traballo-menos-meses/20090323105425080855.html |xornal=[[La Región]] |lugar=Ourense |título=Iván Area Carracedo: O 71% dos universitarios titulados atopan traballo en menos de seis meses |data=22-3-2009 |dataacceso=30-11-2019}}</ref> de salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, asinado entre a [[Xunta de Galicia]] e as tres universidades galegas, tema no que ten publicado distintos artigos e realizado comunicacións en congresos.
Foi coordinador xeral do proxecto Ronsel<ref name="LaRegion 22032009">{{cita novas |url=https://www.laregion.es/articulo/ourense/ivan-area-carracedo-71-universitarios-titulados-atopan-traballo-menos-meses/20090323105425080855.html |xornal=[[La Región]] |lugar=Ourense |título=Iván Area Carracedo: O 71% dos universitarios titulados atopan traballo en menos de seis meses |data=22-3-2009 |dataacceso=30-11-2019}}</ref> de salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, asinado entre a [[Xunta de Galicia]] e as tres universidades galegas, tema no que ten publicado distintos artigos e realizado comunicacións en congresos.

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2020 ás 09:08

Infotaula de personaIván Area
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Director de teseEduardo Godoy Malvar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , gaiteiro , matemático , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo, catedrático de universidade (2022–)
Universidade de Vigo, professor associado (pt) Traducir (2002–2022)
Universidade de Vigo, professor associado (pt) Traducir (2000–2002)
Universidade de Vigo, professor assistente (pt) Traducir (1999–2000)
Universidade de Santiago de Compostela, professor assistente (pt) Traducir (1998–1999)
Universidade de Vigo, professor assistente (pt) Traducir (1995–1998)
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoFatemeh Soleyman (en) Traducir, Jorge Losada (en) Traducir e Jean-Daniel Djida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Area Carracedo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3050044

Iván Carlos Area Carracedo, nado en Ourense en 1971 é un matemático, gaiteiro e político galego.

Traxectoria

Formación e experiencia como docente

Licenciouse en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1989-1994) e obtivo o doutoramento en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1999[1], baixo a dirección do profesor Eduardo Godoy Malvar[2], obtendo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude e o premio extraordinario de doutoramento.

No ano 2000 obtivo a praza de profesor titular de Universidade, adscrito ao Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo[3][4] .

Ten recibido distintos premios e mencións polo seu labor docente, entre outros o Premio ao profesor mellor valorado de primeiro ciclo dos estudos de Enxeñaría de Telecomunicación (anos 2000, 2001 e 2002), e os recoñecementos por parte da Escola de Enxeñaría Industrial á excelente avaliación docente dos cursos 2011-12 ao 2013-14. Así mesmo, é autor de varios manuais de matemáticas en galego para estudantes de primeiro curso de ensinanzas técnicas. Tamén é autor de máis de oitenta artigos científicos][5] en revistas de recoñecido prestixio indexadas no Journal Citation Reports (JCR), dos que no 2019 máis de trinta son de artigos no primeiro tercil e máis de vinte e cinco no primeiro cuartil Q1.

Os seus traballos de investigación inclúen polinomios ortogonais de variable discreta; polinomios ortogonais con respecto a un produto escalar de tipo Sobolev; polinomios ortogonais en varias variables; funcións especiais; ceros de polinomios ortogonais; cálculo fraccionario; cálculo fraccionario discreto; modelos epidemiolóxicos e bioinformática.

Xestión universitaria

Ten desempeñado distintos cargos en política e xestión universitaria. Entre eles, foi subdirector da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo; foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo[6] desde xuño de 2006 até a xuño de 2010. Entre outras, competencias en materia de política lingüística, mobilidade, gabinete de prensa, captación de estudantes, cátedras con empresas e institucións, orientación ao emprego, iniciativas empresariais, centro de linguas ou patrimonio cultural inmaterial. Tamén foi subdirector da E.E. Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia, desde onde se coordinan as probas e o acceso á universidade.

De 2017 a 2020 foi o Secretario Xeral do Comité Directivo do CIMPA (Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas)[7], centro UNESCO de categoría 2 que ten como misión a promoción das matemáticas en países en desenvolvemento. Con anterioridade foi membro do Comité de Orientación e Pilotaxe do dito organismo desde o ano 2010.

Foi coordinador xeral do proxecto Ronsel[6] de salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, asinado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, tema no que ten publicado distintos artigos e realizado comunicacións en congresos.

Formación e experiencia como gaiteiro

Comezou a súa formación como gaiteiro a comezos dos anos oitenta na “Escola de Gaitas da Deputación de Ourense” naquela altura dirixida por Manuel Brañas Méndez.

Formou parte do grupo “Gaiteiros da Ponte Vella” cos que gravou Marcha do meu pobo[8], onde aparecen recollidas gravacións de campo realizadas ao gaiteiro trasmirao Francisco Villarino Ojea, coñecido como Paco de Escornabois, ademais das interpretacións do grupo.

Foi membro do grupo “Bate Certo”[9], desde os seus comezos até a súa disolución coa gravación ao vivo, no Café Cultural Auriense, do CD “Projecto Entropia”.

Ten impartido diversas conferencias por toda Galicia, ademais de numerosos concertos como gaiteiro solista. Até o ano 1996 foi asiduo de concursos nos que acadou diversos premios como solista e tamén coas distintas formacións nas que participou. En particular, foi finalista do Trofeo MacAllan (Festival Interceltique de Lorient) nos anos 1988, 1989, 1990, 1994 e 1995, obtendo varios segundos premios. Desde ese ano foi xurado habitual de distintos concursos de música tradicional.

Participou na elaboración do libro-CD Doce Polainas Enteiras[10], obra de José Presedo e Astrid Filgueira, editado por Edicións do Cumio. Igualmente, formou parte do equipo de investigación do libro Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional[11], coordinado por Cástor Castro e editado por Difusora de Artes, Letras e Ideas, no ano 2005. Ten tamén participado en outras gravacións e traballos sempre relacionados co mundo da música tradicional. Tamén formou parte da “Aula de Gaiteiros Gomes Mouro” e de “Zigue Zague” de Ourense.

Entre o 2001 e o 2006 foi colaborador no programa Lume na palleira dentro do espazo “O recuncho da palleta”[12].

Por fin, foi vice-presidente da "Asociación de Gaiteiros Galegos” entre os anos 2003 e 2006.

Traxectoria política

Foi nas listas do Bloque Nacionalista Galego nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009[13] e nas Eleccións Municipais de 2011 á alcaldía de Ourense[14].

Vida persoal

É irmán do psiquiatra Ramón Area Carracedo.

Obra

Manuais de ensinanza

Artigos científicos

  • Area Carracedo, Iván; Masjed-Jamei, M.; Soleyman, F.; Nieto, J.J. (2018). "Two finite q-sturm-liouville problems and their orthogonal polynomial solutions". Filomat (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Branquinho, A.; Moreno, A.F.; Godoy,, E. (2018). "Orthogonal Polynomial Interpretation of q-Toda and q-Volterra Equations". Bulletin of the Malaysian Mathematical Sciences Society (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Masjed-Jamei, M.; Moalemi, Z.; Nieto, J.J. (2018). "A new type of Taylor series expansion". Journal of Inequalities and Applications (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Prado, X.; Paredes, A.; Edelstein, J.D.; Mira, J. (2018). "Archimedes meets Einstein: A millennial geometric bridge". European Journal of Physics (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Soleyman, F.; Sadjang, P.N.; Masjed-Jamei, M. (2018). "(p,q)-Sturm-Liouville problems and their orthogonal solutions". Mathematical Methods in the Applied Sciences (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Ndaïrou, F.; Nieto nome3=J.J.; Silva, C.J.; Torres, D.F.M. (2018). "Mathematical modeling of Zika disease in pregnant women and newborns with microcephaly in Brazil". Mathematical Methods in the Applied Sciences (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Torres, D.F.M.; Silva, C.; Silva, C.J. (2019). "The Portuguese Meeting in Biomathematics". Statistics, Optimization and Information Computing (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Nieto, J.J. (2019). "Nonlocal time porous medium equation with fractional time derivative". Revista Matematica Complutense (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Nieto, J.J. (2019). "Nonlocal time-porous medium equation: Weak solutions and finite speed of propagation". Discrete and Continuous Dynamical Systems - Series B (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Mophou, G. (2019). "Optimal Control of Diffusion Equation with Fractional Time Derivative with Nonlocal and Nonsingular Mittag-Leffler Kernel". Journal of Optimization Theory and Applications (en inglés). 

Outras obras

Notas

  1. "Tesis doctorales: Teseo. Ficha de tesis". www.educacion.gob.es (en castelán). 18-10-1999. Consultado o 28-7-2019. 
  2. "Iván Carlos Area Carracedo - The Mathematics Genealogy Project". genealogy.math.ndsu.nodak.edu. Consultado o 2019-07-28. 
  3. "Iván Area Carracedo". Universidade de Vigo (en castelán). Consultado o 30-11-2019. 
  4. "Departamento de Matemática Aplicada II". Universidade de Vigo. Consultado o 30-11-2019. 
  5. "Scopus preview. Author details. Area, Iván". Scopus (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  6. 6,0 6,1 "Iván Area Carracedo: O 71% dos universitarios titulados atopan traballo en menos de seis meses". La Región (Ourense). 22-3-2009. Consultado o 30-11-2019. 
  7. "Steering committee". CIMPA (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  8. Gaiteiros da Ponte Vella (1994). Marcha do meu pobo. BNE (casete) (Barcelona: Bias Records). Consultado o 30-11-2019. 
  9. "Grupo de Música Tradicional Bate Certo: Projecto Entropía". Jerónimo Pérez Paz. Aficiones y experiencias (en castelán). 6-5-2015. Consultado o 30-11-2019. 
  10. "Doce polainas enteiras (NOVO PREZO!)". Cumio. Consultado o 30-11-2019. 
  11. "«Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional»". Difusora de Artes, Letras e Ideas S.L. Consultado o 30-11-2019. 
  12. "Ouvirmos premio «O recuncho da Palleta» 2004". Ouvirmos. 22-11-2005. Consultado o 30-11-2019. 
  13. "Ana Miranda encabezará la candidatura del BNG a las europeas". Diario de Pontevedra (en castelán). 25-4-2009. Consultado o 30-11-2019. 
  14. Del Caño, X.M. (15-5-2011). "El BNG aspira a reeditar el bipartito, con competencias en Cultura, Termalismo y Tráfico". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 30-11-2019.