Eduard del Castillo Velasco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 33: Liña 33:
* ''[[As valgadas bravas]]'' (título orixinal: ''Els sots feréstecs''), de Raimon Casellas. [[Editorial Hugin e Munin]], 2012.<ref>[http://www.huginemunin.com/?wpsc-product=as-valgadas-bravas ''As valgadas bravas''], ficha na web de Hugin e Munin.</ref>
* ''[[As valgadas bravas]]'' (título orixinal: ''Els sots feréstecs''), de Raimon Casellas. [[Editorial Hugin e Munin]], 2012.<ref>[http://www.huginemunin.com/?wpsc-product=as-valgadas-bravas ''As valgadas bravas''], ficha na web de Hugin e Munin.</ref>
* Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En ''Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus''. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
* Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En ''Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus''. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
* ''Palabras de Opoton O Vello'', de Avel·lí Artís-Gener. Xerais, [[2020]].


==== Do galego ao catalán ====
==== Do galego ao catalán ====

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2020 ás 19:48

Infotaula de personaEduard del Castillo Velasco

Eduard del Castillo nunha fotografía de 2012
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , catedrático , tradutor , Catalan teacher (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

AELG: 510


Eduard del Castillo Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo, tradutor e escritor catalán vinculado ás culturas catalá e galega.

Traxectoria

É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universitat de Barcelona, onde colaborou no Proxecto Galauda dirixido por Sabela Labraña.[1] Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.

Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (Ergac), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.

En 2011 comezou a traballar no ILG[2] e publicou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro.[3] Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz.[4][5] En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.

No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa. Dende xuño de 2016 ata 2018 xestionou, xunto a poeta Alicia Fernández, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, de Compostela, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo.[6] En 2017 instálase en Cataluña, onde exerce a docencia.

A súa andaina como escritor en galego comeza con dous títulos premiados, Ruído de trens e O filósofo coxo. En 2019 publica a súa primeira novela, Os días felices de Benvido Seixas, unha novela que, segundo a sinopse, "enreda cos tópicos da cultura galega".

Obra

Nunha charla sobre a lingua catalá no Centro Social A Revira (Pontevedra)

Poesía

Narrativa

Tradución

Do catalán ao galego

  • Pan negro (título orixinal: Pa negre), de Emili Teixidor. Fundación Vicente Risco, 2011.
  • As valgadas bravas (título orixinal: Els sots feréstecs), de Raimon Casellas. Editorial Hugin e Munin, 2012.[7]
  • Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
  • Palabras de Opoton O Vello, de Avel·lí Artís-Gener. Xerais, 2020.

Do galego ao catalán

  • "Cos de mudances" (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
  • "El pes del meu desig" (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
  • El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013.

Obras colectivas

Artigos

  • "O indruvidismo: unha filosofía esquecida", Cincocentas peneiras para 25 anos. Ponteareas: Edicións Alén-Miño, 2010.[8]
  • “Sobre a tradución ao galego de Pa negre”. Viceversa: revista galega de tradución, 17-18 (2011-2012), p. 175-184.
  • "Unha ollada á Galiza en liberdade", Luzes da Galiza, 47, 2011.

Premios

Notas

  1. Sabela Labraña e Eduard del Castillo presentaron conxuntamente unha comunicación en 2003 no VII Congreso Internacional da AIEG celebrado na Universidade de Barcelona, e recollido nas actas, "Catalán e galego: do coñecemento das linguas á convivencia das culturas".
  2. Como lingüista colaborou en diversos proxectos e publicacións, como o Corpus audiovisual plurilingüe (Barcelona: Edicions da Universitat de Barcelona, 2008), o libro docente Vencello do Proxecto Galauda, Bilega (en 2017) do Centro Ramón Piñeiro, entre outros.
  3. del Castillo Velasco, Eduard. "Emili Teixidor era o prodixio das palabras". Núvol (en catalán). Consultado o 2019-04-25. 
  4. Relato Cos de mudances (en catalán)
  5. Relato El pes del meu desig (en catalán)
  6. Antón Lopo bota a andar unha editorial especializada en poesía, nova en Sermos Galiza o 25 de maio de 2016.
  7. As valgadas bravas, ficha na web de Hugin e Munin.
  8. Na conta Issuu de Eduard del Castillo aparece unha publicación en autoedición con título en galego e catalán, O lonxicornio: àgora internacional de pensament indrúvid, n. 1, solstici d'estiu 2011. Nel abúndase no indruvidismo e reprodúcese o manifesto con que o autor remata a súa colaboración para Cincocentas peneiras para 25 anos.
  9. Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, nova en Cronica3.com o 28 de outubro de 2014.
  10. "Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía", nova en Sermos Galiza, o 28 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas