Irmgard Flügge-Lotz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Irmgard Lotz naceu en [[Hameln]], [[Alemaña]], o 16 de xullo de 1903.<ref name=":1">{{Cita web|título=Irmgard Flügge-Lotz|editorial=Stanford University|url=http://histsoc.stanford.edu/pdfmem/Flugge-LotzI.pdf|formato=pdf|data-acceso=24 de novembro de 2009|páxina-web=}}</ref> Despois de que o seu pai, Osark, xornalista, fóra recrutado para servizo militar na [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra mundial]], a moza Irmgard axudou á familia exercendo de profesora.<ref>{{Cita web|apelidos2=Banderas, Maria|título=Irmgard Flugge-Lotz|editorial=Agnes Scott College|data=mayo de 1977|url=http://www.agnesscott.edu/lriddle/WOMEN/lotz.htm|data-acceso=24 de noviembre de 2009|páxina-web=|apelidos=Cooper, Julie}}</ref> Durante algún tempo, practicamente foi ela o soporte da familia. Estudou matemáticas aplicadas na [[Universidade Técnica de Hannover]], diplomándose en 1927. Na universidade era a miúdo a única muller da súa clase. En 1929 obtivo o doutoramento en enxeñaría cunha tese sobre teoría matemática da condución de calor en cilindros circulares.
Irmgard Lotz naceu en [[Hameln]], [[Alemaña]], o 16 de xullo de 1903.<ref name=":1">{{Cita web|título=Irmgard Flügge-Lotz|editorial=Stanford University|url=http://histsoc.stanford.edu/pdfmem/Flugge-LotzI.pdf|formato=pdf|data-acceso=24 de novembro de 2009|páxina-web=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100706133900/http://histsoc.stanford.edu/pdfmem/Flugge-LotzI.pdf|dataarquivo=06 de xullo de 2010|urlmorta=si}}</ref> Despois de que o seu pai, Osark, xornalista, fóra recrutado para servizo militar na [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra mundial]], a moza Irmgard axudou á familia exercendo de profesora.<ref>{{Cita web|apelidos2=Banderas, Maria|título=Irmgard Flugge-Lotz|editorial=Agnes Scott College|data=mayo de 1977|url=http://www.agnesscott.edu/lriddle/WOMEN/lotz.htm|data-acceso=24 de noviembre de 2009|páxina-web=|apelidos=Cooper, Julie}}</ref> Durante algún tempo, practicamente foi ela o soporte da familia. Estudou matemáticas aplicadas na [[Universidade Técnica de Hannover]], diplomándose en 1927. Na universidade era a miúdo a única muller da súa clase. En 1929 obtivo o doutoramento en enxeñaría cunha tese sobre teoría matemática da condución de calor en cilindros circulares.


Lotz traballou no Instituto de Aerodinámica de [[Gotinga|Göttingen]], xunto con [[Ludwig Prandtl|Ludwig Prandlt]] e [[Albert Betz]]. Foi entón cando desenvolveu o "[[Método Lotz]]" para calcular a distribución da carga nas ás dun avión, técnica estándar utilizada aínda hoxe en día.<ref>{{Cita web|url=https://www.udc.es/export/sites/udc/oficinaigualdade/_galeria_down/documentos/Mulleres_nas_bibliotecasxinteractivox_def_reducido.pdf_2063069294.pdf|páxina-web=|título=Mulleres nas bibliotecas da UDC|data-acceso=15 de febreiro de 2020}}</ref> <ref name=":0">{{Cita libro|título=MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA|apelidos=Claramunt Vallespí|nome=Rosa|editorial=UNED|ano=2012|ISBN=9788436264210|ref=|apelidos2=Claramunt Vallespí|nome2=Teresa}}</ref> En 1938, casou con Wilhelm Flügge, un enxeñeiro civil, e a parella trasladouse a [[Berlín]], onde Flügge-Lotz traballou como consultora sobre Aerodinámica e Dinámica de voos. En 1947, a parella traballou en ONERA (Oficina Nacional de Estudos e Investigación Aeronáutica), en [[París]], onde Imrgard dirixiu un equipo de investigación aerodinámica até o ano 1948, en que Irmgard publicou a súa teoría do control automático, a aerodinámica e os problemas derivados da velocidade dos avións.
Lotz traballou no Instituto de Aerodinámica de [[Gotinga|Göttingen]], xunto con [[Ludwig Prandtl|Ludwig Prandlt]] e [[Albert Betz]]. Foi entón cando desenvolveu o "[[Método Lotz]]" para calcular a distribución da carga nas ás dun avión, técnica estándar utilizada aínda hoxe en día.<ref>{{Cita web|url=https://www.udc.es/export/sites/udc/oficinaigualdade/_galeria_down/documentos/Mulleres_nas_bibliotecasxinteractivox_def_reducido.pdf_2063069294.pdf|páxina-web=|título=Mulleres nas bibliotecas da UDC|data-acceso=15 de febreiro de 2020}}</ref> <ref name=":0">{{Cita libro|título=MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA|apelidos=Claramunt Vallespí|nome=Rosa|editorial=UNED|ano=2012|ISBN=9788436264210|ref=|apelidos2=Claramunt Vallespí|nome2=Teresa}}</ref> En 1938, casou con Wilhelm Flügge, un enxeñeiro civil, e a parella trasladouse a [[Berlín]], onde Flügge-Lotz traballou como consultora sobre Aerodinámica e Dinámica de voos. En 1947, a parella traballou en ONERA (Oficina Nacional de Estudos e Investigación Aeronáutica), en [[París]], onde Imrgard dirixiu un equipo de investigación aerodinámica até o ano 1948, en que Irmgard publicou a súa teoría do control automático, a aerodinámica e os problemas derivados da velocidade dos avións.

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2020 ás 14:43

Irmgard Flügge-Lotz
Nome completoIrmgard Wilhelmine Dorette Lotz
Nacemento16 de xullo de 1903
Lugar de nacementoHameln
Falecemento22 de maio de 1974
Lugar de falecementoStanford
NacionalidadeAlemaña e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Hanover
Ocupaciónmatemática, enxeñeira aeroespacial, enxeñeira e profesora universitaria
CónxuxeWilhelm Flügge
PremiosSociety of Women Engineers Achievement Award e Fellow of the American Institute of Aeronautics and Astronautics
Na rede
Find a Grave: 33949393 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Irmgard Flügge-Lotz, nada en Hamelin (Alemaña) o 16 de xullo de 1903 e finada en Stanford o 22 de maio de 1974, foi unha matemática e enxeñeira alemá, coñecida polo seu traballo en matemática da aerodinámica, e por ser a primeira muller enxeñeira profesora na Universidade Stanford.

Traxectoria

Irmgard Lotz naceu en Hameln, Alemaña, o 16 de xullo de 1903.[1] Despois de que o seu pai, Osark, xornalista, fóra recrutado para servizo militar na Primeira Guerra mundial, a moza Irmgard axudou á familia exercendo de profesora.[2] Durante algún tempo, practicamente foi ela o soporte da familia. Estudou matemáticas aplicadas na Universidade Técnica de Hannover, diplomándose en 1927. Na universidade era a miúdo a única muller da súa clase. En 1929 obtivo o doutoramento en enxeñaría cunha tese sobre teoría matemática da condución de calor en cilindros circulares.

Lotz traballou no Instituto de Aerodinámica de Göttingen, xunto con Ludwig Prandlt e Albert Betz. Foi entón cando desenvolveu o "Método Lotz" para calcular a distribución da carga nas ás dun avión, técnica estándar utilizada aínda hoxe en día.[3] [4] En 1938, casou con Wilhelm Flügge, un enxeñeiro civil, e a parella trasladouse a Berlín, onde Flügge-Lotz traballou como consultora sobre Aerodinámica e Dinámica de voos. En 1947, a parella traballou en ONERA (Oficina Nacional de Estudos e Investigación Aeronáutica), en París, onde Imrgard dirixiu un equipo de investigación aerodinámica até o ano 1948, en que Irmgard publicou a súa teoría do control automático, a aerodinámica e os problemas derivados da velocidade dos avións.

En 1948 trasladáronse á Universidade de Stanford, onde en 1961 Irmgard Flügge-Lotz converteuse na primeira profesora de enxeñaría a tempo completo da universidade.

En 1970, foi galardoada co "Premio ao logro" da Asociación de Mulleres Enxeñeiras. Tamén foi a primeira muller membro do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica, e en 1971 foi a primeira muller en ser seleccionada para dar a prestixiosa conferencia Von Karman. Aínda que se retirou en 1968, continuou a súa investigación en control por satélites, transferencia de calor e arrastre de vehículos a grandes velocidades.[4]

Flügge-Lotz morreu no Hospital de Stanford o 22 de maio de 1974, deixando máis de cincuenta artigos técnicos publicados.[1]

Traballos

  • Die Erwärmung deas Stempels beim Stauchvorgang, Dissertation TH Hannover 1929
  • Discontinuous Automatic Control, Princeton University Press 1953[5]
  • Discontinuous and Optimal Control, McGraw Hill 1968

Notas

  1. 1,0 1,1 "Irmgard Flügge-Lotz" (PDF). Stanford University. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 06 de xullo de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  2. Cooper, Julie; Banderas, Maria (mayo de 1977). "Irmgard Flugge-Lotz". Agnes Scott College. Consultado o 24 de noviembre de 2009. 
  3. "Mulleres nas bibliotecas da UDC" (PDF). Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210. 
  5. Bellman, R. (1954). "Review: Discontinuous automatic control, by I. Flügge-Lotz" 60 (4). doi:10.1090/s0002-9904-1954-09831-2. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Spreiter, J. R.; Flügge, Wilhem (1987). "Irmgard Flügge-Lotz". En Grinstein, Louise S.; Campbell, Paul J. Women of mathematics : a biobibliographic sourcebook (en inglés). Nova York: Greenwood Press. pp. 33–40. ISBN 978-0-313-24849-8. 

Ligazóns externas