Dupondio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 10: Liña 10:
== No Imperio ==
== No Imperio ==
[[Ficheiro:Dupondius-Livia-RIC 0043v.jpg|miniatura|esquerda|'''Dupondio''' emitido no reinado de [[Tiberio]], coa imaxe da súa nai, [[Livia Drusila|Livia]], no anverso. As siglas do reverso responden a ''Senato Consulto''. [[Diámetro]]: 35 [[Milímetro|mm]]. [[Peso]]: 9,40 [[Gramo|g]]]]
[[Ficheiro:Dupondius-Livia-RIC 0043v.jpg|miniatura|esquerda|'''Dupondio''' emitido no reinado de [[Tiberio]], coa imaxe da súa nai, [[Livia Drusila|Livia]], no anverso. As siglas do reverso responden a ''Senato Consulto''. [[Diámetro]]: 35 [[Milímetro|mm]]. [[Peso]]: 9,40 [[Gramo|g]]]]
Coa reforma monetaria de [[Augusto]] no ano [[-23|23 a. C.]], o [[sestercio]] e o dupondio pasaron a cuñarse nunha aliaxe de cobre próxima ao [[latón]] que no contexto [[Numismática|numismático]] se denomina [[oricalco]], en tanto que as denominacións máis baixas se cuñaban en discos de cobre [[Vermello|avermellado]].<ref>[http://www.andonio.it/monrom/smraugustus.htm Sistema monetario romano: reforma de augusto]. En ''Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)''</ref> Porén, na época de Augusto cuñáronse algúns dupondios integramente en cobre, aínda que o máis común era manter a asignación do oricalco para os dupondios e o cobre para os ases.
Coa reforma monetaria de [[Augusto]] no ano [[-23|23 a. C.]], o [[sestercio]] e o dupondio pasaron a cuñarse nunha aliaxe de cobre próxima ao [[latón]] que no contexto [[Numismática|numismático]] se denomina [[oricalco]], en tanto que as denominacións máis baixas se cuñaban en discos de cobre [[Vermello|avermellado]].<ref>[http://www.andonio.it/monrom/smraugustus.htm Sistema monetario romano: reforma de augusto] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20161024013318/http://www.andonio.it/monrom/smraugustus.htm |date=24 de outubro de 2016 }}. En ''Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)''</ref> Porén, na época de Augusto cuñáronse algúns dupondios integramente en cobre, aínda que o máis común era manter a asignación do oricalco para os dupondios e o cobre para os ases.


A diferenza de tamaño entre o ás e o dupondio non sempre era evidente nos seus diámetros. Para facilitar a identificación de ambas as moedas, os bustos dos [[Lista de emperadores romanos|emperadores]], nesta época imperial, apareceron sempre cunha [[Coroa (ornamento)|coroa]] con raios a partir do ano [[66|66 d. C.]], durante o reinado de [[Nerón]]. De feito, o uso dunha coroa con raios para indicar o dobre do valor (neste caso, o dobre dun ás) tamén se usou no caso do [[antoniniano]] (dobre denario), introducido por [[Caracalla]], e no do [[dobre sestercio]].<ref>"[http://www.andonio.it/monrom/cabezas.htm#radiada Cabezas coronadas] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180207133619/http://www.andonio.it/monrom/cabezas.htm#radiada |date=07 de febreiro de 2018 }}". En ''Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)''</ref> Como os dupondios cuñados antes do reinado de Nerón e na primeira época deste e, mesmo, ocasionalmente baixo algúns emperadores posteriores, carecen da coroa con raios, algunhas veces non é doado distinguirmos hoxe entre o ás e o dupondio, debido ás [[pátina]]s que adoito escurecen a [[cor]] orixinal das moedas.
A diferenza de tamaño entre o ás e o dupondio non sempre era evidente nos seus diámetros. Para facilitar a identificación de ambas as moedas, os bustos dos [[Lista de emperadores romanos|emperadores]], nesta época imperial, apareceron sempre cunha [[Coroa (ornamento)|coroa]] con raios a partir do ano [[66|66 d. C.]], durante o reinado de [[Nerón]]. De feito, o uso dunha coroa con raios para indicar o dobre do valor (neste caso, o dobre dun ás) tamén se usou no caso do [[antoniniano]] (dobre denario), introducido por [[Caracalla]], e no do [[dobre sestercio]].<ref>"[http://www.andonio.it/monrom/cabezas.htm#radiada Cabezas coronadas] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180207133619/http://www.andonio.it/monrom/cabezas.htm#radiada |date=07 de febreiro de 2018 }}". En ''Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)''</ref> Como os dupondios cuñados antes do reinado de Nerón e na primeira época deste e, mesmo, ocasionalmente baixo algúns emperadores posteriores, carecen da coroa con raios, algunhas veces non é doado distinguirmos hoxe entre o ás e o dupondio, debido ás [[pátina]]s que adoito escurecen a [[cor]] orixinal das moedas.

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2020 ás 08:25

Dupondio de Etruria (ca. 230 a. C. - 220 a. C.), do sistema de aes grave (peso: 237 g), coa cabeza bifronte de Xano no anverso

O dupondio (en latín: dupondius) foi unha moeda da Antiga Roma, cuñada en diversas Aliaxes de cobre tanto durante a República como na época do Imperio, co valor de dous ases ou, o que é o mesmo, medio sestercio ou un oitavo de denario.[1][2]

Na República

Dupondio etrusco do século III a. C., coa característica roda, do sistema do aes grave (peso: 316 g)

O dupondio foi introducido durante a República a finais do século IV a. C. como unha enorme premoeda fundida de bronce con forma de lingote, na época do aes grave, co valor de dous ases, malia non ter chegado nunca a ter o peso de dúas libras.

As primeiras moedas de dupondios republicanos levaban sempre nos seus seus anversos o busto dunha divindade, frecuentemente a deusa Roma, e unha roda con seis raios nos seus reversos.[3]

No Imperio

Dupondio emitido no reinado de Tiberio, coa imaxe da súa nai, Livia, no anverso. As siglas do reverso responden a Senato Consulto. Diámetro: 35 mm. Peso: 9,40 g

Coa reforma monetaria de Augusto no ano 23 a. C., o sestercio e o dupondio pasaron a cuñarse nunha aliaxe de cobre próxima ao latón que no contexto numismático se denomina oricalco, en tanto que as denominacións máis baixas se cuñaban en discos de cobre avermellado.[4] Porén, na época de Augusto cuñáronse algúns dupondios integramente en cobre, aínda que o máis común era manter a asignación do oricalco para os dupondios e o cobre para os ases.

A diferenza de tamaño entre o ás e o dupondio non sempre era evidente nos seus diámetros. Para facilitar a identificación de ambas as moedas, os bustos dos emperadores, nesta época imperial, apareceron sempre cunha coroa con raios a partir do ano 66 d. C., durante o reinado de Nerón. De feito, o uso dunha coroa con raios para indicar o dobre do valor (neste caso, o dobre dun ás) tamén se usou no caso do antoniniano (dobre denario), introducido por Caracalla, e no do dobre sestercio.[5] Como os dupondios cuñados antes do reinado de Nerón e na primeira época deste e, mesmo, ocasionalmente baixo algúns emperadores posteriores, carecen da coroa con raios, algunhas veces non é doado distinguirmos hoxe entre o ás e o dupondio, debido ás pátinas que adoito escurecen a cor orixinal das moedas.

En principio, ao se tratar duna moeda de metal non nobre, foi cuñada polos Triumviri Monetales, ás ordes do Senado, xa que a cuñaxe das moedas de ouro e prata (áureos e denarios) era competencia exclusiva do emperador. Aínda que non habitualmente, baixo Augusto, concedéuselles tamén a algunhas colonias e municipios o dereito a emitiren dupondios. A partir dos Antoninos, foron emitidos directamente pola administración imperial.

O dupondio deixou de cuñarse no século III d. C.[6]

Cuñaxe en Galicia

Reverso dun dupondio galego da caetra cuñado en Lucus Augusti

No primeiro século antes de Cristo, con motivo das guerras cántabras e baixo a xurisdición do legado imperial da Lusitania, Publio Carisio, batéronse na Gallaecia as primeiras moedas ata hoxe coñecidas, con valores de sestercio, dupondio e ás, caracterizadas polo escudo defensivo celta, coñecido como caetra, que amosan nos seus reversos.[7] A tese máis firme sobre a orixe destas moedas é a de que estarían destinadas á actividade comercial que apareceu en Galicia logo de rematada a guerra, favorecida pola Via Astvrica que Octavio Augusto mandou construír. Ademais, cómpre sinalar que tras a guerra floreceron as minas galegas de estaño, ouro e outros metais, creando unha infraestrutura case industrial en torno a elas, polo que xurdiu a necesidade urxente dun numerario para o pagamento dos traballadores e para as pequenas transaccións privadas que se realizaban entre os poboadores que se instalaron nestas áreas.[8][9]

Sobre a localización exacta da ceca onde foron cuñadas estas moedas hai diversas hipóteses, aínda que a única defendida actualmente é a da cidade de Lugo, ou ben un obradoiro móbil con base nesa capital e que actuaría na súa área de influencia. Canto á datación, a práctica totalidade dos investigadores sitúan estas moedas entre os anos 25 e 23 a. C.[10][11]

Citas en textos clásicos

O dupondio aparece citado, entre outros moitos, nos seguintes textos da literatura latina:

(...) unde etiam dupondius dictus est quasi duo pondo quod nomen adhuc in usu retinetur (...)
(...) dupondius ab duobus ponderibus, quod unum pondus assipondium dicebatur ; id ideo quod as erat libra pondo (...)

Notas

  1. "Dupondio Arquivado 28 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dupondio".
  3. Armstrong, M. A. "The Monetary History of the Roman Republic". Armstrong Economics (en inglés)
  4. Sistema monetario romano: reforma de augusto Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine.. En Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)
  5. "Cabezas coronadas Arquivado 07 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.". En Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán)
  6. "Dupondius". En Denominations issued during the Roman Empire (en inglés)
  7. Rodríguez González, X. "Moeda de la caetra. Dupondio". Peza do mes: novembro de 2008. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (en castelán)
  8. Pita Fernández, Ricardo. Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. 1999. Páxinas 39-46. ISBN 84-605-9958-2
  9. Paz Bernardo, Jaime. Moedas galegas. Moedas, medallas, billetes especializado do século IX a C ó Século XXI d C. 2002 ISBN 978-84-607-6330-7
  10. Ferrer Sierra, S. "El posible origen campamental de Lucus Augusti a la luz de las monedas de la caetra y su problemática". En Lucus Augusti. I. El amanecer de una ciudad. A Coruña, 1997.
  11. Costa García, J. "Dupondio da caetra". En R. Villares (Ed.). Galicia 100: Obxectos para contar unha cultura. Tórculo Edicións. Santiago de Compostela, 2016.
  12. Gaius, Institutiones I, 122.
  13. Varro, De lingua latina. V, 36. Edición en castelán: Varrón, Marco Terencio. La lengua latina. Obra completa, tomos V-VI. Gredos. Madrid, 1998. ISBN 978-84-249-1896-5

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas