Lignito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ja:褐炭
Liña 45: Liña 45:
[[is:Surtarbrandur]]
[[is:Surtarbrandur]]
[[it:Lignite]]
[[it:Lignite]]
[[ja:褐炭]]
[[ko:갈탄]]
[[ko:갈탄]]
[[nl:Bruinkool]]
[[nl:Bruinkool]]

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2007 ás 01:48

Lignito

O lignito é un carbón mineral que se forma por compresión da turba, converténdose nunha sustancia desmenuzable na que aínda se poden recoñecer algunhas estruturas vexetais. É de cor negra ou pardo e frecuentemente presenta unha textura similar á da madeira da que procede.

A súa concentración en carbono varía entre o 60% e o 75% e ten moito menor contido en auga que a turba.

É un combustible de mediana calidade, fácil de queimar polo seu alto contido en volátiles, pero cun poder calorífico relativamente baixo (entre 10 e 20 MJ/kg). Ten a característica de non producir coque cando se calcina en vasos pechados.

Composición Típica

COMPOSICIÓN TÍPICA
Carbono 69 %
Hidróxeno 5,2 %
Osíxeno 25 %
Nitróxeno 0,8 %
Materias volátiles 40 %

Xacementos

En España os xacementos máis importantes localízanse en Andorra (Teruel), Mequinenza (Zaragoza) e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Véxase tamén