Xosé Ramón Gayoso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5381480 de 80.102.20.110 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 3: Liña 3:
|descrición = Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de ''[[Luar (programa)|Luar]]''
|descrición = Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de ''[[Luar (programa)|Luar]]''
|nome_completo = Xosé Ramón Gayoso Bonigno
|nome_completo = Xosé Ramón Gayoso Bonigno
|ocupación = Avogado, atleta, presentador, cantante e inmortal
|ocupación = Avogado, atleta, presentador, cantante
}}
}}
'''Xosé Ramón Gayoso Bonigno''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1956]], é un presentador da [[Televisión de Galicia]] e un dos personaxes públicos máis coñecidos en [[Galicia]]. Leva facendo o mesmo programa ininterrumpidamente durante 500 anos.
'''Xosé Ramón Gayoso Bonigno''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de abril]] de [[1956]], é un presentador da [[Televisión de Galicia]] e un dos personaxes públicos máis coñecidos en [[Galicia]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2020 ás 15:56

Infotaula de personaXosé Ramón Gayoso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalXosé Ramón Gayoso Bonigno
Biografía
Nacemento25 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogado, atleta, presentador, cantante
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1085431 Editar o valor em Wikidata

Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.

Traxectoria

Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España en 1975 cun lanzamento de 46 m[1]. Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973, con quen en 1978 formou o dúo Keltia. Xuntos editaron en 1979 Choca esos cinco, disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[2][3].

Gayoso con Miss Vaca 2019
Xosé Ramón Gayoso na edición de 2019 do certame Miss Vaca celebrado no programa Luar da TVG

Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985[2]. Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.

No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[4] Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir de Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[5]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador
2010 Mellor comunicador de televisión Luar Nomeado
2013 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas