Insuficiencia cardíaca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ortografía
4bot (conversa | contribucións)
m vea
Liña 25: Liña 25:
-O síntoma máis frecuente é a dificultade respiratoria ([[disnea]]) debido á acumulación de líquido nos pulmóns (o sangue acumúlase na circulación pulmonar porque o corazón non é capaz de movilizalo, ocasionando unha alta presión nos capilares, e que o soro sanguíneo "escape" cara o tecido pulmonar), que aumenta ao deitarse (estes pacientes, cando o seu estado é grave, adoitan ter que durmir sentados ou coa cabeceira da cama elevada). Tamén pode aparecer tose, e cando a insuficiencia empeora bruscamente, [[edema de pulmón]], que consiste nun paso de líquido masivo aos espazos pulmonares, no que a disnea se volve moi intensa e pode conducir á morte en cuestión de horas se non se trata.

-É característico ver as venas xugulares inchadas, o que se coñece como [[ingurguitación xugular]]
-É característico ver as veas xugulares inchadas, o que se coñece como [[ingurguitación xugular]]

-Outros síntomas menos frecuentes son dor abdominal ou sensación de inchazón, se o sangue se acumula nestas zonas.
-Outros síntomas menos frecuentes son dor abdominal ou sensación de inchazón, se o sangue se acumula nestas zonas.

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2007 ás 21:01

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Definición

É unha situación na que o corazón non é capaz de bombear todo o sangue que o organismo precisa para funcionar adecuadamente, ou ben faino cun traballo excesivo. O grao de funcionalidade do corazón defínese pola fracción de exección (porcentaxe de sangue que bombeado en relación á función normal, que representaría o 100%) Ademais dos cambios mecánicos, a insuficiencia cardíaca trae consigo unha serie de cambios hormonais, cos que o organismo trata de paliar a situación, pero que son en última instancia responsabeis de moitos dos síntomas. A insuficiencia cardíaca pode dividirse en dous grandes grupos:

-Sistólica: a contracción cardíaca é a parte do ciclo cardíaco máis afectada

-Diastólica: o corazón contráese adecuadamente, pero ten problemas para relaxarse Tamén podemos dividila en aguda e crónica, segundo se a enfermidade aparece repentinamente ou é un proceso prolongado no tempo.

Causas

As causas máis importantes son as relacionadas cunha menor irrigación sanguínea do músculo que forma as paredes cardíacas, responsable da contracción e relaxación.

-Infarto de miocardio (causan a maior parte das IC agudas)

-Hipertensión arterial

-Enfermidades conxénitas ou causas tóxicas que danen o músculo

Síntomas

-O síntoma máis frecuente é a dificultade respiratoria (disnea) debido á acumulación de líquido nos pulmóns (o sangue acumúlase na circulación pulmonar porque o corazón non é capaz de movilizalo, ocasionando unha alta presión nos capilares, e que o soro sanguíneo "escape" cara o tecido pulmonar), que aumenta ao deitarse (estes pacientes, cando o seu estado é grave, adoitan ter que durmir sentados ou coa cabeceira da cama elevada). Tamén pode aparecer tose, e cando a insuficiencia empeora bruscamente, edema de pulmón, que consiste nun paso de líquido masivo aos espazos pulmonares, no que a disnea se volve moi intensa e pode conducir á morte en cuestión de horas se non se trata.

-É característico ver as veas xugulares inchadas, o que se coñece como ingurguitación xugular

-Outros síntomas menos frecuentes son dor abdominal ou sensación de inchazón, se o sangue se acumula nestas zonas.

-Por unha falta de aporte sanguíneo aos músculos, pode aparecer debilidade, cansanzo e impotencia. Se a falta de sangue afecta ao cerebro, aparecerán confusión, dor de cabeza, fallos de memoria, e outras alteracións das funcións superiores.

-O corazón pode aumentar de tamaño (hipertrofiarse) para tratar de cubrir as necesidades do organismo, pero isto, a medio prazo, fai que mingue a súa efectividade.

Tratamento

Procedementos quirúrxicos

-Se existe unha causa inmediata da IC, como un infarto ou un defecto das válvulas cardíacas, o tratamento será a súa correción quirúrxica.

-Emprego de marcapasos

-Balón de contrapulsación intraaórtico

Tratamento farmacolóxico

-Inhibidores da enzima convertidora da anxiotensina (IECA´s) ou antagonistas dos receptores da anxiotensina II (ARA II): actúan sobre as modificacións hormonais

-Betabloqueantes: reducen a presión arterial

-Diuréticos: reducen o volume sanguíneo e polo tanto a presión arterial e a conxestión pulmonar e a disnea.

-Digoxina: alivia os síntomas, pero non actúa sobre a enfermidade

-Se existe edema agudo,hai que poñer ao paciente sentado, coas pernas colgando, e poñerlle unha mascarilla con osíxeno, sulfato de morfina e un diurético potente.

Medidas Hixiénicas

-Adecuada actividade física

-Control do peso e do consumo de sal e de líquidos

-Emprego de osíxeno se é necesario.