Ramón Rodríguez Vázquez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 141: Liña 141:
|{{GALb}} [[Club Lemos]]
|{{GALb}} [[Club Lemos]]
|[[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente]]
|[[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente]]
|6
|15
|12
|28
|1
|2
|1
|1
|}
|}

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2020 ás 18:37

Ramón
Información persoal
Nome Ramón Rodríguez Vázquez
Nacemento 24 de agosto de 1998 (25 anos)
Lugar de nacemento Monforte de Lemos
Altura 1,87 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Club Lemos
Número 13
Carreira xuvenil
2006-2014 CP Calasancio
2014-2017 Deportivo da Coruña
2017Santiago (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2017 Deportivo Fabril 3 (0)
2017–2018UD Somozas (cedido) 3 (0)
2018At. Arteixo (cedido) 10 (0)
2018–2019 At. Coruña Montañeros 22 (0)
2019–2020 Club Lemos 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de outubro de 2019
editar datos en Wikidata ]

Ramón Rodríguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 24 de agosto de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de porteiro e o seu equipo actual é o Club Lemos.

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Xogou varios partidos co Fabril e mesmo foi convocado para un partido de liga co primeiro equipo.[1][2]

Traxectoria

Natural de Neiras, no concello de Sober, entrou con oito anos no CP Calasancio de Monforte, onde xogou ata 2014 nas súas categorías inferiores.

En abril de 2014 disputa a Oviedo Cup, un torneo de fútbol cadete, co Deportivo da Coruña.[3] Na tempada 2014/15 ficha polo equipo da Coruña e xoga no Xuvenil B,[4] no que comparte titularidade con Javier Tasende.

Na tempada 2015/16 pasa a xogar no Xuvenil A do equipo coruñés. O 31 de xaneiro de 2016 debuta co Fabril en Terceira división, no partido contra o Alondras CF disputado en Cangas.[5] Nesa tempada, tamén foi convocado por Víctor Sánchez del Amo para o partido do primeiro equipo contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, xogado o 17 de abril de 2016.[2]

Na tempada 2016/17 xoga novamente no Xuvenil A, aínda que tamén disputa dous partidos co Fabril. Os últimos oito partidos da tempada xoga cedido no xuvenil do Santiago de Compostela CF.[6]

En xuño de 2017 chega ao UD Somozas da Terceira división, equipo no que xoga cedido polo Deportivo ata xaneiro.[6] De xaneiro a xuño de 2018 xoga cedido no Atlético Arteixo, de Preferente. Na tempada 2018/19 ficha polo Atlético Coruña Montañeros, tamén na Preferente, no que destaca por manter a portería a cero varias xornadas consecutivas.[7]

Na tempada 2019/2020 ficha polo Club Lemos, equipo que volve nesta tempada a Preferente.[2]

Selección galega

Ramón foi convocado coa selección galega en xuvenís de segundo ano e en alevíns de segundo ano.

Equipos

Ano Club División PX[8] GE[8] TA TV
2014-2015 Galicia Deportivo Xuvenil B Liga Nacional 16 17 1 0
2015-2016 Galicia Deportivo Xuvenil A División de honra 11 17 1 0
Galicia Deportivo Fabril 3ª División 1 3 1 0
2016-2017 Galicia Deportivo Xuvenil A División de honra 3 6 0 0
Galicia Deportivo Fabril 3ª División 2 2 0 0
Galicia Santiago Xuvenil División de honra 8 14 ? ?
2017-2018 Galicia UD Somozas 3ª División 3 7 0 0
Galicia Atlético Arteixo Preferente 10 18 0 0
2018-2019 Galicia Atlético Coruña Montañeros Preferente 22 26 0 0
2019-2020 Galicia Club Lemos Preferente 15 28 2 1

PX: Partidos xogados. GE: Goles encaixados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas

  1. "El meta juvenil Ramón, novedad entre los 19 convocados". RC Deportivo. 16 de abril de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nuevo portero para el Club Lemos". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  3. "Ramón, con el Deportivo". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  4. "El portero soberino, Ramón Rodríguez, renovó con el Deportivo". La Voz de Galicia. 10 de xuño de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  5. "El Fabril cae en Cangas tras ir a remolque todo el encuentro". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Ramón Rodríguez ficha por el Somozas". La Voz de Galicia. 29 de xuño de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  7. "Los guardianes morados". DXT. 3 de maio de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "Ramón Rodríguez Vázquez". lapreferente.com. 

Véxase tamén

Ligazóns externas